Fatalidade de turismo

Será que vivimos no século máis exhibicionista ou que o viaxeiro pasou do elitismo de Stendhal ao simple voyeur de clase media que mide a vida en megapíxeles. Non é un fenómeno galego senón universal. Xunto á xentrificación residencial das grandes urbes vemos en Venecia os turistas pasando polo torno coma...

O “sotaque” de Aurelia

A cobiza axexando a costureira. Sainete ou drama? Podería ser un cantar de cego, unha forma de absurdo contra o silencio especulador. O desaloxo pola forza dunha anciá. A súa voz soa (fermosa moradía) contra os especuladores: o seu seseo (implosivo e explosivo), as ultracorreccións en castelán, esa prosodia de arrastre. Porque digámolo xa, o “sotaque” do galego de Aurelia tamén ten algo de desafiuzamento. A muller é despoxada dun espazo que non será de seu, pero que xa lle pertence en recendos, en sabores, en memoria viva. Coma a súa fala, que posúe o sabor da lingua de antano. “Pa onha pallosa que vaian eles! Son ghente muy hodida!” Semella que nacese da súa voz un desaloxo máis amplo. Estandariza o trazo cotián nun harmónico de pronuncias que saben a centeo. 

x