Pilar Pallarés no Agora

Convócanos este acto de celebración da Escritora na súa terra, para lle entregar a letra E á poeta Pilar Pallares. É un acto de recoñecemento da súa obra poética e literaria, e da súa longa traxectoria cultural, tamén nas plataformas cívicas ou culturais nesta cidade e en toda a Galiza. É un acto de...

No Día de Rosalía

Vimos ao Panteón de Galegos Ilustres para honrarmos a nosa máis alta poeta ás portas do seu día, o Día de Rosalía de Castro . Vimos para a celebrar neste aniversario do seu nacemento; para reivindicar, un ano máis, un Panteón de Galegos Ilustres laico, de...

O lugar de soberanía do idioma

Vimos celebrar tamén ás institucións culturais e aos homes e mulleres que fixeron e fan da nosa cultura o centro de gravidade do seu labor. Sería impensábel a nosa cultura e a actividade da AELG sen a colaboración fértil destas institucións 

Francisco Carballo, na memoria dun bo e xeneroso

A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega celebra neste abrazo colectivo a vida e a
obra dun bo e xeneroso, a obra do profesor, do historiador do mestre de escritores. Celebramos
ao compañeiro na escrita nutricia.

Homenaxeamos un bo e un xeneroso

En 2012 Francisco Carballo recibiu a distinción Bos e Xenerosos que outorga a Asociación de Escritores en Lingua Galega. Reproducimos aquí o discurso que con tal motivo pronunciou o seu presidente, Cesáreo Sánchez Iglesias.

Na nova biblioteca de Carballo

Inaugurar unha biblioteca pública é un profundo acto de amor para co noso idioma,  é un profundo acto de amor á humanidade e é un acto de irrenunciábel esperanza. É, en fin, chantar os íntimos alicerces    onde  asentar as pedras basilares da arquitectura da nación que soñamos.

Volver a Luísa Villalta

Luisa Villalta é da estirpe de María Miramontes, de Sira Alonso, de Esther Casares mulleres galegas enormes coma ela coa vitalidade irredutible da súa poesía co seu exemplo ético, cunha conciencia insubornable que podemos ler na testemuña vigorosa da sua palabra poética, dos seus ensaios, das súas obras de teatro, dos seus artigos ou colaboracións xornalísticas.

Xela e Valetín

Foron mans e alma de toda forma de creación en galego coma un acto fermosamente  xeneroso,  nun tempo no que eles sabían que era necesario chantar as pedras basilares dunha Terra tan mancada. Eles sabían que  Galiza non podía ser arbore sen raíz .

Na gala das letras

Cada obra literaria cada obra de creación cada lenda ou acto de comunicación creador no noso idioma é un acto de rebeldía  que fai amencer nos eidos da nosa terra para que dia a dia sexa construtora do seu propio destino: Rosala e Curros, Antón Avilés e Xoana Torres, Lois Pereiro,  Luísa Villalta e Xela Arias,  e tantos e tantas sabían  que Galiza era unha terra á que lle corresponde nacer cada dia, que tiña unha cita cos seus fillos e fillas xenerosos que a soñan mentres a fan nacer.

No Campo da Festa Marica Campo

Vimos Marica Campo chantar a Pedra da Escritora nesta túa terra, xa por ti tan nosa, aquí na cerna túa que afunde a súa raíz no tempo que arrola entre as montañas.

Manifesto Galego no Día Internacional do Teatro

Sempre pensei, e así o digo nalgún poema: só somos como nos soñamos cando amamos.  Mais engadiría a isto que só da mao do teatro somos capaces de nos soñar nos outros, ao nos reflectir nas súas personaxes.