17 de Maio: Ricardo Carvalho Calero

Descoñezo cantos membros, á altura de 1958, pertencerían á USC, daquela a única universidade galega. Si sei que, hoxe, a metade da Academia correspóndese con profesores-as que foron ou son desa universidade.

O prezo do ouro

Como pode ver calquera paseando polas nosas cidades e vilas, inzan os estabelecementos que compran ouro e oferecen a mellor taxación para quen se teña que desprender de xoias, alfaias ou obxectos que porten este metal precioso. A ninguén se oculta que tal sobredemanda ten a ver cunha...

A centralidade da lingua

    Díficil resulta atopar unha realidade social sobre a que recaian tantas asneiras como a lingua. Claro é que o fenómeno non ten nada de pecado “intelectual” e si de vulgar, por un lado, e de politizado-ideoloxizado e perverso, por outro. É lóxico que todo o mundo fale sobre a lingua ou teña unha idea dela, independentemente de coñecemento técnico-científico nengún.

Cinema galego

Acudín, o primeiro día do seu pase comercial, a ver Todo es silencio; en primeiro lugar, porque procuro asistir a todas as estreas de cinema galego ou baseadas en obras galegas e, tamén, animada por o filme se inspirar nunha das mellores, no meu xuízo, obras publicadas do autor, Manuel Rivas.

Valoración de urxencia

Pédenme unha valoración de urxencia verbo dos resultados eleitorais. A estas horas de alta madrugada, pouco máis podo dicer do que xa manifestei nunha tertulia da TVG. A fume de carozo: 1º. A abstención segue a ser un malísimo negocio para o conxunto de nós, galegas e galegos.

Ávida de galeguidade

Entre o 4 e o 12 de Outubro celebráronse, como todos os anos, as festas do San Froilán, en Lugo, sen hipérbole as máis populosas e populares de toda a nación. Nesta edición, tiven a honra de ser a súa pregoeira e puiden dispor dalgún tempo para asistir a varias das actividades previstas no programa.

A anti-campaña

Hai uns días, recebín unha chamada telefónica para me perguntar pola miña intención de voto e outras cuestións relativas á política galega. Mostrei a miña conformidade para respondelas, mais, ao cabo, non fixo falta, xa que o cupo da miña idade e do meu sexo, na cidade da Coruña, xa estaba cuberto.

Imaxes e significados

Agardei a escreber este artigo a ter comigo fisicamente o cartaz e a folla que anuncian a celebración do próximo Festigal. Coñecía a imaxe que vou comentar pola súa reprodución neste xornal dixital e diversidade de opinións que suscitou.

En boas mans está o pandeiro!

Permítaseme comezar por un recordo persoal. No Pleno que o Parlamento Galego celebrou no 19 de Decembro de 2003, apresentei a miña demisión como deputada do mesmo.

To be or not to be: that is the question!

Aínda a risco de facer unha utilización oportunista da célebre pergunta hamletiana, que desenvolve un moi outro sentido ao que eu lle quero dar, no seu coñecido monólogo do Acto Terceiro da obra de Shakespeare, velaí, para nós, galegas e galegos de hoxe, o dilema: ser ou non ser; sermos o que somos, por nacencia e por vivencia, por historia e por cultura, por lingua e por economía, sermos galegas e galegos e querermos exteriorizalo ou