Case 40 anos co mesmo estatuto

O 28 de Xuño de 1936 forma parte dunha das páxinas mais fermosas da historia galega do último século. Porén, a lembranza daquela consulta popular que aprobou un novo sistema de poder político nacional non forma parte das preocupacións fulcrais da meirande parte das forzas políticas que conforman o actual mapa...

O derradeiro tren de Feijóo

A pesar de que o interesado nunca o recoñecía, Alberto Núñez Feijóo figuraba en todos os prognósticos que se formulaban de cara á sucesión de Mariano Rajoy . Agora, consumada a retirada do ex-presidente do goberno central por mor da moción de censura presentada por Pedro Sánchez , todas as miradas converxen no...

O finiquito político de Mariano Rajoy

Que ocorrería se a sentenza da Audiencia Nacional sobre o caso Gürtel se coñecese o pasado día 21? Apoiarían Cidadáns e o PNV os orzamentos presentados polo goberno Rajoy?   De dúas, unha: ou todo foi unha azarosa coincidencia temporal ou alguén coordenou os reloxos do poderes lexislativo e...

Os epitafios de Fernández Gayoso

A recente comparecencia de Fernández Gayoso nunha Comisión do Congreso proporcionou un motivo adicional á reiterada frustración provocada polo tratamento dispensado á crise e afundimento das Caixas galegas nas Cámaras parlamentarias.   A pesar de que o ex-directivo de Caixanova pediu desculpas...

O comezo simbólico do poscastrismo

Os cambios rexistrados hai poucos días na cúpula da Administración estatal cubana tiveron unha ampla repercusión mediática a pesar de que xa foran anunciados algún tempo atrás.Talvez existían dúbidas sobre a realización efectiva de semellantes previsións oficiais ou cecais fose o indiscutíbel impacto simbólico da...

A importancia da exemplariedade

O “affaire” Cifuentes permite realizar unha radiografía da lóxica dominante na acción política do PP e, ademais, posibilita medir os efeitos que provoca ese xeito de actuar na vida pública que se desenvolve no Estado español.   A presidenta da Comunidade de Madrid non está imputada -como é o caso...

O conflito definitivamente internacionalizado

Definitivamente, a situación conflitiva que se vive en Cataluña adquiriu unha importante dimensión internacional. As decisións tomadas polo xuíz Llarena obrigan a pronunciarse, nos vindeiros meses, a diversas instancias xudiciais de Alemaña, Reino Unido, Bélxica e Suíza. Aínda que, obviamente, non o van facer...

Pegadas do 8M

Nin os sectores políticos e mediáticos que quixeron neutralizar -mesmo recorrendo á caricatura- a convocatoria do 8-M foron quen de negar o espectacular éxito acadado polas organizacións feministas promotoras da xornada. As manifestacións rexistradas na Galiza tiveron un volume de asistencia que non se coñecía...

Fortaleza ou febleza

Dende hai moito tempo, o debate sobre o financiamento das entidades territoriais que coexisten no Estado español está moi condicionado pola habitual confrontación que preside a dinámica política. Certamente, estamos ante un asunto que podería ser obxecto dun tratamento...

O futuro político de Feijóo

A recente celebración das eleccións ao Parlament de Catalunya permitiu constatar a práctica insignificancia do partido de Mariano Rajoy naquel territorio. A partir desa circunstancia (e sumando o coñecido desgaste provocado pola corrupción xeralizada detectada no PP e o...

O retorno da pantasma das caixas

Cando os mortos están mal enterrados, é lóxico que, antes ou despois, aparezan sinais que evoquen semellante circunstancia. Nas Caixas de Aforro galegas estamos visualizando, nos últimos meses, unha reprodución desa metáfora.   Primeiro foi a execución...

Algunhas conclusións sobre o 21-D

Había un certo consenso previo a respecto das eleccións ao Parlament de Catalunya celebradas o pasado día 21.Non eran uns comicios “normais”.Porque a convocatoria foi consecuencia dunha decisión adoptada polo presidente do goberno do Estado no marco dunha determinada...

O desexábel e o posíbel

Durante moitos anos, o aniversario da aprobación da actual Constitución española ficou convertido -nos ámbitos políticos e mediáticos hexemónicos- nunha cerimonia de apoloxía das grandes virtudes que posuía esta norma básica sen que fixesen acto...

Maioría absoluta, para que?

Cando Alberto Núñez Feijóo comparece alporizado ante os medios pola aprobación do cupo para o País Vasco e o eventual establecemento dun modelo de financiamento singular para Catalunya non cabe pensar que descoñeza as características que posúe o sistema de...

O centenario da revolución soviética

Neste ano no que andamos celébrase o centenario do trunfo da Revolución soviética no territorio da Rusia zarista e o comezo da construción do que foi a Unión de Repúblicas Socialistas Soviéticas (URSS). Esta circunstancia convida a unha lembranza do tempo...

Cortina de fume

Era previsíbel. Núñez Feijóo ía utilizar a situación política catalana para buscar un proveito partidista no debate do estado da nación galega. Resultaba inevitábel que esa cita no Pazo do Hórreo ficara afectada polo que se está vivindo...

Consultar a sociedade catalá

A esta altura, calquera persoa que pretenda analisar con rigor a situación que se vive en Catalunya ten que recoñecer que xa non existe, no seo do seu corpo social, o amplo acordo que se rexistraba dende o posfranquismo sobre as fórmulas de relación coas demais nacións e...

A década do malestar

Hai agora dez anos, os medios de comunicación rachaban a tradicional seca informativa do mes de Agosto anunciando un episodio que para moita xente resultou enigmático: o estoupido das chamadas “hipotecas subprime” nos mercados financeiros dos USA. A reacción maioritaria dos...

O Parlamento galego e o 25 de xullo

A pesar de que nos últimos anos da década dos 70, Antonio Rosón promoveu a instauración oficial do “Día Nacional de Galicia”, os antecesores do actual PPdG e do propio PSdG non quixeron camiñar por ese vieiro simbólico e deixaron que o nacionalismo galego...

A historia do financiamento autonómico

Nos mais de trinta anos de vixencia dos Estatutos de Autonomía elaborados e aprobados a partir do texto constitucional de 1978, a cuestión do financiamento das CC.AA. ten sido obxecto dunha atención fulcral nos debates políticos e tamén nas análises realizadas nos...

O capitalismo realmente existente

A política francesa semella levar no seu “adn” unha propensión a certo rupturismo nominalista que evoca algúns dos eventos mais coñecidos da súa historia. Foi Sarkozy quen, no outono de 2008, proclamou a necesidade de refundar o capitalismo para -seguindo a...

A primeira cita coas urnas

Nas primeiras eleccións ao Parlamento do Estado celebradas despois da morte de Franco, as persoas que mantiveramos unha actividade mais intensa e militante contra a ditadura tiñamos unha posición asentada sobre dúas conviccións básicas. Por unha banda, non aceitabamos as...

A segunda morte do Banco Pastor

O Banco Pastor comezou a morrer o día no que os seus principais propietarios decidiron vendelo ao Banco Popular. Agora, a práctica liquidación desta última entidade nas mans do Banco de Santander remata cos residuos simbólicos do que, noutros tempos, foi unha emblemática...

A calidade democrática do PP

O arquivo provisorio da investigación xudicial aberta a Xosé Manuel Baltar por presuntos comportamentos delitivos (abuso sexual e suborno) abre, mais unha vez, a polémica a respecto das responsabilidades xudiciais e políticas dos representantes públicos. O presidente da...

O debate que non existiu

Recentemente, Manuel López Foxo escrebiu nesta páxina un artigo -”Hai erros que pesan como unha lousa” - no que manifestaba a súa opinión de que o nacionalismo galego cometera un erro notábel por non ser quen de realizar un balance sistemático da experiencia...

ETA e os relatos

No ano 2011 ETA anunciou o remate unilateral da súa acción violenta. A pesar de que tal decisión non foi acompañada dunha iniciativa específica sobre o seu desarmamento nin concretaba un prazo determinado para a disolución da propia organización, resultaba...

As novidades da “Operación Lezo”

Os casos de corrupción que agroman no universo do PP seguen unha secuencia repetitiva. Cando aparecen os primeiros indicios informativos, os dirixentes da rúa Génova negan rotundamente a súa existencia e remiten calquera explicación ou investigación ao seu eventual...

Regresa o debate sobre a eutanasia

Case vinte despois da morte de Ramón Sampedro, o recente suicidio de José Antonio Arrabal, afectado pola grave doenza da ELA, colocou no primeiro plano da atención mediática o vello debate sobre a eutanasia. Unha sociedade democrática non pode virar as costas ao...

100 días buscando titulares impactantes

Despois de tantos anos, calquera persoa que faga seguemento habitual da vida política galega podería pensar que o PPdG xa ten consumido a capacidade de sorpresa no labor analítico. Que non hai marxe para que xordan cousas novas, extraordinarias. O sucedido nos últimos días...

Arsenio Fernández de Mesa non coñece o desemprego

O nomeamento de Arsenio Fernández de Mesa como conselleiro da empresa “Red Eléctrica de España” é a penúltima demostración de que a rexeneración da vida política española segue estando no catálogo de asuntos pendentes para que se...
x