A próxima Asemblea do BNG non é de carácter ordinario por moito que figure no seu título. Iso é unha evidencia
Este artigo non vai sobre que deberían ter decidido as CUP desde a miña opinión de nacionalista galega.
O artigo terceiro da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero
Contan que houbo un país no que eran tantos os chamados á unidade que ficaron todos os seus habitantes xordos.
Xa non temos dúbidas. A natureza do debate principal na próxima lexislatura é moi evidente.
O que non podemos nomear non existe.
Catro de agosto. Hora aínda sen definir. O Parlamento galego recórtase a si mesmo a través do seu novo regulamento. Menos propostas, menos tempos, menos igualdade entre grupos, menos control ao goberno, menos democracia.
Fai uns días paseaba por Lobios. Nese momento no que o tempo se detén, as catro da tarde cun calor sen fin. Cheiraba entre herba seca e insectos. Ao fondo unhas galiñas lembraban cada pouco o seu existir coa desgaña propia da hora da sesta.
Camiñaba o pasado domingo polas rúas de Ferrol, baixo as consignas en defensa do sector naval galego, cando as palabras baleiras que adoito escoitar no Parlamento sobre o “Know How” asaltáronme o pensamento.
O camiño que vai do Eu ao Nós semella difícil, case que imposíbel na actualidade. O imperio do individualismo, agás escasas excepcións, é omnipresente. Vellas palabras trasnoitadas lembran que houbo un tempo no que falar do “ben común” tiña un contido, aínda que fora na utopía da palabra.
Pasaron xa tres meses desde a decisión unilateral da Mesa do Parlamento e da súa Presidencia de recortar o número de iniciativas do BNG nos Plenos.
Voltamos a Compostela o domingo 8 de febreiro con gañas de festa. Con gañas de cantar e bailar pola nosa lingua. Con gañas de sentir a familiar humidade da Quintana ateigada de xente. Voltamos a Compostela porque nos peta. Porque somos así, teimosas e teimosos.
Once mentes privilexiadas para grandes retos. Que sexan masculinas só é casualidade. Xa se sabe que o goberno dos mellores, desde que fai máis de vintecinco séculos Platón instalara tal consigna, conleva a escolla dos máis preparados, máis clarividentes, mellores oradores, con máis contactos, lealdade e confianza co líder.
“Matriarcas” de Guadi Galego abre unha interesante polémica feminista. Grande noticia. A cultura galega crea, chega a nós e móvenos algo por dentro. Confrontamos ideas porque estamos vivas.
Chegou o outono. Escoito estourar as castañas no lume como un eco da memoria esquecida. Non podo deixar de pensar que o debate do estado da nación galega tamén ficou esquecido. Logo dunha semana xa é historia. Ou se cadra minihistoria.
Unha das cuestións que máis me sorprende de todas as reflexións, comentarios e follas de ruta que marcan comentaristas, politólogos e medios de comunicación en xeral na semana de reflexión poselectoral é a preocupación pola saúde do bipartidismo.
Lembran os lectores e as lectoras aquel famoso concurso eólico do bipartito? Se cadra xa non... pasaron cinco anos e os ventos sopraron tan forte que deixaron Galiza desfeita por unha dereita insensíbel e totalmente antigalega. Se xa a memoria comeza a refrescarse, retomemos a imaxe do Feijóo candidato construíndo a grande mentira sobre o eólico e facendo dela parte dunha precampaña electoral na que todo valía, todo.
Do 16 de abril de 1061 data o testemuño máis antigo na Galiza, en concreto en Rairiz de Veiga, da institucionalización do desexo de dous homes. Mediante escritura pública Pedro Díaz e Muño Vandilaz estipularon a súa convivencia conxugal. O escrito está localizado no Tombo de Celanova e como a maioría dos centros de documentación medieval do Reino de Galiza foi espoliado, mais se queredes gozar da súa lectura acharédelo no magnifico libro de Carlos Callón sobre a configuración da homosexualidade na Idade Media
O 8 de marzo é o Día internacional da Muller traballadora desde fai de 100 anos. Data dedicada desde os inicios ao recoñecemento e reivindicación dos dereitos das mulleres. Dedicado a lembrar que os dereitos laborais, políticos, sociais, sexuais e reprodutivos das mulleres non son un agasallo de ninguén senón unha conquista con pasos adiante e, tamén, atrás.
Eu persoalmente non coñezo nin a Serafín Rodríguez nin a Carlos Rivas. Compartín con eles as rúas de Vigo o domingo 9 de febreiro baixo miles de gardachoivas pedindo xustiza. Xustiza para o elo máis débil desta crise económica, os traballadores e traballadoras.
En poucos anos pasamos de aparentar vivir no mellor dos mundos posíbeis a acuñar termos para describir todo tipo de formas de pobreza. Non penso que por segmentala en infantil, relativa, severa ou enerxética tratemos mellor o que é un claro empobrecemento xeralizado da sociedade que deixa a unha parte totalmente desposuída de todo. Sen emprego, sen prestacións e cos bens básicos con prezos disparados, a vida é unha especie de luxo para moita xente.
Hoxe quixera voar até un pequeno camiño que hai no lugar dos Muíños na parroquia de Vilanova en Lalín. Alí, subindo de Entre os regos cara o Castrelo, deixando a man dereita os Portalamas. Si os Portalamas. Onde se planta o cebolo e as leitugas. Onde viven as ras e as pitas-cegas. Onde os saltóns son grandes e gordos.
Houbo un tempo no que situar a imaxinación no poder era transgresor e revolucionario. Debaixo das rúas estaba a praia, pensar non era un privilexio e os sons de futuro semellaban inxenuamente esperanzadores. Non creo que os tempos pasados sexan mellores. Só recursos metafóricos para analizar o presente. Nese sentido as voces que apuntan á crise da intelixencia como a orixe da situación de derrubo da nosa sociedade son como bálsamos sanadores neste ermo no que habitamos. Así entendín as afirmacións do filósofo Lledó nunha recente entrevista.
Eu son deputada. Vivimos nun momento onde isto é sinónimo de cualificativos terríbeis. Por iso moitas veces téñome preguntado: que é iso de ser deputada?, como explico o meu traballo? Traballo, para o que, como moitas outras cousas na vida, non hai un manual.