As súas ideas non son benvidas

Na nosa Galicia somos en xeral respectuosos coas ideas dos demáis, co seu xeito de vida, coas súas lexítimas opcións políticas, ideolóxicas, relixiosas, sexuais... No noso País as nais solteiras equipáranse en número as casadas, mentres só o 27% da poboación escolle a opción do financiamento á Igrexa Católica na...

Votar axenda galega

A axenda galega está desaparecida da campaña, cando o que precisamos é poñela de diante, como van facer os vascos do PNV ou os valencianos de Compromís cos intereses de cadanseus países.   Galicia non ten nin tivo nunca Gobernos amigos. Galicia ten intereses. Cómpre, pois, defendelos aos partidos...

Deféndese o Estado dende os sumidoiros?

Seica dixo Felipe González, noutrora líder disque socialista, que ao Estado cómpre defendelo tamén nos sumidoiros. Dende logo algúns dos seus máis achegados colaboradores (desculparán que non vaia máis aló mentres non haxa probas) aprendéronlles ben a lección. Lembren o GAL.   Institucionalizouse entón...

Dúas normativas para o galego?

A Associaçom Galega da Lingua (AGAL), que preside Eduardo S. Maragoto ven de propor intelixentemente a admisión en pé de igualdade, canda a normativa oficial da Real Academia Galega, da normativa do galego internacional, aquelando conscientemente o criterio de identidade co de utilidade e poñendo o foco tanto na...

Os que rachan a convivencia

O extremismo marca a axenda política que quere impor o tripartito da Santa Alianza (PP, Cs e Vox). Tamén nas súas obsesións contra o galego, lingua propia de Galicia e, aínda, da maioría de nós. Despois das falsidades de Toni Cantó (Cs) e máis de Ortega Smith (Vox) sobre unha inexistente discriminación do castelán...

Dez anos desde a fin do mellor goberno (II)

O goberno de coalición BNG-PSdeG (2005-2009) tiña un proxecto de País. Moi evidente no caso do BNG de Anxo Quintana, menos no caso do PSdeG ( despois os socialistas non voltaron ter unha organización galega que falase cunha soa voz). A diferenza cos dez anos de Goberno Feijóo é evidente. Porque o das Peares optou...

Sentenza ideolóxica contra o galego

A mesma Sala do Tribunal Supremo que rectificou a súa doutrina para impedir que os Bancos pagasen o Imposto de Actos Xurídicos das escrituras notariais ven de fixar xurisprudencia a respecto do uso do galego nas Administracións locais declarando a ilegalidade de determinados contidos da Ordenanza lingüística que o...

A España do NODO

A demostración deste domingo en Madrid, organizada polo tripartito da Santa Alianza das dereitas, xuntou ben menos xente da prevista polos seus organizadores, moita menos ca a acadada polo PP contra a lei do aborto ou o matrimonio homosexual no 2004-2006. A Delegación do Goberno falou de 45.000. Moita xente, mais...

Democracia fronte ao supremacismo

Vai facer agora dez anos dunha manifestación na Quintana compostelá deseñada dende o nacionalismo español contra da nosa lingua, cultura e identidade. Unha manifestación baseada na mentira de que o Goberno galego de coalición BNG-PSOE quería impór o galego, cando simplesmente determinaba un mínimo do 50% de uso da...

Autogoberno fronte á recentralización

O Parlamento do noso País vén de aprobar por unanimidade unha resolución proposta polo BNG para lle reclamar ao Estado a convocatoria da Comisión mixta de transferencias que aprobe o traspaso a Galicia dos medios e servizos precisos para completar o teito competencial do Estatuto.    Calquera...

O diñeiro que nos pertence

O  proxecto de Orzamentos estatais para o 2019 diminúe nun 19% os xa cativos números de Rajoy para o 2018, causando unánime rexeitamento. Ana Pontón (BNG) e Luís Villares (En Marea) coincidiron na avaliación, visibilizándose, no caso mareante, unha liña política independente fronte Unidos...

Sumar para gañar

O acordo acadado polo PP, Cs e Vox  para gobernar Andalucía amosounos o grao de consenso real da Santa Alianza da dereita extrema, unha e tripla a respecto da axenda a impornos, que recolle grande parte das propostas reaccionarias de Vox: recortes nas políticas sociais e de igualdade de xénero, política...

A postverdade do presidente

p.p1 {margin: 0.0px 0.0px 10.0px 0.0px; text-align: justify; font: 11.0px 'Trebuchet MS'; -webkit-text-stroke: #000000} p.p2 {margin: 0.0px 0.0px 10.0px 0.0px; text-align: justify; font: 11.0px 'Trebuchet MS'; -webkit-text-stroke: #000000; min-height: 12.0px} span.s1 {font-kerning: none} Na recente...

A Santa Alianza

Despois da era napoleónica, hai uns 200 anos, as monarquías absolutas de Francia, Austria-Hungría, Rusia e Prusia formaron a Santa Alianza para reprimir calquera revolución liberal e democrática na Europa, como fixeron coa española de 1820-1823. Hoxendía, PP, Cs e Vox, tres partidos distintos nun único Aznar...

Dimensionarmos o de Sabela

Desejava de te ver, trinta dias cada mês cada semana o seu dia e cada dia umha vez.(*) (*) Tris tras- Marful   A participación de Sabela Ramil no programa Operación Triunfo da TVE , cantando en lingua galega en tres ocasións, xerou unha grande simpatía na cidadanía galega, amosando unha...

A degradación da asistencia sanitaria primaria

22 xefes de servizo e unidade de atención primaria do SERGAS da área sanitaria de Vigo (máis do 80% dos da área, a máis poboada deste país) veñen de demitir. Segundo din, até de agora organizaron as carencias da sanidade pública, mais “non se pode organiza a miseria”, xa que “o sistema mantense só polo sobreesforzo...

Mais Galicia fronte a Vox

Un 11% do 58% de andaluces que votou este día fíxoo pola radicalidade extremodereitista de Vox. Case un 6,4% do censo. Moitísima xente.   A epifanía de Vox veu dada pola propaganda que lle fixeron todos os partidos unionistas. Dende un PSOE que quixo garantir o Goberno andaluz dividindo o voto da...

Presos políticos en folga de fame

Os deputados cataláns de Junts per Catalunya Jordi Sànchez (antigo presidente da Assemblea Nacional de Catalunya-ANC) e Jordi Turull (conseller de Presidencia con Puigemont) veñen de decidir unha folga de fame para denunciar, ao xeito da tradición da non violencia do Mahatma Gandhi e do alcalde de Cork,...

España non mira polo noso

Vaia balbordo o do Brexit! Porque outravolta o PSOE de Sánchez mercoulle á dereita española o seu concepto de España como realidade uninacional plurisecular para centrar a súa oposición ao acordo UE-Reino Unido (UK) sobre o Brexit no estatuto de Xibraltar. Oposición seica xa retirada arestora por mor dun acordo...

Cen anos de nacionalismo galego

p.p1 {margin: 0.0px 0.0px 10.0px 0.0px; text-align: justify; font: 9.0px 'Trebuchet MS'; color: #232323; -webkit-text-stroke: #232323} p.p2 {margin: 0.0px 0.0px 10.0px 0.0px; font: 9.5px 'Times New Roman'; color: #232323; -webkit-text-stroke: #232323} p.p3 {margin: 0.0px 0.0px 10.0px 0.0px; text-align:...

O desprestixio do cumio xudicial español

A recente decisión da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Supremo (TS C-A) acordando por 15 maxistrados contra 13 voltaren á xurisprudencia anterior á súa sentenza do 16 de outubro e, xa que logo, atribuíndolle o pagamento do Imposto sobre as hipotecas aos consumidores, constitúe un dos feitos máis...

Podemos quere liquidar En Marea

Podemos e a súa  socia secundaria, IU, queren liquidar En Marea, converténdoo nun  apéndice galego subordinado. O chocante  é que conten para ilo coa ferramenta de Anova.   No outono de 2015 as plataformas cidadás Iniciativa pola Unión e Encontro pola Marea Galega tentaron construír...

Polo dependentismo cara á irrelevancia

Escrebín hai poucos días que o peche n’A Coruña da factoría de Alcoa tiña como orixe bastante próxima a súa venda en 400M USD por Aznar en 1998, nun contexto previo onde os sucesivos Gobernos do Estado impediron o desenvolvemento do sector público empresarial galego deseñado no Estatuto.   Agora...

Xustiza, banca e democracia

A Lei que regula o imposto sobre as escrituras notariais determina o seu gravame ás custas do beneficiado pola mesma. Porén, o Regulamento que a desenvolveu dixo que nos prèstamos hipotecarios o suxeito pasivo do Imposto sería sempre o que recebe o préstamo.   A Sala do Civil do Tribunal Supremo...

A derradeira lección do mestre

Castelao debuxou “A derradeira lección do mestre” para facer parte do seu álbum Galicia Mártir , editado en febreiro de 1937 como denuncia internacional dos crimes da reacción fasciofranquista. No 1945, inspirado no debuxo, pintou o óleo, doado polo rianxeiro ao Centro Ourensán de Bos Aires e propiedade agora do...

Un ano de reacción unionista

Moitas cousas mudaron no ano desenvolvido dende a consulta cidadá en Catalunya o 1-Ou do 2017. Mais nada se avanzou na resolución do problema político, que non é outro que lle dar unha canle á cidadanía catalá para que elixa o seu futuro.   Hai un ano, poucos días antes do 1-Ou, escrebín que a...