Feijóo, militante do estado

O eslogan de Feijóo como militante de Galiza non durou nen os cen días de graza que os usos parlamentares acostuman conceder aos presidentes após a súa investidura. Abondou que o titular do Executivo se reunise esta semana co ministro de Fomento, Íñigo de la Serna , para...

Fidel: o legado perdurábel

O importante dunha figura como Fidel Castro é avaliarmos a obra que deixa e o futuro que o seu legado ten perante si, a súa perdurabilidade. Acometer esta tarefa excede con moito os límites dun comentario editorial, mais si podemos avanzar algunhas conclusións para un debate de...

25N: fan falta outras políticas

Os crimes recorrentes do patriarcado -oito mulleres asasinadas na Galiza en 2015, seis neste 2016- non irán a menos con apenas declaracións de intencións que a nada obrigan. Está ben, claro, que o Parlamento da Galiza realice unha manifestación de repulsa contra o terrorismo...

Imprensa en galego: case todo por facer

Neste Sermos222 rendemos tributo ao centenario de A Nosa Terra , o boletín das Irmandades da Fala, coa publicación en facsímile do número 1 da histórica cabeceira. É a primeira vez que se publica íntegra a entrega inaugural do primeiro xornal xenuínamente...

Trump como síntoma

Non é esaxerado dicer que o triunfo de Donald Trump produciu unha conmoción no mundo occidental. O candidato republicano reúne unha serie de rasgos -a súa misoxinia, a súa xenofobia- que o fan realmente antipático a ollos de sectores moi largos da opinión...

Alerta vermella demográfica

Se algún fenómeno ilustra ben ás claras a natureza dos problemas da Galiza é o demográfico. Falamos dun fenómeno histórico e estrutural, e non do produto dunha determinada conxuntura ou crise. Ponse máis ou menos de moda como asunto a tratar nos meios, en...

Valonia e Galiza, o CETA e a AP9

Esta semana foi extraordinariamente ilustrativa para quen, despois de observar a vida nacional galega, aínda sosteña que a cuestión de canto poder político podan chegar a ter as institucións políticas da Galiza é un asunto menor. Case de forma paralela no tempo,...

Un atentado racista contra a saúde

Unha lexislación abertamente racista rexe no Estado español desde o infausto día en que o Congreso dos Deputados, con maioría absoluta do PP, aprobou o Real Decreto Lei 16/2012 de 20 de abril. A partir dese momento, a sanidade perdeu o seu carácter universal no Estado e...

A contaminación como ameaza real

Os riscos da contaminación do ar non son hipotéticos, están cientificamente contrastados e, sen queremos ser alarmistas, constitúen hoxe xa unha ameaza real para a saúde das galegas e dos galegos. Por iso dedicamos o Tema de Primeira deste Sermos217 a esta cuestión e por...

O bloqueo español

A máis que probábel abstención do PSOE a unha eventual nova investidura de Rajoy pode desbloquear o taboleiro político, mais o veto ás nacións sen Estado continuará sobre a mesa. O pano de fundo é a incapacidade do réxime de 1978 para aceitar a...

Leituras do 25S

Unha primeira leitura do 25S é que, con efeito, a maioría apostou na continuidade. A segunda leitura é que as ofertas da oposición non reuniron suficiente consenso social para se abriren paso. A Galiza satisfeita é neste momento, e no plano estritamente eleitoral, maioritaria face...

As decisións a tomar o 25S

As eleccións ao Parlamento da Galiza deste domingo 25S probabelmente sexan as máis decisivas e complexas dos últimos anos. En aparencia ese día as galegas e os galegos temos que tomar colectivamente unha soa decisión, a de se outorgamos ou non un novo aval de catro anos ao goberno...

O debate deixou espido a Feijóo

O debate a cinco, embora o seu formato encorsetado, foi ilustrativo porque permitiu á sociedade galega coñecer de primeira mao as propostas das diferentes forzas políticas que concorren ás eleccións galegas. Serviu aínda para algo máis: para sermos...

Comeza a campaña

O 25S xa está no horizonte e os próximos días serán politicamente intensos e debérano ser tamén na base da sociedade. É moito o que está en xogo. Non só a continuidade ou non da administración Feijóo, senón tamén que tipo de...

O labirinto español

O Estado español non é viábel se non reconsidera a serio como interpreta a democracia e, por tanto, como se organiza o exercicio do poder político no seu territorio. Alén da foguetería verbal das distintas forzas despois de dúas eleccións consecutivas e coa...

Contra os despexos, outra política de vivenda

Xa non están baixo o foco dos meios de comunicación hexemónicos, mais os desafiuzamentos continúan aí. Apenas decrecen e transparentan dous problemas sociais de primeira orde: a non satisfacción dun dereito humano elemental, o da vivenda, e a...

Servizos sociais, negocio do capital

A privatización encuberta ou directa dos servizos sociais é un fenómeno que se está a ver acrecentado nos últimos anos por toda a parte. A coartada, as políticas de austeridade e a contracción do sector público. As administracións en moitos casos vense...

Un Día da Patria para a mobilización

p.p1 {margin: 0.0px 0.0px 0.0px 0.0px; font: 12.0px 'Helvetica Neue'; -webkit-text-stroke: #000000} p.p2 {margin: 0.0px 0.0px 0.0px 0.0px; font: 12.0px Verdana; -webkit-text-stroke: #000000} span.s1 {font-kerning: none} O nomeamento de Ana Pastor como presidenta do Congreso após ter sido...

O maxisterio de Agustín

O falecimento de Agustín Fernández Paz provocou unha enorme conmoción na cultura galega por ser unha figura de enorme valor literario e tamén de extraordinario poder simbólico. A súa bonhomía, o seu compromiso coa lingua do país, a súa independencia a...

A Galiza e a CPLP

A entrada da Galiza na Comunidade de Países de Língua Portuguesa seria uma esplêndida notícia para a nossa nação. Não só do ponto de vista do nosso idioma, mas também do ponto de vista do reconhecimento implícito da nossa condição...

Após o 26X

Na Galiza os resultados das eleccións xerais debuxan un panorama marcado pola fortaleza do PP, a debilidade da oposición de esquerdas e as enormes dificuldades que ten o nacionalismo para abrir un espazo político, propio, de país, cando se trata de eleccións de ámbito...

A campaña máis españolizada

Nunca unha campaña eleitoral estivo tan marcada polos intereses madrileños-españois como esta. Non é só opinión editorial deste meio, é constatación de voces que, desde o mundo do xornalismo e das ciencias políticas, se teñen alzado estes...

Catro anos ao servizo dos intereses galegos

Este que les é o número 200 de Sermos Galiza , un número moi respeitábel e un motivo de lexítimo orgullo para todas e todos os que conformamos a Comunidade Sermos, a redacción deste semanario, a xerencia, os centos de accionistas e colaboradores, os miles de...

23X: o Reino Unido decide

O Reino Unido votará este 23 de xuño se continúa ou non a pertencer á Unión Europea. O primeiro que cabe dicer é que o Reino Unido exercerá o dereito a decidir, por máis que o fará unha estrutura estatal que contén nacións (Escocia, Gales,...

Os problemas reais dos concellos galegos

O número de concellos que ten o país -314 após a fusión de Oza dos Ríos e Cesuras- non é o principal problema da ordenación do noso territorio. Un dado abonda para ilustrar esta afirmación: unha soa provincia española, Burgos, ten 371...

A especulación inmobiliaria do Estado

O Ministerio de Defensa comportouse historicamente na Galiza como un híbrido entre o señor feudal e o poder colonial. Hoxe continúa a comportarse igual. Neste Sermos 197, nunha reportaxe asinada por Xosé Fandiño, damos conta dos planos de Defensa para perpetrar diversas pelotadas...

O día, o ano, a vida de Manuel María

Este 2016 as Letras Galegas celebran algo máis que un poeta. Celebran unha lingua e unha cultura. Celebran un home de mil facianas, rostos que tentamos desvendar na entrega 195 do semanario  Sermos Galiza . Manuel María merece máis que un día, a súa vida foi unha longa...

Que a familia Franco devolva o roubado

p.p1 {margin: 0.0px 0.0px 0.0px 0.0px; font: 12.0px 'Helvetica Neue'; -webkit-text-stroke: #000000; min-height: 14.0px} p.p2 {margin: 0.0px 0.0px 0.0px 0.0px; font: 12.0px 'Helvetica Neue'; -webkit-text-stroke: #000000} span.s1 {font-kerning: none} Catro décadas despois da morte do ditador, a...

As eleccións inevitábeis

O 21 de decembro, poucas horas despois de se fecharen os colexios eleitorais, o diario dixital Sermos Galiza publicou unha información segundo a cal a hipótese máis probábel era a repetición das eleccións, dada a correlación de forzas deitada polas urnas. Non se...

Os recortes homicidas: Feijóo, responsábel

A imputación de dous altos cargos da Consellaría de Sanidade en relación ao falecimento de no mínimo seis doentes de hepatite C é un asunto de extraordinaria gravidade. A fiscalía interpreta que decisións de carácter economicista -antepor o axuste nas contas...