Opinións de
María Sabarís
   

A hora do celtismo

Traballa o celtismo arreo para evitar o descenso do equipo amosando que, unha vez máis, nos momentos difíciles, a súa forza crece coas adversidades para beneficio do equipo. A capacidade de loita é innata a esta afección, que sen necesidade de 'chamamentos' lanzouse as rúas para sacar ao Celta do burato escuro onde...

Épica celeste para crer

Pasadas unhas horas prudenciais o celtismo comeza a dixerir a montaña rusa de emocións que foi o partido do sábado contra o Villarreal. O fútbol foi o de menos. E Aspas foi o de máis. O de todo. Apuntouse o de Moaña definitivamente á épica con dous goles salvadores e cunhas bagoas que deron a volta ao mundo para se...

Os tempos do Celta

A derrota do Celta contra o Real Madrid, sumada á vitoria do Vilarreal, deixaron ao Celta por primeira vez nesta tempada a catro puntos da salvación. Duro de entender, por moito que pasen as xornadas e duro de asimilar porque este equipo non estaba feito para isto.   O lado postivo foron os...

Sinais de vida insuficientes

A  versión optimista do 'novo' Celta de Escribá amosa a un equipo máis compacto e máis intenso. Un Celta máis compensado sabendo cando defender e cando atacar sen abusar dunha cousa ou da outra.Incluso esta versión ofrece unha mellor versión de xogadores como Juncá e Maxi que apareceu e pelexou máis e non...

Temporal de pingas doces en Vigo

Chove en Vigo e chove forte. A semana climática e futbolística comezou coa mesma previsión funesta. A derrota en Eibar precipitou a -esperada- saída de Cardoso do equipo. O Celta amosou demasiadas carencias ante un Eibar que o superou en intensidade e en case todo. O Celta foi encaixando os golpes como puido pero a...

O Celta conxúgase en tempo presente

O que se rende, perde. O que non loita, perde. O que non cre, perde. E así até o infinito. O bucle da salvación do Celta pasa por este mantra fundamental e necesario para levantar a un equipo doente. Deixar de ancorarse no pasado e vivir e crer no presente para cambiar o futuro. Todos a unha. De nada serve que...

'Reseteo' funcional

Un gol de rabia, de desconformidade, de necesidade inesperada, de loita e, sobre todo, de unión. O gol contra o Sevilla foi a consecuencia desexada dun encontro que o Celta xogou co corazón, no que o fútbol pasou a un segundo plano e no que a única misión era gañar. De nada valían os lamentos e as críticas do...

Deprimidos

O Celta vive nun estado de depresión preocupante e inesperado. O parón de liga e o ano novo deixaron, ademais das resacas propias dos polvoróns, unha perigosa imaxe do equipo que se separa moito do camiño tomado coa chegada de Cardoso .   A imaxe no Camp Nou coa que o equipo fechou o ano non...

Non é só polo fútbol

Hugo Mallo explicou a importante vitoria do Celta en Vila-real cunha única palabra: equipo. E fixoo sen rodeos, entendendo que a idea que move os xogadores é o equipo, unha rede (inter)conectada de pernas solidarias que se axudan cando ven as do compañeiro fraquear. Este é o novo Celta, un equipo que por fin sabe...

Puro Celta

A pesar dos asubíos inxustos, maleducados e egoístas, o Celta volveu contra o Huesca ao camiño de ser o Celta. Volve ao seu ADN, á súa historia, ao balón, ao gol, á canteira. Volveu á vitoria a pesar do ambiente hostil de parte da grada. Esa parte da grada á que non lle vale a idea de Cardoso como...

Os erros desesperantes do Celta

Enfadarse de rabia. Laiar de impotencia. Berrar de indignación. Lamentarse do que puido ser e non foi. A historia omnipresente da historia recente do Celta. Tropezar sempre na mesma pedra. Saber que este Celta ten equipo abondo para gañarlle ao Real Madrid pero de novo os erros en defensa son unha sentenza...

 Punto de inflexión para o Celta

Catro pinceladas, dúas obras mestras e unha gran vitoria. Resumo dun encontro que deixa o alivio dos tres puntos e un salto na clasificación necesario para agochar o nerviosismo e as présas das últimas semanas. Pero, pouco ou case nada muda a respecto da proposta futbolística dos anteriores encontros. O Celta...

 O Celta esgota a paciencia

O da sexta feira pasada non foi o peor partido do Celta nas últimas semanas, pero perdeu de novo. A pregunta é canta paciencia terán en casa Celta con Mohamed . O Alavés era, a priori, un rival gañable, especialmente xogando na casa pero o fútbol e a eficacia deixou ao Celta sen argumentos. As présas non son boas...

Perdidos

É doloroso ver ao Celta sufrir sendo dominado na casa polo Getafe. É doloroso ver a xogadores referente desesperados no terreo de xogo, sen rumbo e demasiado exaltados en momentos nos que terían que ser quen de manter a calma e a pausa no encontro. É doloroso, en fin, ver ao Celta tan perdido na súa idea de xogo e...

Sobrepoboación defensiva nun Celta frustrado

Ás veces pregúntome canto e como estudan os adestradores aos rivais. Ou se en realidade os estudan. Antonio Mohamed tívolle medo a un Valencia sen pegada e errou na súa planificación do encontro. Regaloulle 45 minutos a un rival deprimido. Concedeulle unha vantaxe innecesaria que lle deu ao Valencia unhas ás que...

O verbo perder conxúgase ben

O Celta levou en Montilivi a primeira derrota da tempada despois de catro xornadas. Pero puido empatar nos minutos finais. E iso é o positivo desta derrota, a diferenza de moitas outras vividas nos meses preferentes. O 3-2 estivo a piques de converterse en 3-3, pero faltou a efectividade e a solidez que o...

A nova actitude innegociable do Celta

Tres partidos poden ser moitos para sacar conclusións apresuradas pero deberían ser suficientes para adiviñar cara onde vira un equipo 'en construción'. A evolución evidente do Celta nestes primeiros encontros desemboca nunha análise necesaria do que si é o novo Celta. Un Celta no que a actitude e a entrega son, en...

Que volva a alegría

Unha vez confirmada a non continuidade de Unzué no Celta e co equipo xa de vacacións, toca facer valoración dun ano que de seguro non deixará moito rastro na memoria colectiva do celtismo. A tempada deu para pouco, desmotivante e irregular, o equipo non soubo a que xogaba en moitas fases da tempada e, en xeral,...

O día da marmota

#onosoderbi pasou por Balaídos con pena e sen gloria. Vinte minutos duroulle ao Celta a intensidade e a motivación necesaria para enfrontar un partido considerado como o máis importante do ano. Falaban as previas dun derbi 'descafeinado' e foi si, pero para o Celta. O equipo volveu ofrecer de novo unha...

Lamentos celestes

Lamentarse do que puido ser e non foi leva á nada. Lamentarse do que non se pode cambiar só crea frustración. A tempada do Celta é a que é, canto antes o asumamos, antes comezará o traballo para mellorala. Eu non son das que pensan que está a ser unha tempada tan desastrosa. É unha tempada normal en termos...

Carambola europea sen presión

O fin de tempada do Celta preséntase tan impredecible como o foi o resto do ano. Europa é difícil pero non un imposible a día de hoxe. O empate ante o Valencia e a imprevisibilidade deste ano de ‘transición’ fai posible calquera carambola final.   A vitoria do Barça na final da copa fronte ao Sevilla...

Goles de ilusión

Os catro goles fronte ao Sevilla foron catro chamadas de atención aos incrédulos. O Celta gañou un partido fundamental nun momento crítico da tempada. As opcions de Europa son reais a pesar da dificultade e, aínda que o equipo non depende de si mesmo, chega ao final da competición vivo na loita. E iso é moito máis...

O que nos une

Atraída polas broncas tuiteiras a raíz dos asubíos en Balaídos, os ovos que seica lle están a tocar a Hugo Mallo e a sequía futbolística na que se atopa o Celta lanceime sen paracaídas a escribir o máis bizarro dos textos contra os 'haters' -poucos- que pululan indiscriminadamente por Balaídos. Todo sen...

Miradas furtivas

Ás agachadas, querendo e non querendo e disimulando a necesidade de facer boas as derrotas dos rivais. Así é o mirar pausado -e forzado- do Celta no que vai de tempada. Inevitablemente asentado nunha montaña rusa de resultados e xogo, a imprevisibilidade do equipo está intimamente ligada ao acerto ou error dos...

O caos perfecto do Celta

Recoñezo que a estas alturas da tempada o Celta segue a ser un gran misterio para min, capaz do peor e do mellor nun só partido. Contra o Eibar o 'horroroso' e o 'grandioso' conviviron no partido como personaxes antagónicas dunha novela imperfecta.   A peor imaxe...

A divina comedia (infinita) do Celta

Como a vida infinita na Divina Comedia de Dante , o Celta foi quen de representar en 90 minutos o fluír perfecto do inferno ao paraíso pasando, con máis luces que sombras, polo inevitable purgatorio. A comparación, por esaxerada, é un fiel reflexo da realidade deste Celta -e...

As dúbidas frean o Celta

A baixa de última hora de Hugo Mallo non presaxiaba nada bo para o encontro contra o Alavés. Mendizorroza non é precisamente un campo onde o Celta adoite sacar bos resultados ultimamente e a racha, para desgraza dos celestes seguirá en favor dos gasteiztarras, por méritos...

O fluír acompasado do Celta

Como o 'flow' dos rapeiros, así vai a vida do Celta nestas últimas semanas: con bo ritmo, sen pausa e harmónicamente aderezada. E esa harmonía é tal con e sen balón. O equipo amosou contra o Betis o pasado luns que o balón hai que saber xogalo, tamén,...

As vitorias 'molestas' do Celta

  Existen por Vigo e arredores personaxes empeñados en ver o equipo afundir nas culpas de xogos mellores e épocas excepcionales, que, polo feito de selo crean precedentes perigosos que non deixan separar ben o gran da palla. E empéñanse machaconamente en denunciar as supostas...
x