Terrorismo machista

O terrorismo machista consiste na dominación das mulleres polo terror e a sucesión de actos de violencia contra as mulleres executados para infundir terror nesa parte da poboación. O terrorismo machista é protagonista da actualidade. Centos e centos de mulleres son vexadas,...

Transparentar a gobernanza do Concello de Vigo

Non pasa un día sen que calquera vigués observador da realidade que o rodea, consciente dos seus deberes e vixiante dos seus dereitos, preocupado polo futuro dos seus e, solidariamente, polo de todos; poida retirarse  a descansar sen a sensación de ter sido estafado unha vez máis.

Que está a acontecer co goberno de Vigo?

A pregunta que encabeza este artigo non é retórica nin, créannos, alarmista. É, simplemente, a pregunta que cidadáns atentos á marcha da política municipal, facémonos cando lemos as noticias que derivan dos actos do goberno, hoxe minoritario, do PSOE encabezado por Abel Caballero. Cada noticia reforza o sentimento de preocupación e incerteza polo presente e, sobre todo, polo futuro.

Clientelismo municipal

No clientelismo municipal os bens do Concello non se administran segundo a lóxica imparcial da lei, senón que, baixo unha aparencia legal, utilízanse discrecionalmente polos responsábeis políticos, alcalde e concelleiros. 

Vigo rexurdirá das súas cinzas

Os insolentes, lingoreteiros, lerchos e vividores que procuran o «nirvana olívico»; os repartidores de narcóticos prescritos co obxectivo de anestesiar o «encéfalo metropolitano»; os difusores do “Vigo é unha cidade fermosa”, esa congregación sectaria de entusiastas, servidores e lacaios do goberno municipal vigués cada vez incrústanse máis á poltrona semellando lapas.

Cede o mar embravecido

Quen ía imaxinar naquel setembro de 2008 que a caída de Lehman Brothers daría inicio, non só á grave crise económica que estamos a sufrir, senón tamén a unha crise política na que xa se cuestiona o réxime emanado trala IIª restauración borbónica.

Consumo consciente e responsábel, tamén no Nadal

As expresións da crise económica, política, medioambiental e social en todo o planeta son cada vez máis visibles: todos os días achamos mostras na nosa contorna ou nos medios de comunicación do inxusto reparto da riqueza e o xigantesco aumento da pobreza ou dos efectos que o actual desenvolvimento insostíbel ten para a natureza.

Todo se moveu cara á dereita...

Moitos estamos fartos do previsible xogo político tarugo, insubsistente e desatinado que desenvolve certo esquerdismo infantil desconectado da realidade.