Unha aperta musical

Ás veces é difícil buscar un oco por onde saír adiante, na vida en xeral, pero tamén na profesión que escolles. A música, entendida como profesión, xira entorno a moitos factores que nalgunhas ocasións non dependen do teu valor como artista. Moitas veces, ou a maioría, ter éxito ou fracaso profesional procede da...

Joao Gilberto e o teletransporte

Subíamos ao Pao de Açúcar moi cedo no bondinho. Ao elevarse despois duns minutos quedamos varados aí no aire, moi estáticos entre unha corda e outra. Alá abaixo quedaba a Praia Vermelha chea de formiguiñas. Os poucos que estábamos alí calamos, á espera. Pasaban os minutos. O bondinho mexíase suavemente. Ao...

Galiza en New York

A quen non lle gustaría ter unha bóla de cristal e poder ver nela o futuro? Eu sería a primeira da lista en mercar unha. Devezo por saber até onde chegaremos, se hai futuro na música, se cambiará o sistema político, se se perderán as sete vogais propias...   No vagón do metro, de camiño a Queens, éramos...

Unha canción riquiña

Seguro que na vosa memoria gardades unha canción riquiña. Esa cantiga que xa non pertence a ninguén. Non ten dono porque nos pertence a todas. Na miña memoria gardo unha cantiga tradicional, unha pequena canción mariñeira ben coñecida. Lembro escoitala nas reunións galegas que se facían na miña casa en Bos Aires....

A música do corazón

Sabido é que a muller ten varios súper poderes. Un deles é que pode ter no seu corpo máis dun corazón á vez. E por se fose pouco, ten a súa voz, que nunca canta soa. A voz da muller é polifónica, explícome: A voz da muller nunca é solista porque sempre está acompañada das voces das outras mulleres que cantan e...

O auxe do pop coreano en Lugo

Dou aulas a persoas de distintas idades. Nunca antes tivera alumnado adolescente e estaba un pouco expectante polo que me podía atopar. Sempre traballei a música con crianzas e con adultos e xa tiña, máis ou menos, un método de traballo establecido. Pero coa mocidade tiña certa curiosidade porque no mundo no que...

Crónica da miña morte anunciada ou o realismo máxico

Todo o mundo sabe que cando entras nesa banda, faste inmortal. Cando eu cheguei, vin o corpo da cantante anterior que aínda estaba quente, tirado no escenario. Que lle pasou?, preguntei. Nada, morreu porque quixo. A vida das cantantes era moi limitada naquel sitio. Sabíao. Nunca imaxinei verme nesa situación un ano...