O 'Diario Cultural' é máis que un programa de radio

Soubemos onte á noite da   intención da dirección da CRTVG de suprimir o  Diario Cultural  da grella da programación da vindeira tempada da Radio Galega . Unha pésima noticia para o fráxil ecosistema da lingua e cultura galega que podería perder unha das súas trabes de ouro, un engrenaxe moi...

Unha lección e unha carta

O 5 de marzo de 1958 xublilouse Ramón Otero Pedrayo como catedrático de Xeografía da Universidade de Santiago. Aquel día impartiu a súa derradeira lección na facultade de Filosofía e Letras, que foi tamén a súa primeira clase en galego, tras o alzamento militar.

Vixencia dos Mártires de Sobredo

Reunímonos neste Campo dos Mártires para lembrar o que sucedeu aquí hai noventa anos, cando tres persoas foron asasinadas pola Garda Civil cando defendían a dignidade dos labradores aos que se lles esixía un lucro da terra que eles traballaban.

Vitoria do partido conformista

Recoñezámolo. As cifras sonche ben teimudas e amosan que desta volta a vitoria de Feijoo e do Partido Popular foi inapelable. A diferenza da anterior convocatoria, a súa maioría absoluta alicérzase tamén nunha maioría de votos (654.000 fronte aos 639.000 das tres candidaturas alternativas).

Critico, felicito, propoño

Formo parte dunha xeración de mestres seguidores das técnicas da Escola Moderna de Célestin Freinet. Na miña biblioteca conservo coma ouro en pano unha ducia de volumes da “Biblioteca de la Escuela Moderna”, publicados pola editorial Laia nos anos setenta sobre a lectura na escola por medio da imprenta, o texto libre, as correspondencias escolares, as conferencias do alumnado ou o periódico escolar.

Ler en galego

Carlos Callón insiste na súa longuísima rolda de presentacións de Como defenderes os teus dereitos lingüísticos (Xerais 2011) na importancia de que neste momento histórico sexamos falantes conscientes e leais do galego.
x