Opinións de
Berta Dávila
   

Como a couza fai coa madeira

Un venres coma todos os outros venres, un venres que era igual ao luns e ao xoves, e tamén ao domingo, no mes de xuño deste ano, Fran P. Lorenzo escribiu isto sobre Todos os días, a última novela de Alberto Ramos, Premio Vicente Risco de Creación Literaria:

O sorriso da vítima

O escándalo do San Fermín deste ano foi unha ikurriña que saltou ás primeiras páxinas dos xornais. Quen non fixeron máis que colocar a bandeira do seu país á vista da xente, recibiron calificativos de todo tipo. Foron chamados intolerantes, irrespectuosos, radicais, por dicir somentes as palabras máis suaves —que non necesariamente as máis inocuas— de todas as que lin estes días. 

As fotografías dunha bandeira escandalizan, non só porque se despreza sen ambaxes aquilo que simboliza, senón porque talvez se teme que un día as periferias sexamos quen de dar unha golpe enriba da mesa e por iso é mellor, antes de nada, tratar de amputarnos as mans.

 

O que a lectura significa

Hai algún tempo, pasóuseme pola cabeza levar para a miña casa a meirande parte dos meus libros de nena, que fican nunha libraría de madeira detrás da porta do meu cuarto infantil, que meu pai pintou de verde e amarelo hai moitos, moitos anos; un desexo que, con moi bo criteiro, non me foi concedido. Permanecen aí boa parte da colección Merlín, aquelas edicións de Galaxia da serie "Árbore" (os verdes, os azulados, os laranxas...) toda a obra de Roald Dahl e outros clásicos memorables da literatura infantil e xuvenil de sempre, que meus pais foron mercando para min e que toda a familia disfrutamos. Lembro que miña nai me dixo, nesa ocasión, que non quería que levase os libros, que se desexaba ter Matilda na miña biblioteca, bo era que o mercase. E tamén, por suposto, que sempre podería coller emprestados tantos libros como me petase da súa casa.

Un custo insignificante

O ministro Wert reservou cinco millóns de euros na memoria orzamentaria da nova lei educativa para que os contribuíntes paguemos a escolarización nun centro privado das nenas e nenos cuxos pais non queren que estuden en catalán, coa previsión de que os afectados sexan potencialmente mil alumnos.