De rexeneradores e de tránsfugas

Un número considerabel de veciños e veciñas do Val Miñor , veñen de facer público un manifesto intitulado "Pola rexeneración democrática dos concellos do Val Miñor " .Neste manifesto apelan a configuración de candidaturas unitarias para retirar do poder municipal os partidos do sistema .

Monte veciñal: S.O.S.

Admito que poida parecer pesado o que ,ao mesmo tempo poida parecer teima  de algunha organización de comunidades de montes,de laiarse continuadamente de que , o monte veciñal en mán común, a pesar de ser unha seña de identidade da nosa nación ,é un grande descoñocido. Admito tamén que unha parte de ese descoñocemento e achacabel a veciñanza comuneira .

Democracia, Partido Popular , auga e aceite

Amparandose na barreira do 5% dos votos para acadar representación institucional .Amarrandose a Lei D `hondt,que favorece aos grandes partidos , en detrimento dos outros , o Partido Popular , fai da <>democracia a sua leira .

Cando a mentira é o piar para defender intereses particulares

A política da consellaria do Medio Rural e Mar ,"sección montes",  está planificada ,dirixida e controlada polo "loby(ou lobo) da madeira".Para  corrobarar esta afirmación basta con votarlle unha ollada as "marcas" da  política de...

40 expertos forestais ou os 40 ladróns da cova de Alí Babá

No pasado mes de Xullo , pagado cos cartos de todos os galegos e galegas , a Asociación de Becarios  -Fundación Barrié de la Maza , presentou a Xunta de Galiza , un informe intitulado "Como mejorar el aprovechamiento forestal en Galicia". Este informe foi elaborado  por  40 expertos forestais  internacionais (como somos indíxenas ,na nosa nación ,non hai personal capacitado) académicos ,administrativos e empresariais. 

Os lumes forestais non son unha serpe de verán

Hai unha tendencia , errada no meu entender , de considerar os lumes forestais como un problema illado. Como un tema que somentes ocupa páxinas nos medios de comunicación social na época do verán ,como se fose unha mais das novas frívolas que abondan nesta época .Os lumes forestais non son unha praga bíblica,onde as causas que os provocan , veñen do mais alá.

Ence e as súas mentiras sobre o monte galego

Que a ubicación da factoria de Ence na Ria de Pontevedra é un atentado ecolóxico, téñeno claro ate os mais acérrimos defensores da pasteira .Mais agora, como a Lei de Costas, aprobada recentemente nas Cortes Xerais do Estado, sacandolle competencias ao poder galego ,permite a sua permanencia de xeito indefinido, estes, colleron folgos e valentia .

Biomasa forestal. Compre saber de onde vén o fume

Logo da vaga de lumes do verán do ano 2006, houbo consenso no sector de que a biomasa forestal residual e o mato en exceso ,facilitaba a propagación dos lumes e que era preciso xestionala .Diversos tipos de lexislacions  camiñaron neste sentido , ate que o Partido Popular ,retornou ao...

Austeridade marca PP: austeridade con sesgo ideolóxico

Vivimos nun mundo onde o poder (a burguesia como clase social) ,mediante unha hipnose colectiva , un encantamento global ,estalle cambiando o siñificado as palabras .Eles din democracia, cando queren decir dictadura do capital .Eles din liberación do mercado, cando queren decir privatización dos recursos .Eles dín axuste ,cando queren decir poda de dereitos e de prestacions sociais .

O deputado Ceferino Díaz e o monte veciñal

O movemento organizado das comunidades de montes , tivo o seu primeiro encontro con Ceferino Diaz no ano 1989 .Daquela era deputado do Parlamento Galego e responsabel de Agricultura e Montes do grupo parlamentar socialista .No ano 1989 estabase a debater no Parlamento Galego a primeira (e ate de agora única) lei de montes veciñais ,sendo conselleiro da Agricultura e Montes o sr Francisco Sineiro .

Débedas históricas dos montes veciñais: foros vellos e desafiuzamentos novos.

Cando as populacions do medio rural lograron a recuperación dos montes veciñais (a partir da década dos 60 do século pasado) estes foron devoltos con débedas , que chaman incorrectamente historicas A veciñanza comuneira ,para poder xestionar libremente os seus montes veciñais , ou ben tiveron que aboar esas débedas ( pagar un foro ) ,ou asinar un convenio coa Xefatura de Producción Forestal e pagarlle unha

Se todo o que cae na rede é peixe, acabamos co peixe. Polo tanto, non vale todo

Fai anos , nos mares das chamadas colonias , os frotas pesqueiras do primeiro mundo (paises imperialistas) ,arrasaban con todo. Largaban os aparellos as veces que querian .Dentro dos aparellos normais,colocaban outros de mallas mais pequenas (chamabanlle condons) , para coller peixes de todas as especies e tamaños .

Resultados electorais do BNG: parar, coller folgos e seguir para adiante .

Sempre ,pero ainda mais cando hai un resultados eleitorias negativos ,como foron os acadados polo nacionalismo nas pasadas eleccións ,as análises,non deben facerse en quente , co sangue fervendo ,porque se cadra , poden sair desenfocados .Compre deixalos amolecer , que collan pouso . En quente , escoitanse voces (honestas e con boas intencions), pero ,dende o meu punto de vista , fora do carreiro .