O desprestixio do cumio xudicial español

A recente decisión da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Supremo (TS C-A) acordando por 15 maxistrados contra 13 voltaren á xurisprudencia anterior á súa sentenza do 16 de outubro e, xa que logo, atribuíndolle o pagamento do Imposto sobre as hipotecas aos consumidores, constitúe un dos feitos máis...

Podemos quere liquidar En Marea

Podemos e a súa  socia secundaria, IU, queren liquidar En Marea, converténdoo nun  apéndice galego subordinado. O chocante  é que conten para ilo coa ferramenta de Anova.   No outono de 2015 as plataformas cidadás Iniciativa pola Unión e Encontro pola Marea Galega tentaron construír...

Polo dependentismo cara á irrelevancia

Escrebín hai poucos días que o peche n’A Coruña da factoría de Alcoa tiña como orixe bastante próxima a súa venda en 400M USD por Aznar en 1998, nun contexto previo onde os sucesivos Gobernos do Estado impediron o desenvolvemento do sector público empresarial galego deseñado no Estatuto.   Agora...

Xustiza, banca e democracia

A Lei que regula o imposto sobre as escrituras notariais determina o seu gravame ás custas do beneficiado pola mesma. Porén, o Regulamento que a desenvolveu dixo que nos prèstamos hipotecarios o suxeito pasivo do Imposto sería sempre o que recebe o préstamo.   A Sala do Civil do Tribunal Supremo...

A derradeira lección do mestre

Castelao debuxou “A derradeira lección do mestre” para facer parte do seu álbum Galicia Mártir , editado en febreiro de 1937 como denuncia internacional dos crimes da reacción fasciofranquista. No 1945, inspirado no debuxo, pintou o óleo, doado polo rianxeiro ao Centro Ourensán de Bos Aires e propiedade agora do...

Un ano de reacción unionista

Moitas cousas mudaron no ano desenvolvido dende a consulta cidadá en Catalunya o 1-Ou do 2017. Mais nada se avanzou na resolución do problema político, que non é outro que lle dar unha canle á cidadanía catalá para que elixa o seu futuro.   Hai un ano, poucos días antes do 1-Ou, escrebín que a...

Abusos do centralismo español

A perspectiva de País é a visión transversal que permite a diagnose e busca de solucións dos principais problemas sociais e económicos galegos. Nós sofrimos un problema común ao resto do Estado de enerxía cara por mor dunha estrutura tarifaria que mira polos intereses das grandes distribuidoras no canto dos propios...

A minoría supremacista

“Hablamos español” fracasou nas súas convocatorias de agosto, malia escoller datas de feiras en localidades con moitos turistas do resto do Estado: Sanxenxo, Baiona e Compostela. Mesmo entraron en conflito con elementos salientábeis do PPdeG, como o alcalde de Sanxenxo. De certo que a súa mensaxe ríspida, nin...

Atilia en Galicia

É evidente que o réxime franquista foi ilexítimo, en canto que naceu dunha rebelión militar contra o lexítimo Goberno da República. Esta orixe determina o seu carácter de réxime de facto, privado da lexitimidade do Dereito. Velaí a case unánime censura internacional de 1946 (vetando o acceso do réxime á ONU e os...

Salvarmos Sargadelos

Isaac Díaz Pardo e Luís Seoane , dende o Laboratorio de Formas, crearon o Grupo Sargadelos. Querían un grupo empresarial comercialmente potente, financeiramente viábel, mais que fixese País na creación cultural, informativa e no benestar social. Velaí a fundación de Edicións do Castro e o Instituto Galego de...

Anularmos o xuízo de Alexandre Bóveda

O deputado no Congreso Miguel Anxo Fernán Vello (En Marea) vén de lle preguntar ao Goberno do Estado cando pensa anular o xuízo no que un tribunal “de facto” condenou  Alexandre Bóveda no 1936. Esta esixencia, amplamente abeirada na opinión pública galega, vén de se expresar tamén pola voceira...

Carta desde Galicia a tres presos políticos

Honorables senyores Joaquim Forn, Josep Rull e Jordi Turull. Centre Penitenciari de Lledoners. St. Joan de Vilatorrada (Catalunya).   Galicia, agosto de 2018.   Sempre é difícil escrebir dende o desfrute da vida en liberdade ás persoas que ven pasar os dias na gris...

Sen tempo para parvadas

Non é seguro. Mesmo nin é o escenario máis probábel arestora para Pedro Sánchez. Mais o interese da presidenta andaluza por evitar a sentenza do xuizo dos ERE (auténtico caso “PSOE Andalucía”), a falla de perspectivas de continuación do apoio parlamentario por parte dos aliados que o votaron na moción de censura e...

O dependentismo que nos amola

O dependentismo acredita que Galicia é pobre e non é quen de se autogobernar, dependendo da axuda ou suposta solidariedade dun Estado recentralizado no político e no económico. Tampouco sería quen de promover un desenvolvemento económico baseado nas novas tecnoloxías e seus propios recursos materiais e...

O efecto sede de Inditex

Na historia e no presente na Galicia do Grupo Inditex coexisten as luces coas tebras. Relatos de elusión fiscal (aplicando a legalidade vixente, non evadindo impostos) ou inviabilización empresarial de moitos dos  primeiros proveedores. É moi probábel que o suceso de Inditex conlevara como custo o...

Presidente Fernández Albor

Resulta rechamante a frialdade oficial da Xunta e do Parlamento a respecto do pasamento do primeiro presidente de Galicia eleito por un Parlamento democrático. Está a faltar sentido institucional e sentido de País, porque  Fernández Albor pertence á historia política común.    Gerardo...

A Valedora nos valla

O noso Estatuto creou a Institución do Valedor do Pobo como Comisionado do Parlamento de Galicia para a defensa dos dereitos e liberdades da cidadanía galega. Velaí a súa fulcral importancia, polo que cómpre esixirlle un moi elevado degrao de transparencia, independencia e obxectividade. Para que a Valedora nos...

Recuperarmos o pazo

Cómpre recoñecerlle á conselleira nacionalista Ánxela Bugallo  o primeiro fito no camiño para recuperarmos o Pazo de Meirás para a cidadanía, ao declaralo Ben de Interese Cultural (BIC) no 2008. Hoxendía tense avanzado moito camiño polo traballo da Comisión de Recuperación da Memoria Histórica e pola...

Núñez Feijóo: as razóns dun trasacordo

Que motivos levaron o Presidente deste país a renunciar á súa candidatura á presidencia estatal do PP? O suposto compromiso cos electores galegos até o 2020 non é críbel. El mesmo recoñecera uns días atrás que a xubilación política de Rajoy era un factor extraordinario que introducía unha substancial novidade....

Mina? Na nosa casa non

O movemento social que se opón á mina de Touro amosou este día no Obradoiro compostelán a súa forza, xuntando máis de 30.000 persoas que rexeitan a autorización da explotación de cobre que plantexa Cobre San Rafael . Semella, pois, que a maioría non lle mercan á empresa o seu relato de explotación sostíbel e...

Núñez Feijóo marcha cara Madrid

Na semana que se abre convocarase o Congreso Extraordinario no que o PP elixirá novo Presidente estatal.  Núñez Feijóo vaise presentar. A incógnita é se haberá máis candidatos. O calendario apurado non axuda. Ademais, a meirande parte dos dirixentes queren candidato único.    Mais o...

Galicia, mellor sen Rajoy

A maioría absoluta do PP no Estado (decembro 2011-decembro 2015) supuxo unha concentración de poder inédita na historia da imperfecta e limitada democracia española. Porque ao control do Executivo estatal e á maioría absoluta no Congreso ne Senado sumábanse a meirande parte dos gobernos autonómicos e o poder local....

Egoísmo ou país

Xosé Manuel Beiras vén de recoñecer que a esquerda española coa que pactou para construír En Marea non acredita a serio na plurinacionalidade do Estado. Porén, pensa que na Galicia pode haber unha coalición transversal gañadora que lle gañe ao PP e chama a non se confundir de inimigo nin de adversario....

Lingua propia, lingua común

O galego, ademáis de ser a lingua propia de Galicia, constitúe o noso principal patrimonio inmaterial, o que nos fai propios e diferentes. O cerne da nosa cultura e do noso xeito de estarmos no mundo. Malia non ser xa a lingua materna de centos de milleiros de galegos a nosa lingua é un patrimonio común a todos....

Recentralización e supremacismo españolista

Escoitelle a Artur Mas nun acto político en Galicia que un 40% das persoas con residencia en Madrid e as Castelas respostaron nunha enquisa que pensaban que os cataláns  falaban catalán  “por amolar”. Lembrei este detalle hai moi poucos dias, cando un avogado toledano, ao me pedir unha sentenza que...

O supremacismo de "Hablamos español"

Aquela “Galicia Bilingüe” dos anos 2008, 2009 e 2010 guindou de todo a máscara e presentouse este sábado n’A Coruña a faciana descoberta como plataforma “Hablamos español”. Canda grupos parellos de Euskadi, Catalunya, Nafarroa, as Illes ou o País Valencià queren que no ensino non se use lingua distinta do castelán...

Foi unha violación colectiva

Aplicar o Dereito Penal en democracia non é doado. Na dúbida cómpre resolver a prol do acusado e a prol do menor castigo. Non partillo a obsesión polas grandes penas, senón que prefiro que éstas sexan efectivas. Tampouco acredito nos linchamentos nin nas reformas lexislativas en quente e mesmo penso que éstas...

Nin rebelión nin sedición nin malversación

No Estado de Dereito só poden ser castigadas penalmente condutas previamente consideradas delicto e estas condutas non poden ser obxecto de interpretación extensiva. Neste senso, existiu o delicto de declarar a independencia de parte do territorio do Estado por medios non violentos, mais desapareceu en 1995 coa...
x