Opinións de
Rodri Suárez
   

Núñez Feijóo, patriota galego

Como diría o clásico, “pasou o que pasou”. E Alberto Núñez Feijóo desbotou entrar na loita polo liderado do PP estatal, polo menos nas actuais condicións. Non lle toca salto a Madrid, ese soño seu. A nova -sorprendente, pero non tanto- xa foi analisada con gran tino por decenas de persoas. Polo tanto, pouco máis...

Contra Nadal e Iniesta

Antes da actual crise -a que leva dez anos en acción, non a de cada programa matutino da Sexta- España tiña un Superheroe. Non era o simpático Súper López nin o hípermusculado Aznar, senón unha figura intocable e ademais inviolable legalmente. Falamos de El-Rei, Juan Carlos I. Eran tantas as veces nas que a súa...

Non votarei en 2015 a...

Como mínimo este ano hai dúas chamadas ás urnas: as municipais e as xerais. E posto que iso dos propósitos de ir ao ximnasio ou mellorar o inglés están máis que vistos, vai unha lista de promesas cara o ano que entra sobre a quen non vou votar:

Chámase asasinato

Un covarde crime fascista perpetrado por un grupo neo-nazi contra un seareiro deportivista. Iso foi o que pasou en Madrid por moito que se intente negar intentando repartir culpas entre uns e outros. 

Bícame, son galego

Cando a calidade do contido resulta secundaria respecto á lingua que se usa e se cae no confort paralizante e no auto-engano. 

As ondas de Xurxo Souto

Premio, o que se di premio, non me deron ningún na vida, cousa absolutamente lóxica, por outra parte. 

Futuro de defuntos

Escoitabamos máis heavy metal do recomendable

Hai un turista na Xunta

Unha txalaparta vasca, un presidente autonómico e un regreso desastroso do cronista. Festival humillante contra quen visita sen mirar. 

Enfermeiras de Lugo

A miña vida é política. Non falo de militancias, cargos ou dunha heroica mobilización constante.

A cona de Flau Blücher

Nese ano 1974 deron o seu primeiro concerto os Ramones, Patricia Hearst uniuse definitivamente ao Exército Simbiótico que antes a secuestrara

Oito diálogos vascos

Interior. Día. Unha cafetería normal, de café con leite e tapa de tortilla. Clientela variada.

Por un fútbol sen política

A medias entre os responsables gobernamentais e a nova directiva do Deportivo, o estadio de Riazor viviu o pasado domingo un episodio grotesco. Namentres na bancada dos seareiros do Sporting lucían un par de bandeiras para-nazis (con certa camuflaxe) a cen metros os seguratas retiraban ás présas unha pancarta en contra da reforma reaccionaria do aborto. Simbólico criterio. Houbo protestas, no campo, nas redes, nos medios.

Florentino Pérez

Terra españolizada. Como as bateas ciclistas. E moitas festas municipais.

Imbéciles

Mestura de rexouba e precaución, investigar o que pensan de nós é unha das actividades ás que lle dedicou máis tempo e esforzo a humanidade durante a existencia toda. Queremos saber que opinión teñen sobre nós os xefes -do pasado, do presente, do futuro-, @s compañ[email protected] de traballo ou @s [email protected], poucos sobresaltos máis fortes existen que o de espertar ao coñecemento de que aquel/a que pensabas que daría a vida por ti realmente non te atura. 

Precisamos saber que pareceres provocamos nos demais, buscamos datos e pistas a cada momento e até creamos pequenas axencias de intelixencia para alcanzar a verdade. Especial interese atopamos en saber que senten por nós aqueles ou aquelas con quen desexamos compartir sexualidade, incluso amor e vida en común nalgúns casos. Para influír nos posibles resultados nese ámbito incluso se inventou unha industria como a de sedución. Ou para adaptarse -ou non- ao que deles esperaramos ou saber onde deben traballar mellor a manipulación para gañar afectos, as elites recorren a custosas enquisas. Vivimos nunha eterna preocupación por ese misterio maior que é descubrir que pensan de nós. 

Xustiza sen alcohol

Hai clases. @s que poden tomar substancias tóxicas para manipular unha competición deportiva  son ídolos sociais; quen as toma para o seu propio pracer, un delincuente. Existen amplas sospeitas sobre iso que se dá en chamar “a idade de ouro do deporte español” (vía maior de penetración do centralismo, por certo, malia que logo haxa que ver a algúns nacionalistas [email protected] celebrar intensamente os éxitos da Roja, nun delirio suicida). Ata o Goberno defendeu ao ciclista Contador -botando a culpa a carniceiros vascos, que propio- ou criticou a un programa de humor francés -disparate absoluto- por facer brincadeira sobre o asunto do dóping hispano. Mira se lles vai no asunto. 

Contra o consenso

Entre os moitos locutores deportivos que non destacan pola súa bagaxe cultural poñamos que existiu un -seguramente varios, 

A maioría "violenta"

O PP vén de declararlle a guerra tamén ás enquisas, basicamente porque non lle benefician. É unha práctica habitual na dereita española, xa hai unha década desprezaban abertamente aquelas que indicaban que o 90% da cidadanía do estado español rexeitaba...

[email protected] da Transición

Teño un amigo co que comparto certo aburrimento cos tópicos sobre @s [email protected], que adoitan ser cousa de maiores. Pero como é un tipo con talento, el sabe levalos ao seu divertido terreo. Non se considera especialmente agraciado no físico e así un día -seica inspirado por algo...

Drogas no Parlamento

Cando escribo estas liñas -venres á mañá- non hai convocada ningunha concentración diante do Hórreo para berrar pola dimisión de Núñez Feijóo na mesma sesión vermú na que declarará diante do Parlamento sobre a súa...

Día da poesía

  O pasado xoves seica foi o Día da Poesía, suponse que internacional, que é como adoitan denominarse estas celebracións. Resulta asunto polémico isto dos “días de”, mais se a causa é xusta benvidos sexan, especialmente cando, como neste caso, non teñen nada que ver cos intereses comerciais de El Corte Inglés ou Coca Cola.

Privilexio de mileurista

O repagamento chegou aos comedores escolares. O PP prefire aboar enormes soldos a banqueiros antes que darlles de xantar de balde ás crianzas do ensino público. Ese é o triste titular.Mais para lavar a cara galopín, os gobernantes da dereita argumentan que @s [email protected] con menos recursos seguirán sen pagar.

Odio eterno

A noticia saiu nalgúns medios, de fontes algo difusas pero dende logo coherente co camiño que está a emprender o fútbol de elite. Contaban que en Qatar, ese Estado petrolífero e escasamente demócrata, os xeques que xa conseguiron un Mundial están intentando organizar nos seus dominios unha Champions planetaria, exclusiva para os grandes clubs e os xigantescos patrocinadores. Eis o triste futuro dun deporte.

Clase obreira

Eu só traballei en dúas cousas, unha fágoa dende hai bastantes anos (xornalista) outra fíxena un tempo hai moitos anos (camareiro). En todo caso, se me preguntan que son sempre respondo o mesmo: son obreiro.

Delincuencia xuvenil

Síntomas preocupantes. Malia vivir nunha sociedade algo acomodada, o saqueo bautizado como crise comeza a traer de regreso cuestións que parecían case desaparecidas, por exemplo a da que se coñeceu como delincuencia xuvenil. Cuns índices de desemprego brutais, un futuro inexistente e o colchón familiar en extinción, as alarmas volven soar sobre ese enorme caudal humano que é a mocidade, agora convertida en condena.

Traxedia e farsa

Que se repite é seguro. A Historia. Onde acabe é máis dubidoso, por moita leria neoliberal de Fukuyama dicindo que terminou. Continúa. En bucle. E seguramente “primeiro como traxedia, logo como farsa”, tal e como escribiu hai moito Karl Marx.

Ratzinger XVI

Ás veces, por ser lóxico fanche sentir raro. Escoitar que un señor de bata branca moi reaccionario que pensa que as pombas poden inseminar a mulleres virxes -e cuxos grandes traballos versan sobre a existencia ou non dunha mula nun portal da Palestina de hai 2.000 anos- é un “grande intelectual” son desas que descolocan. E vale que as crenzas son libres. Pero a credibilidade non.

Xeración Terrorista

Hai un grave problema neste país. Iso di o PP. Non lle falta razón, pero moi lonxe dos seus términos. Quere a dereita que o amordazado Parlamento galego asine unha declaración “en contra do terrorismo”, esa gran preocupación.
x