Un veredicto que non implica por forza a prisión permanente revisábel

O xurado popular ven de declarar culpábel ao Abuín Gey dos delictos de detención ilegal, asasinato e agresión sexual indeterminada a Diana Quer. Ao tempo, considera non probada a violación e admite a confesión polo reo da morte causada e a súa colaboración coa policía relevante, mais non absolutamente determinante,...

Temos que facer moito máis

A data conmemorativa do 25-N lembra a necesidade de parar o meirande problema de dereitos humanos que temos na Galicia e na Europa toda: a violencia machista. Semella absurda, en termos relativos, a preocupación por outras cuestións secundarias cando non estamos a ser quen de parar esta catástrofe. Sen dúbida...

Galicia 2020

A volta do BNG ás Cortes do Estado, con case 120.000 votos (26.000 máis ca en abril) ten o mérito indubidábel de superar o ferreño marco estatal (crise catalá, total falla de presenza nos media estatais…) no que se desenvolveron as eleccións e de lle pechar o camiño á representación parlamentaria de Vox. Galicia,...

Non discutimos

Non discutimos se lles digo que nos anos 20 do século pasado, nas cidades e vilas galegas, as mulleres de servizo axionllábanse diante das señoras da casa. Está documentado. Tamèn lles direi que despois da guerra civil falar galego significaba, quer falar mal, quer falar contra o réxime. Tamèn está documentado,...

O voto imprescindíbel

As eleccións estatais do vindeiro domingo 10-N constitúen o nidio fracaso da incapacidade da esquerda española (PSOE/UP) para se pór dacordo nun pacto, quer de coalición, que de lexislatura. Dentro do fracaso xeral das dúas forzas políticas o PSOE é máis culpábel, tanto pola diferenza proporcional en votos e...

Crítica dunha sentenza inxusta (II)

Na primeira xeira deste artigo non albiscábamos a conexión entre os feitos do 20-S na Consellería de Economía da Generalitat e os incidentes nos colexios electorais o 1-Ou e o delicto de sedición. Mais, á vista dos termos da sentenza do TS, o problema está na propia definición dese delicto. Dende 1995, a...

Crítica dunha sentenza inxusta (I)

A primeira crítica á sentenza do procès do Tribunal Supremo (TS) é a extrema duración das penas de prisión impostas aos nove presos e presas soberanistas cataláns: entre 9 e 13 anos de prisión. Moi superiores ás impostas a todos os condenados no 1983 polo 23-F, agás Tejero, Miláns e Armada, tendo en conta ademáis...

No bo camiño

Ninguén pode afirmar que o acordo político para as estatais entre o BNG e CompromisoxGalicia (CXG) sexa a fórmula máxica para a competitividade electoral do soberanismo galego. En realidade, non é máis ca un pequeno paso adiante, que encarreira, mais non abonda para facer chegar por si propio á meta. Este acordo...

A trampa do financiamento autonómico

A fins deste agosto defendímos nun artigo  que a Lei 50/1997, que regula o Goberno do Estado e a súa Administración, outorgáballe ao Goberno Sánchez en funcións poderes abondo para resolver tres tipos de cuestións: as de xestión ordinaria, as urxentes e as vencelladas ao interese xeral. Xa que logo podería...

Núñez Feijóo contra o galego

A enquisa do Instituto Galego de Estatística (IGE) de 2018 a respecto do uso da nosa lingua propia reflicte uns dados moi negativos no que atinxe ao uso e coñecemento do galego das persoas entre 5 e 15 anos e máis ao uso público da lingua co persoal sanitario e educativo e no ámbito laboral cos xefes. Deste...

Os dereitos na diversidade funcional

Galicia está a fallar como sociedade do benestar en varios eidos. Mais o fracaso na garantía real dos dereitos das persoas con diversidade funcional (o que aínda moitas chaman desaqueladamente “discapacidade ”) é grave abondo como para nos cuestionar abertamente o que se está a facer pola Xunta e demáis...

A resposta galega

Analisábamos hai poucos días a absoluta irresponsabilidade e falla de utilidade da esquerda española. Velaí a maioría progresista dende decembro de 2015 que non foi quen nin de derrogar a lei “mordaza”, nin a grave restrición da autonomía local da Lei de modernización dos gobernos locais nin a recentralizacion e...

A falla de responsabilidade da esquerda española

Dende as eleccións do 28-A, cualificadas pola extraordinaria mobilización do electorado progresista estatal, os irresponsábeis Pedro e Pablo xogaron ao máis cativo e paifoco tacticismo , esquecendo de xeito patente as esixencias do interese xeral e máis o mandato da cidadanía, que decidiu un goberno de coalición...

Os dereitos humanos no cárcere

Nun réxime alicerzado na democracia e no respecto ás liberdades a pena de cárcere ten unha tripla función de prevención especial (impedir certo tempo a liberdade de movementos do penado), prevención xeral (amosarmos que o delicto xera un acaído castigo) e de rehabilitación. Nos réximes demoliberais o cárcere...

Setecentos millóns de problemas

O Estado español adebédalle ao noso País, só por conceptos devengados no 2019, 700 M€. 200 por liquidacións da participación autonómica no IVE que nos adebeda Madrid,  330 polas achegas a conta lexisladas na normativa de financiamento autonómico e os  outros 170  por manter o equilibrio orzamentario...

Precisa Galicia dun imposto turístico?

O turismo constitúe xa unha das principais actividades económicas na Galicia, achegando 5M de visitantes (case dous visitantes por residente) que inxectan na nosa economía uns 6.400 M€/ano , o 11% do noso PIB.  Cómpre asumirmos esta realidade. Mais por mór das nosas deficiencias á hora de captarmos turismo de...

Pedro Sánchez insulta a nosa intelixencia

Co balbordo éste da fracasada ou-seica- interrupta investidura comentouse ben pouco a proposta enunciada no seu programa como candidato parlamentario polo Presidente en funcións do Goberno do Estado, de reforma do artigo 99 da Constitución para investir directamente ao candidato máis votado nas estatais. A tal...

O silencio internacional de Galicia

Os países como Galicia teñen necesidade dunha política exterior. Ë verdade que no contexto internacional de hoxendía o acaído é que só exista unha única diplomacia europea. Mais a política exterior é outra cousa e precisamos unha de noso. Galicia é sinónimo de calidade internacional nunha boa cantidade de...

Pedro e Pablo

Non falarei da catedral de San Petersbourg, nin tampouco dos santos apóstolos do 29 de xuño. Falaremos do que cómpre, da irresponsabilidade da esquerda española. O 28-A a cidadanía do Estado deulles un 28,7 de votos ao PSOE e a metade-14,3%--á UP. Sólidos alicerces para unha maioría parlamentaria pactando cos...

O atraso tecnolóxico de Galicia

Non é casualidade que o noso País estea atrás de todo no ranking dos territorios europeos máis abertos á Investigación, Desenvolvemento e Innovación (I+D+i). Ocupamos o 190 lugar, moi lonxe de Norte de Portugal e mesmo das demáis rexións portuguesas que están a vivir un proceso de potente aceleración tecnolóxica....

O pazo é noso

A demanda xudicial reivindicando a propiedade pública do Pazo de Meirás que ven de presentar nos Xulgados d’A Coruña a Avogacía do Estado abre o camiño cara a devolución do Pazo á cidadanía galega, descendente daqueles nosos bisavós e avoas que o pagaron, quer co obrigatorio desconto dun día de soldo, quer coa...

Un proxecto de País, un proxecto social

Falta no galeguismo político un proxecto de país que, ao tempo, constitúa un proxecto para as maiorías sociais, como si existía no Partido Galeguista no 1932-1936 e no BNG nos 1997-2009. Ou, na actualidade, no PNV, no escocés SNP ou no galés Plaid Cymru. PNV, SNP e Plaid Cymru propoñen arestora proxectos...

Os riscos da externalización dos servizos públicos

Externalizar non é privatizar.O servizo público externalizado continúa sendo de titularidade pública e xestión privada e o xestor, o concesionario, ha continuar a prestar o servizo dacordo cas regras que lle sinale o sector público, e suxeito ao control e inspección da mesma. A colaboración público-privada, canda...

Resistencia Galega

Nunha democracia, diante da realidade dun delicto só cómpre a reacción penal, investigando o feito e condenando aos seus autores. Na Galicia do 2019 é totalmente rexeitábel dende os pontos de vista político e ético o exercicio da violencia, por baixa que sexa a súa intensidade e malia que non xere ou non queira...

O sofisma da selectividade única

A ABAU (Avaliación do Bacharelato para o acceso universitario) cumpre substancialmente a función que antes desenvolvía a vella Selectividade. Sonlles probas sempre discutíbeis pola súa necesidade, pola súa oportunidade e pola súa xustiza ponderando cadanseus coñecementos das persoas candidatas. A ABAU mide sobre 10...

O devalo de Núñez Feijoo

Dicíamos hai unha semana que as dúas grandes novidades das eleccións locais na Galicia eran o refluxo das Marés e máis o grave fracaso do PP. Daquela desenvolvimos o do refluxo mareante e agora é o intre do fracaso do PP, do devalo de Núñez Feijóo. O PPdeG fracasou en todos os seus obxectivos xerais nestas...

O refluxo das marés

As dúas grandes novidades das votacións locais do 26-M na Galicia son o grave fracaso do PP e o refluxo das Marés locais. O PP fracasou no seu obxectivo de recuperar algunha das tres Deputacións que non gobernaba (A Coruña, Lugo e Pontevedra) ou algún dos seis dos sete principais concellos galegos nos que xa...

A utilidade das doazóns de Amancio Ortega

O balbordo xerado polas doazóns da Fundación Amancio Ortega ao Sergas e a outras Administracións sanitarias esixe pormos a cuestión no seu xusto termo, sen nos deixar levar polos argumentos de a patacón que as dereitas e Unidas Podemos están a usar neste superficial debate. Son dos que prefire que os ricos...

O exemplo do María Casares

Hai iniciativas sociais que chaman a atención pola súa imaxinación, pola súa creatividade e pola súa eficacia social. Velaí a do profesor Nel Vidal do I.E.S. María Casares no concello de Oleiros, na área urbana coruñesa, co gallo deste Día das Letras.   Nel Vidal constatou o baixísimo uso da nosa lingua...

A utilidade do autogoberno

É preciso influirmos en Madrid e Bruxelas cunha representación parlamentaria de noso e máis facendo lobby . Aló adóptanse decisións fulcrais para a nosa economía e benestar e máis se asignan moitísimos recursos económicos. Galicia ten que estar aló onde se adopten esas decisións para defender os intereses da nosa...