Opinións de
María Obelleiro
   

300 números e seis anos de vida

O semanario Sermos Galiza saía á rúa o 8 de xuño de 2012 . Foi entón cando o galego regresou aos quiosques cada semana. Seis anos após, Sermos suma xa 300 números, unha cifra que a leva a ser a publicación periódica en galego, e en papel, máis editada das vixentes. Se é posíbel é grazas a todas as persoas que,...

Sermos somos todas e todos!

De seguro que lembrades aquel 8 de xuño de 2012. Era o día. O día en que todas as persoas que queremos e cremos neste país puidemos ver, ao fin, vestidas de páxinas as nosas arelas por conseguir unha voz propia nos quiosques: o regreso do galego das mans de Sermos Galiza . A...

1.833 mortes > 10.000 mortes

Por que unhas mortes son noticia e outras non? Cantas vidas europeas equivalen á vida dunha iraquí? E americanas? Cantas vidas americanas equivalen á vida dunha filipina? Para os medios de comunicación masiva, a aritmética é ben doada e sempre prevalecen as mortes dos países occidentais sobre as mortes dos países da periferia. 

@s ninguén non usan Chanel nº5

A escasos metros de Carolina Herrera, Max Azria, Hoss Intropia e Tous gorécense do frío da noite decenas de persoas sen fogar. Dormen acubilladas nas marquesiñas dos autobuses da Praza de Pontevedra. Tanto ten que sexan as 23h que as 17h, porque as súas vida non se rexen polos horarios comerciais das exclusivas tendas da Praza de Lugo.

Aurelia resiste! O pobo avanza!

As engurras que agochan 85 anos de vivencias, o sorriso delicado, a tenrura nos ollos... Mais non é fráxil. Aurelia Rei, a veciña da Coruña sobre a que pesa unha orde de desafiuzamento, amosa a súa bravura cada vez que descende os chanzos que a levan ao portal do número 9 de Padre Feijóo, onde a esperan, con entusiasmo, as centos de persoas que desde o luns impiden o desaloxo da anciá.

Porque non somos “a muller de...”

Helena, Rocío, Marta, eu mesma... [email protected] [email protected] que leades este artigo crecestes, coma min, nunha familia en que, habitualmente, a vosa nai non falaba de política, nin a nosa avoa. Outras, coma Silvia e Mar, teñen que volver á casa antes das 3h, cando os seus irmáns, á mesma idade, non tiñan hora de chegada.

Desmontemos o “Contrato con Galicia” de Feijóo

Feij009, entre dúas bandeiras galegas institucionais. Ao fondo, Monte Pío. No centro da imaxe, nun portafolios, dúas follas. A principios de febreiro de 2009, Feijóo, nun dos circos mediáticos aos que nos ten [email protected] o PP, rubricaba o “Contrato con Galicia”, unha serie de compromisos “políticos, persoais e morais” que esperaba cumprir cunha nota “non inferior ao sobresaliente”.

x