Carvalho Calero segue vivo

Cando a Real Academia Galega anunciou que dedicaba o próximo ano á celebración da figura de Ricardo Carballo Calero de primeiro pensei que era un erro, negándolle a Ricardo Carvalho Calero o dereito ao nome de autor que el escolleu conscientemente o que facían era porfiar cun morto. Era un erro desde o punto de...

No que estamos

Ao falar das eleccións locais adoitase dicir que importa moito máis o candidato e que non son tan “políticas”. Vaites coas eleccións “non políticas” que arrombaron a monarquía Borbón en 1931 e que desta volta revolven o mapa político español e aclaran o galego. Certo que nos concellos pequenos son moi determinantes...

Que viva don Antonio e pereza “San Antón”

E pois é, este tamén é un deses artigos que veño escribindo case cada ano polo mes de maio desde hai décadas (o primeiro debeu ser “Día das Letras defuntas”, hai máis de trinta anos, cando La Voz aínda me publicaba, de modo que xa se ve para que serven).   O argumentario, o de sempre: o Día das Letras...

Dialogar, de seguido e con humildade

Escribo isto antes de se cerrar as votacións e penso que sexa cal sexa o resultado non muda o sentido do artigo.   O resultado, sexa cal for, é a consecuencia dos nosos esforzos e dos nosos méritos e tamén o resultado dos nosos erros. Este país segue a precisar unha gran forza política nacional e...

Arrombar o piñeirismo de vez

Hai tempo lía en “Delirio y destino” da moi estimada María Zambrano, unha ollada atrás ao mundo e o tempo da España da II República e ,consonte gustaba da beleza do libro, constataba que na lembranza daquela súa España non existía a Galiza nin os galegos e galegas de modo ningún. Era a España castellana soñada por...

O libro de Camilo Nogueira

O novo libro de Camilo Nogueira é asombroso. Primeiramente é asombrosa a enerxía vital e a capacidade intelectual de alguén que nos ofrece, nesta altura da súa vida, unha obra que coroa toda unha traxectoria de creación intelectual que se nos veu ofrecendo décadas por diferentes camiños entretecidos, a política, a...

Vexo esas mulleres a camiñaren

Pensaba escribir sobre cousas tristes, cousas novas que xa son vellas, revelladas e fracasadas e vexo agora pasar esas mulleres coas súas bandeiras e xa sei de que escribir.   Hai quen ten sempre no revólver ese disparo, “no me gustan las banderas”, porque no fondo saben que teñen unha súa que @s...

Por que afiliarse? Por que o BNG?

Amigos e familiares meus pensan de maneira moi distinta á miña, é o normal, e eu únicamente podo saber por que penso da miña maneira sen ter a certeza completa de que iso sexa bo para todas as persoas. Mais, a experiencia de afiliarse hoxe a unha organización política, concretamente ao BNG, tráeme todo tipo de...

Alberto, Mariano, Bieito e Florentino

Nesta aldea perto do mar hai uns días o lixo caía por fóra dos contedores a rebentar e amoreábase en calquera sitio, o cheiro padéceo o vecindario. Mais aos amos da empresa de recollida do lixo non lle chega porque están en Madrid. Un veciño dime que é a empresa de Florentino Pérez , eu non o sei. Tampouco sei se...

Xabier, non che puiden facer o obituario

Xabier, conste que tiña pensado non escribir e ficar calado. Marchaches e non me nacían palabras. Dixen, “morreu Xabier Docampo” e non sabía dicir máis nada. Mais logo lembrei que fixéramos o acordo de facer un o obituario do outro. E tocoume a min. Fíxeno noutras ocasións mais eu sei que desta non o vou saber...

Ula a voz da nación galega nesta crise de estado?

Non pode haber dúbida de que a política española ferve nunha revoltura confusa debido a unha fin de época: a época protagonizada por M. Rajoy tras iniciarse a crise financieira orixinada en Wall Street unida ao rebentar a bocha inmobiliaria que tivera orixe xa no goberno de Aznar .   Unha época...

Saúde e República! Galega

Non é mal día para concluír estes tres meses de cinco feiras semanais, esta colaboración tan continuada, a véspera do aniversario da proclamación da II República española. Tal día como hoxe, non sei se hai corenta e tres ou corenta e catro anos, un comisario da BPS (Brigada Político Social) e un número da Policía...

Bernanos, Stalin, La France

“No meu recanto ocórreseme ás veces pensar nos rusos.(...) Concretamente, repito que se me vén o pensar nos rusos cunha especie de curiosidade, de ternura. Cando se coñeceu a miseria, as súas alegrías misteriosas e incomunicábeis, os escritores rusos, por exemplo, fan chorar .” No medio de “Journal d'un curé de...

O dereito de expresión e manifestación está derrogado por M. Rajoy

Europa está a descubrir, tarde piaron, o que é a “democracia” española. Calquera día descubrirán a través de Google Earth o Valle de los Caídos e a Fundación Francisco Franco. Pode que tamén os cárceres a onde levan lonxe dos seus aos presos políticos deste estado, aínda que van precisar un mapa complexo porque non...

Política miserábel e miseria da política

“LaSexta”, a canle televisiva destinada pola empresa e polo seus amos a entreter e divertir a un público crítico co PP e que ideoloxicamente é guai e non vai moito máis aló, ofreceu un retrato da política máis miserábel, ofreceu ao público unha escolla entre Aznar e González (“da rapa á rebola veña Deus /ou o...

Un pequeno fracaso

Empezo as feiras desta semana que será a derradeira, pois a axenda cos seus compromisos xa non me permite máis se non quero rebentar, e constato un pequeno fracaso: ideei estes días de semana como un dietario no que ir depoñendo pequenas cousas da vida, comentarios sobre cultura, libros, esas cousas... E non houbo...

Xeración Atresmedia

Lembraba hai dous días a xeración “do 68” e como toda xeración política que cristaliza crea os seus sinais de identidades, as súas referencias e folklore e encontra os seus medios de expresar o seu discurso. Naquel entón todo era tan escaso e difícil que todo valía, valían os “Cuadernos para el diálogo” de...

Mellor saberse sen estado

(Ben sei que se lle fago caso á “actualidade” había de ter que tratar sobre o vídeo “As Tres Raíñas”, tan sabedeiro. Había dar, se eu souber, para unha análise da linguaxe corporal, de táctica de ocupación de espazos e estratexia familiar, mais deixo iso tan sabedeiro para quen entenda neses mesteres e atéñome ao...

Esa xenofobia tan española

Unha muller de Granada abandona indignada a misa na Seu, a catedral de Mallorca, porque é en catalán. Alguén dunha emisora de televisión lle pon un micro diante e ela despáchase a gusto burlándose da lingua catalá, dos cataláns e reclamando que lle falen no que ela cre falar e que chama “el español” pois “estamos...

[email protected]

Por este mes de Abril conmemóranse cincuenta anos da revolta estudantil do ano 68, efectivamente un mes antes que a de París. Naquel país sinistro e afogante que era o franquismo o que ocorreu nas aulas e nas rúas de Compostela foi un espertar de vida, unha disidencia inesperada que deixou xa para quen viñese...

"Os progres": ascenso e decadencia

No ano 76 e 77 aínda a policía de Franco e a ultradereita armada mataba obreiros e estudantes mais tamén coexistían ensaios de liberdades. Por aqueles día un grupo de teatro catalán “Els Joglars” fora xulgado e condenado por un tribunal militar por algunha cousa nunha obra teatral (acho que se titulaba “Alias...

O importante e o urxente

Se marcha a luz mentres escribo isto estas palabras serán perdidas, mentres que o apuntamento que escribín hai un pedazo con tinta sobre a páxina dun caderno aí o está e, se non hai novidade, aí seguirá. De feito teño caixas cheas de cadernos escritos desde hai trinta e tantos anos, quilos de papel escrito con...

Xa metidos na fariña...

A serie de televisión “Fariña” e o libro de Nacho Carretero (que continúa o traballo de xornalistas como Perfecto Conde , “La Conexión gallega” ou José Luis Manso Preto , “Minho Connection”), xa comentamos a calidade da realización, actuación e demais, é un suceso de seguimento do público, entre nós está a ser...

Vivimos un NO-DO perpetuo, Cospedal

Volven saír encarapuchados ás rúas, marchas militares e o cheiro doutra época ben coñecida, a da España franquista. O NO-DO volve ocupar as rúas.   As procesións son parte da Contrareforma no século XVI, unha reafirmación da fe no papado romano en loita coa Reforma protestante. Esas persoas que...

Isto trata do que non podo escribir

O peor do que escriba hoxe é que vostedes xa o saben. Saben que tratará do que o estado fai en Catalunya, ou do que significa para nós, habitantes deste Reino de España, como [email protected] e como cidadáns, cidadás simplemente. Van por eles, elas, a xente catalá porque son os que se rebelan; van por nós se nos rebelamos....

As prazas da Galiza hoxe falan catalán e republicano

O roubo social xa está completo, o estado está quebrado, a débeda española é impagábel, os dereitos sociais, a protección do estado..., todo iso está no ar. E o roubo de liberdade foi sistemático desde que M. Rajoy chegou ao Goberno, levado por todos os poderes do estado cos seus xornais e televisións....

Piñeiro, Casares e isto

Continúo co que deixei quedar onte. Non se entende este panorama da cultura institucional galega fóra do contexto histórico: unha Transición democrática controlada desde o propio estado franquista e como se adaptou a esa etapa a liña do galeguismo conservador conducida por Ramón Piñeiro .  ...

Sobre a nosa frustración nacional e cultural

Falaba onte dos sectarismos e bandos nas institucións, entre escritores, entre profesores, deixen que diga algo máis pois ese é o resume dese mundo da lingua e literatura. O sectarismo sen norte é o espello dun mundo cultural obsoleto, rancio e fracasado.   Mais iso non son defectos xenéticos nosos,...

O sectarismo na nosa lingua e literatura

Coincide nos mesmos días saber de miserias da nosa literatura e da nosa lingua en tanto que institucións. A entrevista ao Xosé Ignacio, Nacho, Taibo e unha decisión da Real Academia Galega sobre un membro desa institución.   Teño memoria precisa abonda sobre como me fun conformando como escritor en...