"Alba de Gloria" no patriótico e identitario Monte Sacro

Volver a Castelao , polas vésperas da Patria Galega, xusto ao seu “ Alba de Groria ”, que escribiu no seu exilio de Bos Aires en 1948, non deixa de ser un alento de redención patriótica e de lexitimidade existencial dun pobo que respira as fragrancias dun pasado ben arredado a nós, do cal formamos parte, como...

A lingua como eixo do nacionalismo galego, en Frei Martín Sarmiento

Reparemos a rehabilitación do ilustrado Frei Martín Sarmiento que tivo na defensa da primacía do idioma galego fronte ao castelán denominador común de todos os seus escritos e concertos de estudo. Estamos ante unha pragmática proposta nacionalista da Galiza  actual. Non deixa de sorprender o...

O extraordinario valor de ter un xornal en galego

Rexurde o optimismo por reconquistar unha cabeceira de xornal e tela diariamente nos quioscos, para superar diversas carencias polas que pasa a información nesta Galiza que vemos anulada a súa vontade e a súa voz, por medios informativos dependentes de intereses e poderes foráneos, que anulan a lexitimidade de...

...e por fin: por unanimidade

Que tendencia máis perniciosa da sociedade ibérica perdoar os agravios e falar ben de quen morre ou do que cae en desgraza política. Agora Pablo Iglesias , entre outros, fai gabanzas, de quen el fixo caer e axudou a matalo de pedrada solidaria -hai que dicilo-. Coido que a unanimidade parlamentaria...

Inventivas que dinamizan un novo modelo empresarial

Digamos que o noso país de ningunha maneira é reducionista, cando hai persoas ou colectivos que cren no que temos, e apostan pola transformación das materias primas como un ben que nos pertence aos galegos. Para isto requírese compromiso coas novas e sociais inventivas empresariais e laborais e dar saída ao que...

A nosa lingua, mastro das nosas letras

O 17 de maio, “Día das Letras Galegas”, é unha data que confirma identidade e, tamén, respecto polo legado de permanencia no noso idioma. O idioma galego é o noso maior monumento inmaterial que confirma un profundo sentimento que manifesta a maior cimeira do que somos e do que non podemos ser alleos ao que nel...

M'agrada el groc! Defensem el groc!

Non hai dúbida de que estamos perdendo dereitos civís dunha maneira vertixinosa, que provoca esta dereita gobernamental e que está retomando as depredadoras prácticas fascistas que estiveron vixentes durante corenta anos. É evidente que estamos perdendo dereitos democráticos -se algunha vez estiveron...

A democracia inacabada

A fraxilidade dunha democracia maniféstase cando algunha das institucións ou aparellos estatais non foron elixidos por voto e clamor popular. Nesta situación está a xefatura do Estado español, unha das institucións que foi herdada e transferida por plena graza do franquismo. Entón estamos ante unha imposición...

...Catalunya!

Ara digueu: Ens mantindrem fidels per sempre més al servei d'aquest poble Salvador Espriu   O horizonte por onde cabalga a monstruosidade do goberno de Rajoy en Catalunya, en dúas únicas direccións, constata a gadoupa do poder xudicial e da represión que manifestan unha das maiores...

A imprescindíbel loita feminista

  O importante é ante todo aprender a estar de acordo. Moitos din que si, e sen embargo non están de acordo. A moitos non se lles pregunta, e moitos Están de acordo co erro. Por iso: O importante é ante todo aprender a estar de acordo.  Bertolt Brecht  (O...

Compromiso e fidelidade de Rosalía coa Galiza oprimida

A dous días de celebrarse o 181 aniversario do nacemento de Rosalía de Castro (24 de febreiro de 1837), vén a ser unha data importante para celebrar a unha persoa de moi distintos significados e proxeccións en defensa dunha Galiza maltreita e asoballada, erguendo a súa voz...

Urxe salvar e divulgar os petróglifos de Sober

No Concello de Sober, confín da provincia de Lugo, onde o río Sil fai lindeiro natural coa provincia de Ourense, atópase un dos complexos líticos que conforman ese enorme xacemento neolítico que se espalla polos rochedos deste municipio. Expresiva variedade de gravados...

Os murais cromáticos das igrexas da Ribeira Sacra que convén salvar

Suponse que as administracións do Estado e da Xunta de Galicia teñen inventariado a riqueza pictórica que hai nos diversos templos da Ribeira Sacra, que contan con numerosas expresións e ofrecen unha eficiente atracción artística, moitas delas sumidas nun abandono sen...

O bicentenario de Karl Marx e o rexurdir dun debate social

Naquel 5 de maio de 1818 nacía Karl Marx , en Tréveris (Renania alemá), -famosa cidade na que foi executado Prisciliano, o ano de 385-. Alén de douscentos anos, vibran as contundencias sobre un pensador materialista e revolucionario cuxo pensamento fixo cambiar o mundo e continúa...

Exclusión do idioma galego na exposición 'In tempore sueborum'

Visualizar unha serie de elementos e códigos históricos da Alta Idade Media e debruzarnos no Reino Suevo, compartido por galegos-portugueses, resulta moi suxestivo para retraernos na grandeza daquela Suevia que aportou tantos pulos á nosa identidade, e de cuxos respiros aínda o noso...

O noso idioma e a infancia

Fai poucos días que fun mercar un xoguete para ofrecerlle a unha crianza amiga e flipei ao comprobar que todos aqueles xoguetes que tiñan voz e falaban, o facían en castelán e inglés. Mesmo a dependenta da tenda ficou sorprendida cando lle demandei algún exemplar que...

A seca, un problema actual e de fondo

Ninguén nega a catástrofe que produce a falta de choiva, pola que está pasando a península Ibérica, e concretamente Galiza. Esta nosa terra de algo mais de dous mil ríos que moitos deles xa mostran o seu curso areoso e pedregoso completamente seco, nunha estación do...

Cataluña: dous pasos adiante, un atrás

A mobilidade da sociedade catalá, no seu conxunto, ten dado dous pasos adiante, en seus recursos reivindicativos, a partir do 1-O; un sprint galáctico que a partir desa data creou conmoción para uns e parálise para outros. O nacionalismo catalán e a sociedade que o protexe e confirma manifestou a súa estratexia...

A Cataluña ferida, mais non vencida

Ninguén pense que esta Cataluña de tantas actualidades e de tantas informacións políticas a nivel mundial está vencida e menos escurecida, pese aos medios informativos unionistas e tan fieis á estratexia do nacionalismo españolista erixida polo Conde Duque de...

Incendios: quen os provoca; quen os consinte?

O vello dilema dos incendios na Galiza volta a traernos traxedia e morte, do que xa todos coñecemos polos medios de información. Centos de incendios destrúen o noso país dunha maneira sistemática, tal como podemos ver nas imaxes que nos ofrecen os medios informativos. A...

Catalunya triunfant

O escenario popular catalán que verificamos a partir do 1-O non deixa sospeitas para moi poucos que a sociedade catalana, en seu conxunto, foi agredida por un continxente de forza bruta e cunha prepotencia tal que supera o poder dun Estado mal chamado democrático que interveu en varias...

"Escolta Espanya (...) Adéu Espanya"

Así comeza e remata a Oda a Espanya , que compuxo o poeta Joan Maragall en 1898, ano da independencia de Cuba. Un poema que nos resulta premonitorio do que actualmente acontece en Cataluña. Ese “escoita España” e “adeus España” non deixa de ser unha...

Extinción ou desconfiguración das nosas festas populares?

A mudanza dos tempos e dos costumes, na preocupación que Camões manifestou hai cincocentos anos,  lévanos a meditar sobre ese sarillo de desfeita das nosas tradicións populares que albiscamos desde diversas frontes depredadoras. A cultura das nosas tradicións...

As Ramblas de sangue

Para os millóns de persoas que amamos as Ramblas, este vén ser un dos paseos mais emblemáticos do mundo, no dicir de Jean-Paul Sartre , Albert Camus , Jorge Luis Borges , Federico García Lorca , entre outros, que sublimaron en relatos narrativos o encanto deste paseo...

A Compostela desconfigurada

Pode que un teña saudades daquela Compostela con identidade e respiros galegos, que moitos notamos a faltar, fronte a ese enorme volume de turistas desordenados que absorben a autenticidade das cousas, e son capaces de desconfiguralas e depredalas dunha maneira sorprendente, que rematan por integrarnos,...

A voz da Galiza ferida nas rúas de Compostela

A voz patriótica sinalando a ruta nunca perdida daquela Galiza evocada por Ramón Cabanillas : “Galicia! Nai e Señora, / sempre garimosa e forte; / preto e lonxe; onte e agora, / mañán... na vida e na morte!” A Galiza xenerosa e patriótica que “desperta do...

A defensa ecolóxica en Henry David Thoreau e Rosalía de Castro

Conmemorar estas dúas figuras defensoras e proteccionistas do medio ambiente é unha obriga na toma de conciencia ecolóxica e na denuncia global contra a alteración do planeta, por parte dos que o degradan dunha maneira ininterrompida e sistemática. Tanto Henry David Thoreau...

O problema dos incendios na Galiza

Pasaron mais de cen anos daquelas lapas incendiarias que aledaban a aquel vello, famento e esfarrapado que por culpa dos preitos co señorío ficou arruinado. Mais cando viu incendiarse o pazo do señor que o desvalixou, alentou con ledicia festeira. Así o lembra Ramón Cabanillas ,...

Espolio e depredación do patrimonio románico na Galiza

Visitei hai poucos días, na Caixa Forum de Barcelona a exposición: Els Pilars D’Europa L’edat Mitjana al British Museum , que remata o próximo día 18 dos correntes. Ás maioritarias pezas pertencentes ao museo londinense, que aquí se expoñen, están...

"-Salvádeme, ou, xueces! -Berrei...¡Tolería!"

O clamoroso poema de Rosalía  A xusticia pola man  colócanos na actualidade dun escenario xudicial sombrío, tan viciado e tan ausente nunha sociedade que continúa sen saber, con certeza, como se reparte a xustiza no Estado español. Non deixa de sorprendernos a...
x