Opinións de
Xosé Mexuto
   

Feixóo fica porque temía perder, temía o fogo amigo

Cando nos anos 90 do pasado século apareceu no cenario da man de Romay Beccaría , Feixóo foi apresentado á opinión pública como un tecnócrata eficaz. Non o é. É un político puro. E todo político puro ten unha paixón por cima de calquera outra: o poder.   Se vemos Feixóo desde o prisma da paixón polo...

Non deades por derrotada a Soraya

Si, sería un erro. O primeiro que se está a tomar moi en serio as opcións da ex vicepresidenta é Feixóo. Por iso transmite certas dúbidas. Por iso esa frase menos críptica que ambigua de que o que máis pesa na súa decisión é a súa condición de presidente da Xunta (á que tería que renunciar para concorrer ao...

Por que Raxoi marcha agora?

Raxoi é indescifrábel até para os marianólogos , mais avanzo unha hipótese. Mariano marcha agora porque non quer ser Aznar II. Non quer aparecer como o tutor do proceso de remuda do liderado no partido. Sabe que a súa sombra non é neste momento un manto protector, senón máis ben un lastro para calquera que...

O dilema do PNV

Non quixese eu estar neste momento na nómina de asesores do PNV. A tensión debe ser máxima. Nunca na historia do réxime de 1978 5 votos foron tan decisivos. Sabin Etxea é neste momento quen ten a chave da Moncloa. Calquera outro partido sentiría vertixe. Os jeltzales están máis ou menos afeitos a esas alturas....

Raxoi non vai demitir nunca

Lin nalgures, a long time ago , que unha das frases favoritas de Ronald Reagan era a de Never say never . Nunca digas nunca. Un pouco James Bond. Ben, pois aínda que nunca se pode dicer nunca, arríscome a escreber que Mariano Raxoi non vai demitir nunca. Ese, o de claudicar, non é o seu estilo. El é un...

En Venezuela non houbo fraude

Os resultados das presidenciais deste 20M en Venezuela parécense moito máis ao desenlace desexado pola oposición direitista e pro-norteamericana -participación por debaixo de 50 por cento do eleitorado- do que ao ambicionado polo Gran Polo Patriótico de Nicolás Maduro . Ergo , non houbo nen rastro de fraude....

A xente non lle falla ao galego

Iso é así. A grande maioría do país tenlle lei ao galego. Quérelle ben. Se reparades, poucas causas hai no país -se algunha- que mobilicen tanto -que sexan tan transversais, por usar ese palabro- como a causa colectiva pola dignificación do idioma que nos dá nome.   Esta quinta feira Compostela...

Desaparecida ETA

Desaparecida ETA, agora o pobo vasco poderá decidir libremente o seu futuro. Así sería de acreditarmos na mensaxe de fondo que o Estado español e as súas terminais propagandísticas machucaron durante décadas. Lembraredes aquela música: "En democracia pódese defender calquera proxecto político, sempre que se faga...

Portugal 1974, Espanha 1975

Em Portugal um movimento insurrecional pôs fim à ditadura. Em Espanha o ditador morreu na cama após deixar atado e bem atado quem iria ser o seu sucessor como chefe do estado, um Bourbon. Em Portugal a revolução abriu espaços de progresso graças ao impulso popular. Em Espanha as elites franquistas pactuaram a...

Podemos, sempre en crise

Non acredito que sexa un rasgo da nova política (se é que tal artefacto existe), mais eis os temos outravolta, a conspiraren contra si propios nunha escuridade relativa (rachada por un efémero e sospeitoso desliz en Telegram , a rede de comunicación favorita da equipa morada). Diríase desde fóra, nunha análise de...

Felipe González

Desde Suresnes FG é o heraldo dos intereses alemáns. Sen o SPD o PSOE non tería engolido o PCE tan axiña. FG é un político super-dotado, as cousas como son, e está varios corpos por cima dos que hogano compoñen o dramatis personae da política no estado. A súa reentrada no palco precisamente agora -no púlpito de...

Alberto e Cristina

Leo que Feijóo sae na defesa de Cifuentes . Non sorprende o Prietas Las Filas vindo de alguén que aspira a ocupar a maxistratura máis alta dun partido de cultura caudillista e funcionamento xenuínamente sectario - Luís, sé fuerte -, as sociedades secretas operan así, hoxe por ti, mañá por min. A música de...

A crise Quinteiro estóuralle a Villares

O desenlace da maratoniana reunión do grupo parlamentar de En Marea pon ao nu dúas conclusións evidentes: primeira, a esmagadora maioría das deputadas e deputados da confluencia non recoñecen o liderado de Luís Villares , quen nas reunións internas -e co apoio inopinado de Beiras- se pronunciou a prol da...

Suicidio

Cego e ebrio na súa exhibición de forza bruta, o Estado español estase suicidando. Encarcera e/ou empurra ao exilio a políticas e políticos soberanistas con resolucións xudiciais que non resisten a análise dunha estudante de primeiro curso de dereito. Alléase así o apoio de no mínimo 70 por cento das e dos...

A CUP equivócase

Non sempre é doado entender a lóxica da CUP. Tena, claro. Responde a unha determinada tradición moi catalá, ese nervo anarquista que atravesou as primeiras décadas do século XX no Principat. Visto desde fóra (sempre vemos todo desde fóra), paréceme, porén, que desta volta se equivocan as e os cupaires....

Hawking out of time

Breve historia do tempo é tan fascinante como un poemario de Borges . Non sei se o xenial poeta arxentino coñecía ou non a obra do astrofísico inglés (1942-2018) que acaba de deixar este mundo mais si sei que as súas especulacións sobre o paso do tempo, os xardíns dos sendeiros que se bifurcan, son un fío que...

Mariano lilá

A demoscopia empurra de moito nabo e, destarte, na reunión de brainstorming da Moncloa, primeiras horas da mañá, alguén di eureka e propón un aceno simbólico, presidente, o voto feminino é decisivo, xa estamos a pór en risco o dos pensionistas, non podemos recuar mais. Meu dito meu feito. Rajoy apareceu ás...

Feijóo con Évole

Ningún dirixente político vai a Salvados sen un cálculo previo de custos e beneficios. Ningún dirixente do PP se coloca baixo os focos de Jordi Évole se non pensa que ten máis a gañar do que a perder. Feijóo sabía a que ía e a que se...

Lois Obelleiro

Tiven a sorte de coñecer e tratar durante anos  Lois Obelleiro . Tïñalle moita lei. Era un grande home. Era un grande conversador. Era un tipo afábel, facía que sempre te sentises cómodo ao seu carón. Era un home culto.Tiña sentido do...

A democracia informal

O Estado español está a mostrar o seu rosto real no desenvolvimento do conflito político de Catalunya. Caeron todas as carautas. Non hai ningún disimulo. Un poder autocrático, trufado de inequívocos residuos franquistas, que se percibe a si propio como un Leviatán...

Catalunya derrota o proxecto do medo

Os resultados son os que son e a primeira evidencia que temos perante os nosos ollos é que este 21D de 2017 máis de 2,1 millóns de persoas votaron conscientemente forzas independentistas en Catalunya. Isto constitúe por sí só unha clara derrota do Estado español...

Despotismo

Sen un poder xudicial verdadeiramente independente do executivo non é posíbel falar de democracia. A decisión do Tribunal Supremo sobre a sorte dos 10 presos políticos cataláns non se ten de pé. A discriminación entre eles é un disparate xurídico....

Un insulto á intelixencia

Lembro ben a patética fotografía de Romay Beccaría , conselleiro de Meio Rural con Fraga, a mostrar un estraño artefacto incendiario, unha instantánea que, por asociación iconográfica, evoca a de Colin Powell a axitar aquel frasquiño...

O golpe continúa

A situación - a entrada en prisión de Junqueras e 7 consellers-  é gravísima. O Estado continúa a utilizar todos os seus resortes represivos contra Catalunya. O que estamos a viver é mesmo pior que un Estado de Excepción encuberto porque non só se...

Independencia frente autocracia

Máis que a independencia -valentemente proclamada polo Parlament esta sexta feira 27 de outubro-  o importante é o procés ou, se o preferides, a independencia é o procés , visto este como unha dinámica obxectiva, auto-organizada, do pobo catalán. A...

Golpe contra Catalunya

Destituír o Govern desde Madrid. Liquidar o Parlament de Catalunya desde Madrid. Controlar a TV3 desde Madrid. Esa é a resposta española (PP+PSOE+Cs, 68 por cento do voto nas eleccións xerais de xuño de 2016) fronte ao procés , unha dinámica social...

Prietas las filas

O artigo 155 é tan excepcional que nen sequer está regulado. Abre por tanto a billa á absoluta arbitrariedade. Na súa concepción era un dos elementos básicos do atado e ben atado:  en teoría pode pórse en marcha coa oposición do Congreso (que non...

Incendios: as responsabilidades da Xunta

As responsabilidades sobre os incendios forestais atinxen directamente a Xunta da Galiza. Non, amigas e amigos dos meios próximos a Monte Pío, aquí non ten nada a ver nen o maléfico Puigdemont nen o malvado Junqueras nen o pérfido Trapero.   Esta é...

A declaración de independencia posíbel

Ás veces, cando defrontas monstros internos e externos, a mellor declaración de independencia é aquela que non se explicita ou que só se insinúa, mais que si ten efeitos plenamente reais. Este 10-O, xa histórico, Carles Puigdemont ofereceu unha lición de alta...

'La Falange' está ao mando

Hai que agradecerlle a Pablo Casado , vicesecretario de Comunicación do PP, a súa prístina claridade. É mellor que os eufemismos fiquen no faiado e que a xente diga o que realmente pensa. O que pensa este destacado dirixente do partido que goberna o Estado, o partido que ten 47 por...
x