Maquis

 

No Lugo fálase dun ERE

As sensacións do CD Lugo son as mesmas que hai nunha empresa cando sobrevoa un ERE. Todo pode ir a peor, a situación é crítica pero non se sabe como vai rematar. Namentres se afía a navalla dos recortes, os traballadores fan por estar unidos e tiran cara adiante. A afección albivermella sabe que o futuro alén dos...

Segundo un estudo, o Lugo salvarase

Case tódolos días espertamos cun estudo novo. Son o argumentario moderno. Enquisas pagadas, e moitas veces interesadas, que refutan calquera cousa. A cervexa é boa segundo o Instituto de Wisconsin. Durmir pouco é sinónimo de ser intelixente segundo a Confederación Brasileira de Insomnes. Usar calcetíns...

Nin bar nin var

O campo do CD Lugo non se caracteriza por ser unha caldeira. Os 3.000 de sempre non acostuman a levantar a voz. Tan só perden a cabeza por unha razón: as arbitraxes. Ás veces, o mellor que lle pode pasar ó conxunto albivermello é que lle toque un colexiado con ansia de protagonismo. Porque se hai algo que non...

Caos albivermello na liña 6

Seguir a un equipo de fútbol provoca moitas veces unha dor innecesaria. Cando decides ou sentes que es hincha dun club estás perdido. Comeza unha longa carreira vital na que o teu humor cambiará en función do resultado. E terás que dar moitas explicacións: ós teus pais, á túa parella, ós teus amigos… Dirán que o...

‘Extremaydura’

O título deste artigo é un lixo. Ou polo menos segundo unha das poucas leccións que lembro da universidade: “Nunca tituledes co nome dunha película, canción ou semellantes. Non recorrades a xogos de palabras doados. Dádelle máis ós miolos”. Por se forse pouco, aborrezo Extremoduro e polo tanto a canción que serve...

Nabic

 

Dez de dez

Non sei nin cando empezou esta temporada. Van 18 xornadas e semella que pasou un mundo. Demasiada dor e xiros para una afección acostumada a transitar pola Segunda nesta segunda época coma quen vai andar polo Río Rato. Relativa tranquilidade, iso si, no deportivo, porque no que hai fóra del, este Lugo é como quen...

Libertadores

O telexornal con maior audiencia da nosa terra abría o domingo coa previa dun partido entre dous equipos arxentinos que se celebraba a centos de quilómetros. Estaba por diante de calquera nova socieconómica local. A final da Copa Libertadores vendeuse como unha cita para a historia. Una lección do Vello Continente...

Nin gol, nin 'golo', nin 'goal'

Para explicar a singularidade das linguas en ocasións alúdese á multiplicidade de termos que teñen para expresar un determinado concepto. Aí está o galego e as mil formas que ten para a chuvia e ós seus fenómenos. Algo semellante ocorre co finés e a neve. E no polo oposto está o Lugo e a súa incapacidade para...

Que non escampe a chuvia en Lugo 

"Nunca choveu que non escampara é un dito tópico". A resignada asunción sobre que cando as nubes descargan nada vai ser posible. Só queda agardar a que a natureza deixe de estourar para volver á rutina. As malas xeiras mudan na calma e a tempestade sempre vai marcar os tempos da acción. É unha expresión compatible...

O Lugo somos nós

Podería facer un artigo doado logo da última derrota contra o Albacete. A enésima nunha tempada escura para o CD Lugo. Podería falar con distancia de todos os erros cometidos, da falla de gol, de certos xogadores sen alma… Podería eu e calquera afeccionado albivermello, pero só conseguiriamos fervernos o sangue....

Xa vén o xabaril

Din que o camiño que leva ao Estadio de Riazor é un dos máis fermosos que existe, con pleno aroma marítimo. En Balaídos mestúrase a modernidade da nova cuberta da Grada Río, onde resoan os ecos da Roda, coa esencia operaria que vén da veciña fábrica do Grupo PSA. En Lugo, para chegar ao campo do CD Lugo,...

Ibuprofeno e xogadas a balón perdido

Ao seareiro do CD Lugo o empate contra o Levante na ida da Copa do Rei sentoulle como un copo de licor café. Grolo doce, o primeiro coa denominación de orixe de Alberto Monteagudo, que serviu, por un intre, para esquecer o tedio da bodega que deixara aberta Javi López, chea de viño de mesa ruín. Pero o seu efecto...

A guillotina trouxo a revolución

Pasar da máis fonda depresión á tímida esperanza, atravesando por unha destitución, apupos e moito frío, é posible. Como? Sendo o CD Lugo da presente temporada. Un club abaneado polos continuos trocos na dirección deportiva e no banco que esta pasada fin de semana convocou un circo con pésimo pan na derrota contra...
x