En galego sen límites

Mais unha vez, este 17 de Maio voltamos a constatar que hai poucas causas que mobilicen máis a sociedade galega do que a defensa da súa lingua. Miles de persoas tomaron as rúas de Compostela para demandaren outro status para o galego, aquel que lle corresponde como a lingua propia do...

#SG245: É violencia machista

O caso do neno asasinado polo pai en Oza-Cesuras esta fin de semana non é un parricidio, por moito que os medios de comunicación insistan na palabra.

O Parlamento debe investigar o caso Villar Mir

Cada día son máis inequívocos os indicios que apuntan as conexións do Grupo Villar Mir coa trama de financiamento irregular do PP. Non só polas evidencias que deitaban os chamados papeis de Bárcenas, senón polas novas pesquisas do xuíz Eloy...

#SG243 Veñan máis 5!

Sermos Galiza fai cinco anos. Neste período mudamos de deseño, houbo altas e baixas no cadro de persoal, no Consello de Administración. Só unha cousa non mudou: o noso compromiso a prol dun espazo de comunicación galego entendendo por tal aquel que coloca o galego como...

Unha ameaza con nome propio

O ataque dos Estados Unidos contra unha base militar siria o pasado 7 de abril mostra, máis unha vez, a ameaza que o imperialismo representa para a paz. Trump xustificou a agresión sobre a base dun suposto ataque con armas químicas do Exército sirio nunha zona controlada polas forzas...

Sermos241: O agravio dos orzamentos do Estado

Os Orzamentos Xerais do Estado para 2017 son os do agravio, pois inclúen un tesoirazo de 442 millóns de euros menos para Galiza a respeito dos do ano anterior.

O BNG colle impulso

A XVI Asemblea Nacional do BNG deixa varios titulares. O primeiro, sen dúbida, é que a formación soberanista mostrou músculo organizativo e exhibiu en Palexco unidade e cohesión arredor dun proxecto -os textos a debate- e unha dirección, encabezada por unha Ana...

#Sermos239: Galiza, o espolio sen fin

Unha nova ameaza pesa sobre a comarca de Ordes. Após a presión da veciñanza tombar o proxecto de vertedoiro de residuos industriais e de construción na parroquia de Lesta, unha empresa norueguesa, Erimsa, pretende extraer seixo en terreos de Frades, Ordes e Mesía. A mina, da que...

Desgubernamentalizar a TVG

p.p1 {margin: 0.0px 0.0px 0.0px 0.0px; font: 13.0px Arial; color: #232323; -webkit-text-stroke: #232323; min-height: 15.0px} p.p2 {margin: 0.0px 0.0px 0.0px 0.0px; font: 16.0px Arial; color: #232323; -webkit-text-stroke: #232323} p.p3 {margin: 0.0px 0.0px 0.0px 0.0px; font: 16.0px Arial; color: #232323;...

#Sermos236: Xuízo a Catalunya

Non hai razóns xurídicas de peso que sustenten os distintos procesos abertos contra dirixentes soberanistas catalás, desde o ex president Artur Mas até o portavoz do Partit Demòcrata Europeu Català no Congreso, Francesc Homs , pasando pola presidenta do Parlament, Carme...

#Sermos235: Impresentábeis

PP e PSdeG volveron camiñar da man ao tombar a creación dunha comisión de investigación sobre o accidente do Alvia en Angrois, en que morreron 81 persoas e que deixou máis de cen feridas. A reforma da normativa parlamentar permitíalle á oposición forzar unha...

Feijóo collido nas patacas

Facer pedagoxía coa soberanía nacional é máis doado do que parece, sobre todo, cando goberna a Xunta de Galiza o PP, con Alberto Núñez Feijóo á cabeza. A praga da Tecia solanivora das patacas é un exemplo de libro. Tívose coñecemento do andazo en 1999, nas Canarias, e en 2015 detectouse en Ferrol.

Feijóo, un presidente irresponsábel

Un dos trazos característicos de Feijóo é a súa habelencia consumada para fuxir das súas responsabilidades. Sempre outro ou outra teñen a culpa. El pasaba por alí. O problema desa estratexia é que comeza a estar moi vista. Feijóo leva ao...

#Sermos232: Á espera do tren

A primeira data foi a de 2008. Despois chegou a de 2010, 2012, 2015 e 2018. A última data do Ministerio de Fomento para a chegada do AVE é o terceiro trimestre de 2019, mais só para un tren de segunda en probas que non se porá en marcha, no mellor dos casos, até entrado o 2020....

#Sermos231 A urxencia dunha tarifa eléctrica galega

Cada día bátese unha nova marca no custo da enerxía eléctrica até o punto de que deixa de ser noticia a suba do prezo dos megavatios por hora. Atopámonos diante dunha situación que representa unha clara inxustiza para este país, grande transformador de...

#Sermos230: O saqueo do aforro galego

O ingreso en prisión dos directivos da entidade que resultou da fusión das dúas caixas galegas –a imaxe da entrada na Lama e en Soto del Real segue a ser unha incógnita- debe servir para botar luz sobre o desfalco que sufrimos as galegas e os galegos. Unha estafa que acabou coa...

#Sermos229: Galiza é solvente

Volve á actualidade a necesidade de mudar o sistema de financiamento que nos levou a perder perto de 8.500 millóns de euros -o orzamento da Xunta de Galiza de 2017 é de 9.063 millóns- desde a súa entrada en vigor, en 2009. Aberto o debate sobre o modelo de financiamento, é...

2017: O que ten que chegar

Enceta un novo ano e con el a sucesión de propósitos que se visten de reivindicacións cando se trata do país, a comezar por un pacto nacional con medidas efectivas contra a violencia machista. A loita contra a violencia de xénero, en todas as súas formas, require de medios...

Un ataque ao modelo Pontevedra

p.p1 {margin: 0.0px 0.0px 0.0px 0.0px; font: 12.0px 'Helvetica Neue'; -webkit-text-stroke: #000000; min-height: 14.0px} p.p2 {margin: 0.0px 0.0px 0.0px 0.0px; text-align: justify; font: 12.0px 'Trebuchet MS'; -webkit-text-stroke: #000000; min-height: 14.0px} p.p3 {margin: 0.0px 0.0px 0.0px...

Prepotencia colonial

Xa sabemos como funciona o capitalismo real: os beneficios son sempre privados, as perdas acaban por se socializaren. Acabamos de ter unha nova proba esta semana. Era un segredo a voces, mais o ministro de Fomento verbalizou esta segunda feira que, con efeito, o Estado vai resgatar as ruinosas autoestradas...

Feijóo, militante do estado

O eslogan de Feijóo como militante de Galiza non durou nen os cen días de graza que os usos parlamentares acostuman conceder aos presidentes após a súa investidura. Abondou que o titular do Executivo se reunise esta semana co ministro de Fomento, Íñigo de la Serna , para...

Fidel: o legado perdurábel

O importante dunha figura como Fidel Castro é avaliarmos a obra que deixa e o futuro que o seu legado ten perante si, a súa perdurabilidade. Acometer esta tarefa excede con moito os límites dun comentario editorial, mais si podemos avanzar algunhas conclusións para un debate de...

25N: fan falta outras políticas

Os crimes recorrentes do patriarcado -oito mulleres asasinadas na Galiza en 2015, seis neste 2016- non irán a menos con apenas declaracións de intencións que a nada obrigan. Está ben, claro, que o Parlamento da Galiza realice unha manifestación de repulsa contra o terrorismo...

Imprensa en galego: case todo por facer

Neste Sermos222 rendemos tributo ao centenario de A Nosa Terra , o boletín das Irmandades da Fala, coa publicación en facsímile do número 1 da histórica cabeceira. É a primeira vez que se publica íntegra a entrega inaugural do primeiro xornal xenuínamente...

Trump como síntoma

Non é esaxerado dicer que o triunfo de Donald Trump produciu unha conmoción no mundo occidental. O candidato republicano reúne unha serie de rasgos -a súa misoxinia, a súa xenofobia- que o fan realmente antipático a ollos de sectores moi largos da opinión...

Alerta vermella demográfica

Se algún fenómeno ilustra ben ás claras a natureza dos problemas da Galiza é o demográfico. Falamos dun fenómeno histórico e estrutural, e non do produto dunha determinada conxuntura ou crise. Ponse máis ou menos de moda como asunto a tratar nos meios, en...

Valonia e Galiza, o CETA e a AP9

Esta semana foi extraordinariamente ilustrativa para quen, despois de observar a vida nacional galega, aínda sosteña que a cuestión de canto poder político podan chegar a ter as institucións políticas da Galiza é un asunto menor. Case de forma paralela no tempo,...

Un atentado racista contra a saúde

Unha lexislación abertamente racista rexe no Estado español desde o infausto día en que o Congreso dos Deputados, con maioría absoluta do PP, aprobou o Real Decreto Lei 16/2012 de 20 de abril. A partir dese momento, a sanidade perdeu o seu carácter universal no Estado e...

A contaminación como ameaza real

Os riscos da contaminación do ar non son hipotéticos, están cientificamente contrastados e, sen queremos ser alarmistas, constitúen hoxe xa unha ameaza real para a saúde das galegas e dos galegos. Por iso dedicamos o Tema de Primeira deste Sermos217 a esta cuestión e por...