Opinións de
Xosé Mexuto
   

Por que Pablo Iglesias se define como socialdemócrata?

Pablo Iglesias defínese agora como socialdemócrata non porque caíse de ningún cabalo e sofrese unha súpeta conversión ao credo de Willy Brandt, senón porque lle é funcional en termos de rendibilidade eleitoral e se algo é Pablo Iglesias é unha...

Mohammed Alí

Mohammed Alí estivo aí desde que teño uso de razón (aínda lembro meu pai, nos primeiros 70, a se erguer de madrugada para velo pelexar con Frazier ou Foreman), era un grande tipo, un revolucionario dentro e fóra dos rings, muito valeroso, pacifista,...

IU fagocitada

Nen sequer aparecen unidos na apresentación da campaña para as xerais do 26X. Podemos optou esta quinta feira por a apresentar en solitario. Ha de ser que para pór en práctica o lema co que concorren o 26X -O sorriso dun país- se senten máis descontraídos se non hai...

Os debates a 4 son excluíntes tamén

Os españois, a fachandearen eles, vannos vender como un grande avanzo do seu réxime político que na inminente campaña eleitoral os debates desta volta serán a catro e non a dous. Ben, catro é o duplo de dous. Iso é innegábel e podemos...

Quen lle ten medo á nazón de Breogán?

Deixámosvos cantar Fogar de Breogán, mais non Nazón de Breogán. Somos un país tutelado, así que nos ditan até o que podemos cantar ou non. Recuperamos a selección nacional de futebol masculino (en partido amigábel, faltaría máis, os...

Por que Feijóo non antecipa as eleccións?

Feijóo non antecipa as eleccións pola mesma razón que as anteciparía se lle interesase: por un puro cálculo político-demoscópico. Os estrategas de Monte Pío achan que o 26X esgazará aínda máis o espazo da esquerda estatal, co confronto...

Gaña Rajoy

Gaña Rajoy sen sequera sentar na mesa a xogar a partida. As cartas estaban marcadas desde o 20D. Un hung parliament , cunha esquerda española dividida entre a socialdemocracia tradicional e a emerxente. Ese era o póker de ases na manga de Rajoy. Os movimentos de Schez, a xorda rebelión...

4 anos de Sermos Galiza!!

Ensináronme na faculdade (anos 80 na Autónoma de BCN, o sector do profesorado máis direitoso era marxista moderado) que o xornalista e o xornalismo nunca podían ser protagonistas. Pareceume ben. O xornalista, como moito, era unha voz en off, nunca un rosto en primeiro plano. O...

Eu non me sinto atacado por Pablo Iglesias

Eu son xornalista e non, non me sinto atacado por Pablo Iglesias. Creo que un político ten tanto direito a criticar a un xornalista como ás avesas. Non hai profisión intocábel. Tampouco os venerábeis xuíces (nunca entendín ben o costume das elites de...

A decisión de Compromiso

Teño que admitir que non a esperaba, esta determinación de Compromiso de manter a súa identidade, val dicer, o seu proxecto político. Non é hoxe nada frecuente que unha organización política olle o futuro non cos óculos do curtopracismo, senón coa vista...

Os recortes matan

Hai veces en que os eslóganes visitan os xulgados. Esta é unha desas veces. Con efeito, os recortes matan. Os recortes no investimento sanitario causaron mortes na Galiza. Iso denunciaron afoutamente as e os afectados pola hepatite C e iso denuncia agora a fiscalía de Santiago de Compostela,...

Por que baixa Podemos?

A tendencia de Podemos á baixa nos inquéritos é un feito. Por que se produce? Acho que conflúen diversos factores: 1.- O voto anti-Rajoy non entende que Podemos non coloque o desaloxo do PP da Moncloa como prioridade número 1. Os sectores máis politizados dese voto...

A que xoga Beiras?

Feijóo sabía perfeitamente a que xogaba -a estar no centro do palco e a administrar os tempos para anunciar unha decisión que até un neno de 4 anos podía antecipar- e estou certo de que Beiras, un político con cinco décadas de experiencia ás...

Panama Papers

Hai noticias que en realidade teñen pouco de surprendentes e, portanto, pouco de noticias. Por exemplo, a descuberta da xigantesca trama de evasión/fraude fiscal baptizada como os Papeis de Panamá. Ben, con independencia dos nomes concretos, todos sabíamos que isto ocorría, que...

A Europa real e que facermos nós

A Europa real, non a que vive no idealismo de sectores naif da esquerda formal, é isto: o buque insignia das políticas neoliberais -até Obama é keynesiano por contraste- e a aplicación de políticas racistas e xenófobas. Ainda vin este día Lawrence de...

O que non vai pasar con Feijóo

O que non vai pasar con Feijóo é que este sábado anuncie o abandono da política e a súa pasaxe ao sector privado. O que non vai pasar con Feijóo é que dubide entre servir a Pemex ou enrolarse nas fileiras de Amancio Ortega. O que non vai pasar com...

Por que cala Errejón?

Cala porque ten certo sentido do espectáculo e hai veces en que un silencio sostido no tempo -e 10 días en política é unha eternidade- ten bastante de clamor, de estrondo no baleiro. Cala tamén para expresar algo: que no reino da Nova Política non é doado erguer a...

Castro-Obama: empate técnico

A imprensa sistémica está encantada coa visita de Obama á Habana.Ve nela o comezo do fin do experimento socialista caribeño. Gasta toda a retórica cansativa dos dereitos humanos e da transición á democracia (sic), coas consabidas referencias ao proceso de...

Golpe autocrático de Pablo Iglesias

Errejón gañoulle a batalla a Monedero, mais vai perdendo claramente a que o confronta con Pablo Iglesias. Mal asunto enfrentarse nun partido, en calquera partido, ao teu secretario xeral. Mais aquí o importante é vermos se na crise de Podemos hai trazas de nova política ou...

PSOE e as Mareas necesítanse mutuamente

No taboleiro, quer queiran quer non, hai unha evidencia incontornábel: PSOE e as Mareas necesítanse mutuamente. No plano de conformación das maiorías, están condenados a entenderse. O PSOE precisa os votos de En Marea para colocar Schez no complexo monclovita. As Mareas precisan...

O ovo da cobra

Estarrece o conteúdo do acordo da UE con Turquía en materia de refuxiados e dereito de asilo. Estarrece e esclarece. Esclarece sobre o que é realmente a UE, unha estrutura anti-democrática, filla do colonialismo e do imperialismo. A retórica hexemónica continúa...

Dous meses de teatro por diante

Consumada a previsíbel derrota de Schez no primeiro trámite parlamentar, a axenda resérvanos dous insufríbeis meses por diante. Pois si, as posibilidades de que sexan menos son cero. Non está escrito en ningures, mais todos os actores teñen interiorizado que a obra...

Piñeirismo again

Aymerich xustifica o seu abandono do BNG co argumento de que na fronte nacionalista non ten espazo para traballar e que a súa presenza noutros espazos será máis útil para o avanzo do ideario soberanista. Apunta, claro, a Marea. Vén dicer que o seu concurso nela -o seu e o da xente...

O BNG fixa rumo

Antes de Palexco había algunhas incógnitas e despois de Palexco hai varias certezas. O BNG saíu cos deberes feitos. Unha Asemblea ten de servir para iso, para o esclarecimento colectivo, este conclave de Palexco, realizado na mesma Coruña que hai un século viu o nacimento das...

Dous pactan, dous non pactan. E En Marea?

Nos extremos do cuadrilátero, PP e Podemos enxergan o centro do taboleiro e alí ven o que talvez é, coa actual correlación de forzas, o único pacto posíbel. Schez xa ten o que quería, a Podemos á súa esquerda, a ensoñación Errejón...

Negociación a 4

Catro están a negociar con Schez. Non é que o diga eu, é que o din os meios españois, que son -lembrade que vivemos nunha colonia- os que fabrican a opinión maioritaria na Galiza (os meios sistémicos galegos son mero eco daqueles). Non é o que digan os meios...

PSOE+Cs+Abstención

A ecuación a tal hora está xa sobre a mesa: PSOE+Cs+Abstención. A incógnita que hai que despexar é quen se vai abster. Hai dúas posibilidades: ou PP ou Podemos. Se non se abstén ningún dos dous, Schez fracasará na súa primeira tentativa e o...

Obama vai a Cuba

Obama vai a Cuba e certifica así unha mudanza histórica nas relacións da potencia imperial coa súa outrora colonia. O extraordinario desta visita é que a maior das Antillas non se viu obrigada a facer ningunha concesión relevante para obter o perdón do comandante en...

Feijóo non se descarta para nada

Feijóo está aquí, pode non estar en ningunha parte (política) nun mes (esas portas xiratorias) ou talvez pode anunciar a súa candidatura á Xunta ou talvez pode dar definitivamente o salto a Madrid. Todas as opcións están sobre a mesa.  Sermos...

Dereito a decidir...só para Catalunya!!!

O documento apartir do cal quer negociar Pablo Iglesias a investidura con  Pedro Sánchez vén asinado por tres marcas políticas: Podemos, En Comú Podem e En Marea (das tres fai parte Podemos, que é un pouco a nai do año). Nese documento estabelécense os marcos...
x