Facer ben as contas

Que a primeira normativa de ámbito estatal a respeito da transparencia na administración pública sexa obra do actual goberno do PP é reveladora das graves carencias acumuladas nestas últimas décadas no deseño e funcionamento do sistema democrático español.

Tecer e destecer

A recente decisión de abandonar ANOVA adoptada  pola maioría das persoas afiliadas á corrente CERNA semella confirmar a tese de que o nacionalismo galego moderno padece unha singular versión do síndrome de Penelope.

O 9 de novembro de 1989

Por un azar da historia, o 9 de Novembro é unha data cargada de importantes simbolismos.Na historia de Catalunya será unha referencia primordial no proceso de construción desta vella nación.

Salto cualitativo

En materia de corrupción, os últimos tres meses presentan unha evolución espectacular, unha aceleración vertixinosa.

Derrota política do PP

Mariano Rajoy decidiu aplicar a máxima de que unha retirada a tampo vale mais que unha vitoria.O PP dispón dunha maioría absoluta no Congreso que lle permitiría aprobar administrativamente o anunciado cambio na lexislación do aborto.

A importancia do diagnóstico

O BNG ten que realizar unha lectura acaída da nova situación e ser quen de tecer empatías e complicidades 

Os límites das balanzas fiscais

Hai poucos días, as balanzas fiscais retornaron ao primeiro plano da actualidade política.En realidade nunca abandonaron o amplo escenario das polémicas relativas ao financiamento das Comunidades Autónomas.No ano 2008, durante o goberno de Zapatero, foron publicadas oficialmente polos organismos dependentes da Administración do Estado despois dunha continuada reclamación de CiU.Agora, o ministro Montoro decidiu promover un estudo que, mais alá dos lóxicos debates e contrastes que se rexistran nos ámbitos académicos, pretende engadir mais elementos de confrontación nun dos principais terreos de xogo presentes na política estatal:o futuro nacional de Catalunya.

O reto do nacionalismo galego

Os resultados rexistrados nas eleccións do pasado 25 de Maio permitiron constatar a conformación dun novo electorado disposto a outorgar un voto de confianza a quen lle ofreza dúas características relevantes:vontade de unir aos discrepantes co actual estado de cousas e formatos organizativos diferentes aos que até agora integraban o mapa político.

Luces Vermellas

Para cualificar a calidade dos resultados do BNG nas eleccións europeas do pasado 25 de Maio resulta determinante considerar as expectativas previas existentes.No seo do corpo organizado desta formación predominaban as dúbidas e o temor a que houbese unhas cifras peores das que, finalmente, saíron das urnas. 

As incógnitas do 25-M

Nas eleccións ao Parlamento europeo do vindeiro 25 de Maio concorren un conxunto de circunstancias singulares.Por unha banda, atopámonos nun momento de máxima desconfianza social no labor da maioría dos representantes que actúan na política institucional.

O partido son eu

A montaña marianista tremeu e pariu un rato.Para designar ao ministro Cañete como cabeza da lista do PP ao Parlamento europeo non era necesaria toda a cerimonia desenvolvida por Rajoy nestas semanas precedentes.En realidade, o que estaba en xogo non era a identidade concreta do candidato nin sequera a súa eventual idoneidade senón a confirmación do estilo caudillista que preside a lóxica dominante no partido que, neste momento, dispón das maiores cotas de poder institucional coñecidas nos últimos anos.

A memoria do bipartito

O pasado 1 de Marzo cumpríronse cinco anos da derrota electoral do bipartito e case non se rexistraron comentarios ou reflexións dos protagonistas daquela singular experiencia.Non perdamos de vista que a coalición gobernamental acordada entre PSdG e BNG no verán de 2005 naceu do histórico fracaso padecido por Fraga que posibilitaba, por primeira vez, a formación dun executivo galego sen a presenza de formacións procedentes da vella arbore da dereita posfranquista.

Inocencia penal e inocencia política

“Hai que distinguir entre a inocencia penal e a inocencia política.A penal réxese pola presunción de inocencia, pero no ámbito político non hai que aplicar eses principios, nese caso teñen que aplicarse normas de comportamento ético e de transparencia”. 

Unha mensaxe de esperanza

A celebración das eleccións ao Parlamento europeo xa forma parte do horizonte temporal mais próximo.Poren, aínda non están definitivamente formalizadas as modalidades de comparecencia que realizarán as forzas nacionalistas galegas.A pesar de que os argumentos favorábeis a unha candidatura conxunta desas organizacións non foron apenas rebatidos, os principais esforzos están concentrados na negociación con partidos ou entidades actuantes noutros ámbitos territoriais do Estado

O mal menor

A lóxica do mal menor ven presidindo os xuízos valorativos sobre a evolución das vellas Caixas de aforro galegas dende o ano 2009.O contexto dominante naquel momento estaba caracterizado por tres feitos relevantes:a coñecida liña estratéxica da gran banca en favor da eliminación destas entidades non privadas, de carácter social; a política permisiva do Banco de España ante esa dinámica liquidadora e a constatación dos graves problemas de solvencia que presentaban as Caixas por mor da xestión temeraria dos seus directivos.

Pegadas imborrábeis

A indignación que percorreu o corpo social galego nos días seguintes ao inesquecíbel 13 de Novembro de 2002 reapareceu once anos despois por mor da sentenza ditada pola Audiencia Provincial coruñesa.

Desexábel e posíbel

Nun artigo recente sobre as vindeiras eleccións ao Parlamento europeo, Carlos Aymerich expoñía as razóns favorábeis á conformación dunha “ candidatura galega construída arredor dun programa de mínimos, nacionalista e de esquerda, aberta a todos e todas as persoas e organizacións que o asuman”.Lamentabelmente, existen moitos indicios que permiten pensar na inviabilidade de semellante obxectivo.

A utilización da violencia

O recente estoupido dun artefacto no edificio do concello de Beade, certifica a existencia de persoas que, no noso País, utilizan a violencia como ferramenta de acción política.Con independencia da consideración xurídica que podan ter estes actos (autorías individuais ou organizadas, infraccións penais hipoteticamente aplicábeis e procedementos formais requiridos) resulta evidente que estamos ante unhas prácticas que pretenden chamar a atención da sociedade e dos poderes públicos mediante unha serie de atentados dirixidos a determinadas empresas, institucións, partidos políticos e sindicatos.

A pelota de NCG no tellado de Feijoo

As traxectorias das vellas Caixagalicia e Caixanova e do actual Novagaliciabanco foron un bo test para medir o comportamento dos mais relevantes representantes dos poderes económico e político.

Os mercados non teñen memoria

O día 30 de Outubro de 1987 aparecía publicado en EL PAIS un artigo –“A loucura de 1929 repítese”- do economista John Kenneth Galbraith para comentar o derrube que se tiña rexistrado naqueles semanas no mercado de Wall Street.

Dimitir non é un nome ruso

Dúas recentes sentenzas xudiciais permiten incorporar mais elementos de análise para o debate aberto sobre a corrupción política na Galiza e no Estado.O Tribunal Supremo ratificou a absolución ditada pola Audiencia de Ourense a respeito da actuación seguida –no chamado caso paneis- por tres cargos do BNG no goberno da cidade e o mesmo tribunal acordou que Xosé Blanco non incorreu en prácticas delitivas no denominado caso Campión.A partir de ambas realidades xurídicas, reavívase o debate dos últimos meses:debe postularse a dimisión daquel dirixente político que resulte imputado nunha instrución xudicial ou é mais congruente agardar polo resultado final do veredicto?Os defensores desta última opción –maioritariamente ubicados nos ámbitos do PP e do PSOE- utilizarán as sentenzas referidas para confirmar a pertinencia das súas teses.Poren, existen argumentos para seguir mantendo a comenencia de abandonar os postos -nos parlamentos, nos gobernos, nas deputacións ou nos concellos- cando se formaliza unha acusación por parte dun xuíz instrutor.

“Mateina porque era miña”

A concentración de varias mortes de mulleres nas últimas semanas ten colocado no centro da atención mediática a persistencia do grave problema da violencia de xénero.

Despois de varios anos de vixencia dunha nova normativa xurídica sobre esta materia, existe unha desacougante sensación de impotencia que debería provocar unha dupla reacción:maior reflexión sobre o tratamento desta lacra social e un renovado compromiso de todos os sectores que non aceitamos convivir resignadamente coas intolerábeis estatísticas de vítimas causadas por semellante violencia.

A radiografía do CIS

Os datos facilitados polo CIS confirman a tese de que a contundencia do trunfo electoral do PP tivo moito que ver coa debilidade notábel do PSdG e do BNG.O feito de que Feijoo non sexa quen de aprobar na valoración da súa figura política a poucos días da consecución dunha maioría absoluta de escanos na Cámara do Hórreo (e, por suposto, antes de que se coñecesen as fotos da súa relación con Marcial Dorado) certifica a cativa brillantez da súa vitoria.É verdade que o PP segue mantendo unha fortaleza indiscutíbel, manifestada na carencia de transvases minimamente significativos dos seus votantes cara outras forzas políticas (un 91,5% mantivo o mesmo comportamento electoral a pesar de todo o sucedido entre ambas convocatorias).

A derradeira oportunidade

Nestas semanas estamos vendo o que sucede con Pescanova e con Barreras:no diagnóstico explicativo das dificultades polas que atravesan estas empresas ocupa un lugar destacado a dependencia financeira contraída coas institucións que dirixían Méndez e Gayoso. A toma da maioría do capital de Barreras por Pemex sinala o camiño do futuro probábel de Pescanova: un cambio na propiedade da multinacional que desprace definitivamente o centro de decisión que ate agora se atopaba en territorio galego.

A besta negra

A publicación das fotos de Núñez Feijoo con Marcial Dorado, realizadas no ano 1995, provocaron unha evidente incomodidade nos dirixentes do PP.Como acontece noutros episodios análogos, o importante non é só a propia existencia dos feitos reflectidos nas imaxes publicadas...

O dilema

Cando nos vindeiros anos alguén escreba a historia do BNG atopará un contraste sorprendente:entre a Asemblea de Amio e a que agora estamos celebrando tiveron lugar dous dos acontecementos mais relevantes de toda a historia da organización (as escisións e o pésimo resultado electoral do pasado mes de Outubro) e sen embargo non aparecen practicamente tratados no Informe de xestión e no relatorio desta Asemblea Nacional.

Os camiños da unidade

Como ocorre noutros ámbitos da vida social e privada, a unidade do nacionalismo galego valorase mais cando xa non existe.E, como tamén sucede en moitas ocasións, non se lle prestou a debida atención cando era unha vizosa realidade.

Predicar e dar trigo

Coñeceuse publicamente a celebración dunha Conferencia Política por parte da UPG o día 19 de Xaneiro para debater e tomar decisións a respecto da situación que está atravesando o BNG.Non pretendo discutir o dereito que ten este partido político ou calquera outra organización a celebrar as xuntas que considere necesarias sobre as temáticas que teñan a ben seleccionar.

Insultar a intelixencia

  Non fai falta posuír moita creatividade imaxinativa para realizar unha elemental simulación mental do que debeu ocorrer hai poucos días nos despachos oficiais.Preparando o documento orzamentario para o 2013, a conselleira de Facenda trasládalle ao presidente da Xunta unha das consecuencias derivadas da ditadura do déficit que preside a lóxica dos xestores de San Caetano.

A realidade e as ideas

Hai unhas semanas, nesta mesma páxina de SERMOS, Manuel Mera considerou necesario e oportuno rebater a resumida avaliación que realicei a respeito da situación na que se atopa o BNG.