Editorial #Sermos367: Galiza produce e Madrid consome

Novos datos alertan da desertización industrial da Galiza. Nunha década caeu en 20.000 o número de persoas empregadas na industria e a produción neste sector diminuíu en setembro un 6%, con 9 meses de descensos no derradeiro ano. Alcoa, Ferroatlántica, Poligal, Meirama… son algúns exemplos dos estragos que provoca...

Editorial #Sermos366: E agora que?

Endesa comunicou á Comisión Nacional do Mercado de Valores (CNMV) que aceleraba o feche da súa central nas Pontes, que agora vai ser moito antes do que se estimaba –non antes de 2030–. A empresa, que nestes anos amasou inxentes beneficios coa central térmica, non mantivo nestes meses reunións co persoal para...

Editorial #Sermos365: Estamos na Galiza, non en Madrid

España. Pronunciou máis veces esa palabra o presidente da Xunta no debate sobre o estado da nación que Galiza. Semella que Feixoo se confundiu de lugar e de debate. Non era unha sesión de control ao Goberno de Pedro Sánchez nin era o Congreso. Tratábase do debate parlamentar máis relevante do curso político e...

Editorial #Sermos364: Valga

Tres mulleres asasinadas a tiros en Valga: Sandra Boquete, Alba Boquete e María Elena Jamardo. O responsábel deste triplo asasinato machista é a ex-parella de Sandra. Das tres mulleres mortas só unha, Sandra, será recoñecida, aos efectos da estatística, como vítima da violencia machista. As outras dúas, non. A...

#EditorialSermos363: Volver empezar

Inicio na Galiza dunha nova volta ás aulas e sobre a mesa, máis unha vez, sen solucionar as problemáticas que durante estes anos sofre o ensino público galego, froito dunhas políticas concretas. A comunidade escolar (profesorado, familias, alumnado) denuncia, curso tras curso, que a Xunta é responsábel: da falla de...

#EditorialSermos362: Atentados ecolóxicos

A historia repítese. Mudan os protagonistas e as formas, mais non o fondo: Os recursos naturais da Galiza son espoliados por empresas de fóra sen que revertan na nación os beneficios. Aconteceu coas hidroeléctricas e agora as eólicas fan o propio coa anuencia do Goberno de Feixoo, autor da coñecida como “Lei de...

#EditorialSermos361: As sen teito

Máis de 300.000 vivendas baleiras -moitas delas, en mans da banca e de Sociedades Cotizadas Anónimas de Investimento no Mercado Inmobilario- e menos 4000 inmobles en alugueiro na Galiza. Os prezos dispáranse, marcan máximos históricos e fanse inalcanzábeis para unha gran parte da poboación, sobre todo, na Coruña,...

Editorial #Sermos360: Cortar a sangría

Apoboación activa da Galiza é de 78.000 persoas menos que antes da crise; 487.000 persoas asalariadas ingresaron menos de 800 euros netos ao mes en 2017; as traballadoras e traballadores de 25 a 34 anos cobran salarios un 21,6% inferiores ao resto de idades; en 2008 traballaban na Galiza 424.000 persoas de menos de...

Editorial #Sermos359: A memoria como alicerce de futuro

En vésperas do Día da Galiza Mártir, unha xornada eminentemente reivindicativa e de reparación das vítimas da represión brutal que padeceu a nación, cómpre valorizar a memoria como unha das pedras angulares coas que entender o presente e construír o futuro. Días como o da homenaxe ás nosas mártires non representan...

#EditorialSermos358: Un turismo sustentábel

Mudar o modelo turístico, coa vista posta na sustentabilidade, debe ser un dos obxectivos da Galiza do futuro. En lugar de primar a cantidade, debe primarse a calidade, co aumento da estancia das persoas visitantes e coa promoción do turismo cultural e verde. Nas urbes debe priorizarse manter con vida os cascos...

Editorial #Sermos357: Quen nos defende?

O Parlamento vén de darlle luz verde -cos votos a favor de PP e PSOE e cos votos en branco e dous nulos da oposición, que criticaron a falta de consenso e diálogo na elección- ao nomeamento da maxistrada Dolores Fernández Valiño como valedora do pobo. Un cargo non exento de polémica despois de que a anterior...

#EditorialSermos356: Amosar o orgullo galego

Este Día da Patria Galega de 2019 coincide coa segunda votación para a elección do presidente do Goberno central. Unha investidura en cuxas negociacións Galiza estivo ausente. E é que as deputadas e deputados galegos de PSOE, de PP, de Unidas Podemos e de Ciudadanos optaron por excluír Galiza da axenda estatal e...

#EditorialSermos355: O pazo, de todas e todos

Logo de máis dun ano co informe xurídico elaborado pola Xunta Pro-Devolución do Pazo de Meirás na gabeta, era hora de que o Goberno do Estado apresentase unha demanda xudicial para reivindicar a propiedade pública do inmoble. As investigacións recollidas na obra Meirás: un pazo, un caudillo, un espolio , baseado...

#EditorialSermos354: Unha Galiza viva

Recuperar o espírito comunitario das romarías tradicionais. Con este obxectivo nacía o Convivio da Cultura Galega, que este ano suma a súa sexta edición na xornada do sábado, día 13, ao redor da figura de Manuel María, un dos principais dinamizadores do movemento cultural galego. Trátase dunha ocasión para...

Editorial Sermos 353: Salvar vidas

A Dirección Xeral de Tráfico vén de emitir un informe en que salienta que as mortes na estrada acadaron o seu mínimo histórico no primeiro semestre do ano. Mais non é o que acontece na Galiza onde, fronte á tónica xeral do conxunto do Estado, aumentaron un 5% as vítimas mortais en sinistros nas estradas. Na Galiza,...

Editorial #Sermos352: Á fin, Carvalho Calero

Sen desmerecer ninguén, xa era hora de que Ricardo Carvalho Calero fose recoñecido pola Real Academia Galega. Unha entidade na que ingresara en maio de 1958. Tratábase dunha das ausencias máis inxustificadas na nómina de persoas homenaxeadas co Día das Letras Galegas. A elección do gran polígrafo non sería hoxe...

Editorial #Sermos351: De comarcas e parroquias

Galiza carece dunha política de ordenación do territorio coherente coas súas características. Precísase un modelo que ordene e poña en valor o territorio e iso pasa por estruturar o país en comarcas e parroquias. A lexislación actual referida á ordenación, así como os instrumentos que desenvolve, reproduce sistemas...

Sermos máis!

Sete anos, 350 números de semanario Sermos Galiza en papel e máis de 360.000 entradas no diario dixital. E todo, grazas ao apoio das persoas subscritoras, colaboradoras, lectoras... e das empresas e institucións que escollen o noso medio como escaparate para os seus anuncios. Sermos Galiza suma os...

Editorial #Sermos348: Coa ollada nas galegas

Concluída a dupla cita electoral e coas alianzas pendentes de se concretaren para definir o mapa da gobernabilidade nos concellos e nas deputacións, a ollada vira agora cara ás eleccións galegas. Alén do descenso de apoio das mareas, un dos titulares que deixou o 26 de maio foi a perda de poder político do PP,...

#EditorialSermos347: Mudar de raíz a UE

Paz, cohesión, liberdade, xustiza social? A realidade botou por terra a propaganda relativa á Unión Europea, cuxas prácticas están á vista. A libre circulación de mercadorías, capitais, persoas (dependendendo de onde veñan) e servizos provocou a concentración da riqueza en detrimento da periferia e a chegada do...

Editorial #Sermos346: Máis que nunca, querémolo!

O lema das mobilizacións convocadas para este 17 de Maio apelan a querer o galego máis que nunca. Unha lingua para a que se precisa unha outra política lingüística que contribúa ao seu uso e á súa dignificación. Cómpre sermos conscientes de que nos referimos ao maior tesouro creado polo pobo ao longo dos séculos....

Editorial #Sermos345: Non fomos quen!

Podiamos estar quietas e quietos, deixar que as novas se publicasen sen atender as problemáticas sociais e laborais das galegas e dos galegos, que as voces fosen distintas pero expresando sempre a mesma idea, sen contraste. Podiamos permitir que as informacións fosen filtradas e depuradas por gabinetes de prensa de...

#Sermos344: E Galiza?

O PSOE por vez primeira resultou o gañador das eleccións xerais na Galiza. Un triunfo que deixou fanado o PP. O aumento da participación, ante o medo a un goberno de dereitas, formado coas patas de PP, Ciudadanos e Vox, resultou chave nos resultados. Uns resultados que deixan Galiza sen voz autónoma en Madrid, ao...

#Sermos343: Con voz en Madrid

A campaña electoral, infelizmente, deixa unha vez máis Galiza fóra do foco. Así o buscan os mass media , que furtan a voz ás nacións sen Estado cando o modelo territorial é un dos elementos en xogo. Resulta cando menos paradoxal que nos principais debates televisados, en que tanto se demoniza o independentismo,...

O presidente das cero transferencias

Nas últimas semanas asistimos a constantes cambios de opinión de Feixoo a respecto da transferencia de competencias. Chegou a defender publicamente e mesmo no Parlamento os traspasos mais foi ver a luz o programa electoral do PP e quitar a carauta. Non resulta estraño ese bloqueo das transferencias pendentes se...

#Sermos341: Un sector estratéxico

A industria fenece. Leva tempo facéndoo e sufrindo un importante descenso de carga de traballo e, en consecuencia, de emprego. Porén, nin a Consellaría de Industria nin o Ministerio moven fíos para evitar que a economía galega siga a padecer a perda de peso dun sector estratéxico. E é que a industria ten a...

#Sermos340: O futuro do monte

Incendios de grandes dimensións en pleno inverno e, recentemente, co inicio da primavera. Son os denominados lumes de cuarta xeración, provocados pola presenza de períodos de seca cada vez máis frecuentes e polas altas temperaturas.   Cómpre actualizar os protocolos de actuación e...

Ence fóra da ría

Ducias de milleiros de persoas nadas en Pontevedra ou nos concellos limítrofes non pasaron nin un día da súa vida sen soportaren as consecuencias da contaminación -con emisións ao aire e con verteduras á ría- da coñecida como Celulosas. Cheiros e fumes que saen dunha empresa que non quere marchar de Lourizán nin...

#Sermos338: A revolta lilá continúa

Máis unha vez as mulleres galegas voltaron a dar unha mostra de dignidade ao ateigaren as rúas non só das cidades, senón tamén das vilas, para reivindicaren os seus dereitos con motivo do Día da Muller Traballadora. Superáronse as previsións e demostrouse que o feminismo calla no pobo. O seguimento da greve tamén...

#Sermos337: Por todas, en folga

Polas que sofren agresións, polas que son insultadas, acosadas, explotadas, cuestionadas. Polas que fican sen voz. Polas que teñen medo. Polas que son asasinadas polo feito de seren mulleres. Todas elas son a razón de ser da folga do 8 de marzo, unha xornada de loita para denunciar non só a discriminación e a...