Escribir con gheada e seseo
Teño unha hipótese: Teimar en representar a gheada e o seseo na escrita non só non axuda a promover estes fenómenos, senón que é prexudicial.
Teño unha hipótese: Teimar en representar a gheada e o seseo na escrita non só non axuda a promover estes fenómenos, senón que é prexudicial.
Non era a miña intención profundar máis no tema. A verdade é que nos últimos días vivimos un bombardeo mediático sobre as vacinas e a xente xa está un pouco saturada.
Sete da mañá. Soa o despertador. Mentres tomo o café con calma, acendo o portátil. Dou unha ollada ás novas do día no Praza Pública e no Sermos Galiza. Éncheme tanta política.
Cando era un neno gustábame xogar. Como a todo o mundo nesa idade, vaia. Entre os meus xoguetes tiña o Megazord dos Power Rangers, o barco pirata de Playmobil e unha boa colección de bonecos de dinosauros que regalaban no supermercado coa compra. Lembro tamén un camión e varios coches cos que xogaba ás carreiras no corredor da casa. E unha boneca Nenuco.
De pequeno, cando a miña nai me dicía que me ía levar ao parque, eu sabía perfectamente a que parque me ía levar. Había outros dous parques no barrio, aos que miña nai se refería como o parque de arriba e o parque de abaixo.
Entras nunha farmacia calquera do país. A porta fai un pequeno son que avisa da túa chegada. Ollas para un lado e ves a báscula e o tensiómetro.