No ecuador da lexislatura

O azar quixo que se rexistrara unha práctica coincidencia entre os 100 días do goberno de Pedro Sánchez e os dous anos da última vitoria de Feijoo nos comicios ao Parlamento galego. Aparte de outras diferenzas, hai unha que resulta moi visíbel: a intensidade vivida na política estatal dende o trunfo da moción...

Lehman Brothers: o comezo do pesadelo

O 15 de Setembro de 2008, Lehman Brothers — unha emblemática empresa financeira creada na metade do século XIX— desaparecía formalmente, afundida pola crise que comezara un ano antes no interior do universo económico dos USA.   Dez anos despois daquela treboada financeira constátanse diversos...

O último episodio da vella historia da AP-9

“É o mercado, amigo”: con esta expresión lapidaria pronunciada nunha comisión do Congreso, Rodrigo Rato pretendeu buscar coartadas exculpatorias da súa andaina como diretivo de Bankia. Lembrei esta frase cando se coñeceu, hai poucos días, a adquisición do 55% da empresa que ten adxudicada a concesión da AP-9 (e...

O congreso estatal, un test de estrés para o PPdeG

O PPdG vén de pasar un test relevante para xulgar as fortalezas e as feblezas que posúe como organización política. A votación para elixir a persoa substituta de Mariano Rajoy requiría a previa inscrición nun censo específico. Aquí radicou a primeira sorpresa deste proceso: só se apontaron 4.564 —un 4,5% das...

Case 40 anos co mesmo estatuto

O 28 de Xuño de 1936 forma parte dunha das páxinas mais fermosas da historia galega do último século. Porén, a lembranza daquela consulta popular que aprobou un novo sistema de poder político nacional non forma parte das preocupacións fulcrais da meirande parte das forzas políticas que conforman o actual mapa...

O derradeiro tren de Feijóo

A pesar de que o interesado nunca o recoñecía, Alberto Núñez Feijóo figuraba en todos os prognósticos que se formulaban de cara á sucesión de Mariano Rajoy . Agora, consumada a retirada do ex-presidente do goberno central por mor da moción de censura presentada por Pedro Sánchez , todas as miradas converxen no...

O finiquito político de Mariano Rajoy

Que ocorrería se a sentenza da Audiencia Nacional sobre o caso Gürtel se coñecese o pasado día 21? Apoiarían Cidadáns e o PNV os orzamentos presentados polo goberno Rajoy?   De dúas, unha: ou todo foi unha azarosa coincidencia temporal ou alguén coordenou os reloxos do poderes lexislativo e...

Os epitafios de Fernández Gayoso

A recente comparecencia de Fernández Gayoso nunha Comisión do Congreso proporcionou un motivo adicional á reiterada frustración provocada polo tratamento dispensado á crise e afundimento das Caixas galegas nas Cámaras parlamentarias.   A pesar de que o ex-directivo de Caixanova pediu desculpas...

O comezo simbólico do poscastrismo

Os cambios rexistrados hai poucos días na cúpula da Administración estatal cubana tiveron unha ampla repercusión mediática a pesar de que xa foran anunciados algún tempo atrás.Talvez existían dúbidas sobre a realización efectiva de semellantes previsións oficiais ou cecais fose o indiscutíbel impacto simbólico da...

A importancia da exemplariedade

O “affaire” Cifuentes permite realizar unha radiografía da lóxica dominante na acción política do PP e, ademais, posibilita medir os efeitos que provoca ese xeito de actuar na vida pública que se desenvolve no Estado español.   A presidenta da Comunidade de Madrid non está imputada -como é o caso...

O conflito definitivamente internacionalizado

Definitivamente, a situación conflitiva que se vive en Cataluña adquiriu unha importante dimensión internacional. As decisións tomadas polo xuíz Llarena obrigan a pronunciarse, nos vindeiros meses, a diversas instancias xudiciais de Alemaña, Reino Unido, Bélxica e Suíza. Aínda que, obviamente, non o van facer...

Pegadas do 8M

Nin os sectores políticos e mediáticos que quixeron neutralizar -mesmo recorrendo á caricatura- a convocatoria do 8-M foron quen de negar o espectacular éxito acadado polas organizacións feministas promotoras da xornada. As manifestacións rexistradas na Galiza tiveron un volume de asistencia que non se coñecía...

Fortaleza ou febleza

Dende hai moito tempo, o debate sobre o financiamento das entidades territoriais que coexisten no Estado español está moi condicionado pola habitual confrontación que preside a dinámica política. Certamente, estamos ante un asunto que podería ser obxecto dun tratamento...

O futuro político de Feijóo

A recente celebración das eleccións ao Parlament de Catalunya permitiu constatar a práctica insignificancia do partido de Mariano Rajoy naquel territorio. A partir desa circunstancia (e sumando o coñecido desgaste provocado pola corrupción xeralizada detectada no PP e o...

O retorno da pantasma das caixas

Cando os mortos están mal enterrados, é lóxico que, antes ou despois, aparezan sinais que evoquen semellante circunstancia. Nas Caixas de Aforro galegas estamos visualizando, nos últimos meses, unha reprodución desa metáfora.   Primeiro foi a execución...

Algunhas conclusións sobre o 21-D

Había un certo consenso previo a respecto das eleccións ao Parlament de Catalunya celebradas o pasado día 21.Non eran uns comicios “normais”.Porque a convocatoria foi consecuencia dunha decisión adoptada polo presidente do goberno do Estado no marco dunha determinada...

O desexábel e o posíbel

Durante moitos anos, o aniversario da aprobación da actual Constitución española ficou convertido -nos ámbitos políticos e mediáticos hexemónicos- nunha cerimonia de apoloxía das grandes virtudes que posuía esta norma básica sen que fixesen acto...

Maioría absoluta, para que?

Cando Alberto Núñez Feijóo comparece alporizado ante os medios pola aprobación do cupo para o País Vasco e o eventual establecemento dun modelo de financiamento singular para Catalunya non cabe pensar que descoñeza as características que posúe o sistema de...

O centenario da revolución soviética

Neste ano no que andamos celébrase o centenario do trunfo da Revolución soviética no territorio da Rusia zarista e o comezo da construción do que foi a Unión de Repúblicas Socialistas Soviéticas (URSS). Esta circunstancia convida a unha lembranza do tempo...

Cortina de fume

Era previsíbel. Núñez Feijóo ía utilizar a situación política catalana para buscar un proveito partidista no debate do estado da nación galega. Resultaba inevitábel que esa cita no Pazo do Hórreo ficara afectada polo que se está vivindo...

Consultar a sociedade catalá

A esta altura, calquera persoa que pretenda analisar con rigor a situación que se vive en Catalunya ten que recoñecer que xa non existe, no seo do seu corpo social, o amplo acordo que se rexistraba dende o posfranquismo sobre as fórmulas de relación coas demais nacións e...

A década do malestar

Hai agora dez anos, os medios de comunicación rachaban a tradicional seca informativa do mes de Agosto anunciando un episodio que para moita xente resultou enigmático: o estoupido das chamadas “hipotecas subprime” nos mercados financeiros dos USA. A reacción maioritaria dos...

O Parlamento galego e o 25 de xullo

A pesar de que nos últimos anos da década dos 70, Antonio Rosón promoveu a instauración oficial do “Día Nacional de Galicia”, os antecesores do actual PPdG e do propio PSdG non quixeron camiñar por ese vieiro simbólico e deixaron que o nacionalismo galego...

A historia do financiamento autonómico

Nos mais de trinta anos de vixencia dos Estatutos de Autonomía elaborados e aprobados a partir do texto constitucional de 1978, a cuestión do financiamento das CC.AA. ten sido obxecto dunha atención fulcral nos debates políticos e tamén nas análises realizadas nos...

O capitalismo realmente existente

A política francesa semella levar no seu “adn” unha propensión a certo rupturismo nominalista que evoca algúns dos eventos mais coñecidos da súa historia. Foi Sarkozy quen, no outono de 2008, proclamou a necesidade de refundar o capitalismo para -seguindo a...

A primeira cita coas urnas

Nas primeiras eleccións ao Parlamento do Estado celebradas despois da morte de Franco, as persoas que mantiveramos unha actividade mais intensa e militante contra a ditadura tiñamos unha posición asentada sobre dúas conviccións básicas. Por unha banda, non aceitabamos as...

A segunda morte do Banco Pastor

O Banco Pastor comezou a morrer o día no que os seus principais propietarios decidiron vendelo ao Banco Popular. Agora, a práctica liquidación desta última entidade nas mans do Banco de Santander remata cos residuos simbólicos do que, noutros tempos, foi unha emblemática...

A calidade democrática do PP

O arquivo provisorio da investigación xudicial aberta a Xosé Manuel Baltar por presuntos comportamentos delitivos (abuso sexual e suborno) abre, mais unha vez, a polémica a respecto das responsabilidades xudiciais e políticas dos representantes públicos. O presidente da...
x