As mentiras electorais como espectáculo

O inservíbel espectáculo electoral entra no canón dos abruptos verbais dunha maneira violenta. E toda violencia, aínda que sexa de carácter verbal, deixa marcas non só en quen as di senón en quen as escoita, infundindo a terxiversación da realidade de moitas maneiras e modelos de confundir ao electorado. Con...

Depredación do románico da Ribeira Sacra

Prevención é unha palabra en desuso para referirse ao mal estado e á degradación que están soportando os monumentos románicos da Ribeira Sacra. Os templos deste estilo son os que soportan a maior depredación, sen prestarlles atención por parte de patrimonio e de seus propietarios, os bispados de Lugo e Ourense. Hai...

O IEU, unha referencia a seguir

O Instituto de Estudos Ulloáns (IEU) constata ser unha referencia do asociacionismo en seus tres anos de vida cultural e cívica, polo activismo en destaque que realiza na comarca da Ulloa. A súa sede está na capital da comarca, Monterroso. Un apreciado local con diversos espazos: sala de actos, sala de exposicións,...

Tempo e tempero electoral

Parece que varía a estridente rutina de achegos electorais, de farsas e farsantes que continúan pola desprezada vía de desconcertos e tramas de activo amaño, nos que se detectan desprezados  movementos que revelan, desconfianza e acritude, na sermonística ditatorial que emiten. Vemos que a correcta conxugación...

Desinflada manifestación da dereita

O fol da dereita pinchou. O número de participantes na manifestación na praza Colón de Madrid nega as expectativas tan adornadas de alardes, ambicións e inquietantes verborreas dunha dereita hipocritamente unida que non chegou a conquerir as apetecidas cifras de convocatoria de duascentas mil persoas. Con buses...

Arte e espazo medioambiental na capela de Guadalupe (Saviñao)

  Desde hai un considerábel tempo a capela da Nosa Señora de Guadalupe, na parroquia de S. Vitorio de Ribas de Miño (Saviñao) vén sendo noticia por diversas circunstancias. A primeira delas é debido ao espolio que sufriron relevantes particularidades do seu patrimonio artístico e o...

A incultura que rodea o asasinato de raposos

O problema que acadan as devastadoras batidas de raposos nas diversas xeografías galegas formula a opción discriminada de atacar unha especie autóctona que tiña que estar protexida con todo o rigor por unha lei que penalice e condene os autores desa barbarie que elimina fisicamente os raposos. Unha barbarie que...

2019? Velaquí a cuestión!

O ritual consumista e de “bos costumes” marca o ciclo de cambio de entrada de ano, coa circunstancial ledicia de superar os malos momentos que concorreron no ano que rematou de fenecer. Con este simplismo un convértese en cómplice de dar as boas vindas a un ciclo descoñecido de doce meses, que na vida real de cada...

Cataluña: entre o compatíbel e a confusión

Na Cataluña actual existen varios síndromes, no que respecta a localizadas furias e contencións, no contexto dunha dialéctica bastante entendíbel polos que vivimos en Barcelona, dentro deste enorme escenario con actores de cruzada medieval. Desde fora non se aprecia a esa ampla sociedade plural que existe e que...

O silencio da voz, entregándose a Vox

Os silencios son caprichosos cando non deixan de selo para os que se refuxian neles e ceden a palabra a sincréticos autoritarismos. Por tanto, autosilenciarse colectivamente ten as súas consecuencias. Se nos silenciamos e non poñemos voz de disidencia aos problemas colectivos que nos afectan estaremos colaborando...

Alfonso Blanco Torrado: velaquí o home!

Coido que non hai un cualificativo que poida dimensionar a persoa e a obra de Alfonso Blanco Torrado . O seu dinamismo poliédrico ofrece un dos escenarios mais activos para percorrer ese longo e tortuoso camiño iniciático e ser imitadores del no concurso da lealdade ao Nazareno e a Galiza. Convén contextualizalo...

A derradeira lección do mestre

Mereceu a pena a visita á Cidade da Cultura, no compostelán monte Gaiás, e ver a exposición dedicada as escolas rurais galegas e tendo como referencia, un bocado estraño, o cadro de Castelao, titulado: “A derradeira lección do mestre ”, pintado en óleo en Bos Aires en 1945, reproducido do seu debuxo de estampas, “...

O fascismo emerxente

A globalización, no seu escenario económico, coa presenza de Donald Trump na presidencia dos Estados Unidos, co seu populismo e reclamo cara ao pasado “glorioso” do imperio, agora en desfeita, coas accións violentas e cos excesos sen causa, está feita de actos estéticos que exploran receptividades...

Os galegos precisamos de coñecer os diversos contextos da lusofonía?

Os galegos en xeral descoñecemos bastante cada un dos contextos culturais e artísticos lusófonos, cuxo vehículo de comunicación é a lingua orixinal galaico-portuguesa. Por tanto temos unha Matria ou Patria común na lingua que ignoramos ou non recoñecemos. Desde a Galiza, non moitos concordan coa famosa frase de...

A resistencia palestina de Ahed Tamimi

Ahed Tamimi é unha moza de 17 anos que encarna a unha nova xeración de adolescentes palestinos que resisten e combaten a perniciosa e xenocida política do primeiro ministro israelita,Benjamín Netanyahu, de seus militares e dun excitado grupo de rabinos que conforman o acedo séquito con que se conforma a política...

"Alba de Gloria" no patriótico e identitario Monte Sacro

Volver a Castelao , polas vésperas da Patria Galega, xusto ao seu “ Alba de Groria ”, que escribiu no seu exilio de Bos Aires en 1948, non deixa de ser un alento de redención patriótica e de lexitimidade existencial dun pobo que respira as fragrancias dun pasado ben arredado a nós, do cal formamos parte, como...

A lingua como eixo do nacionalismo galego, en Frei Martín Sarmiento

Reparemos a rehabilitación do ilustrado Frei Martín Sarmiento que tivo na defensa da primacía do idioma galego fronte ao castelán denominador común de todos os seus escritos e concertos de estudo. Estamos ante unha pragmática proposta nacionalista da Galiza  actual. Non deixa de sorprender o...

O extraordinario valor de ter un xornal en galego

Rexurde o optimismo por reconquistar unha cabeceira de xornal e tela diariamente nos quioscos, para superar diversas carencias polas que pasa a información nesta Galiza que vemos anulada a súa vontade e a súa voz, por medios informativos dependentes de intereses e poderes foráneos, que anulan a lexitimidade de...

...e por fin: por unanimidade

Que tendencia máis perniciosa da sociedade ibérica perdoar os agravios e falar ben de quen morre ou do que cae en desgraza política. Agora Pablo Iglesias , entre outros, fai gabanzas, de quen el fixo caer e axudou a matalo de pedrada solidaria -hai que dicilo-. Coido que a unanimidade parlamentaria...

Inventivas que dinamizan un novo modelo empresarial

Digamos que o noso país de ningunha maneira é reducionista, cando hai persoas ou colectivos que cren no que temos, e apostan pola transformación das materias primas como un ben que nos pertence aos galegos. Para isto requírese compromiso coas novas e sociais inventivas empresariais e laborais e dar saída ao que...

A nosa lingua, mastro das nosas letras

O 17 de maio, “Día das Letras Galegas”, é unha data que confirma identidade e, tamén, respecto polo legado de permanencia no noso idioma. O idioma galego é o noso maior monumento inmaterial que confirma un profundo sentimento que manifesta a maior cimeira do que somos e do que non podemos ser alleos ao que nel...

M'agrada el groc! Defensem el groc!

Non hai dúbida de que estamos perdendo dereitos civís dunha maneira vertixinosa, que provoca esta dereita gobernamental e que está retomando as depredadoras prácticas fascistas que estiveron vixentes durante corenta anos. É evidente que estamos perdendo dereitos democráticos -se algunha vez estiveron...

A democracia inacabada

A fraxilidade dunha democracia maniféstase cando algunha das institucións ou aparellos estatais non foron elixidos por voto e clamor popular. Nesta situación está a xefatura do Estado español, unha das institucións que foi herdada e transferida por plena graza do franquismo. Entón estamos ante unha imposición...

...Catalunya!

Ara digueu: Ens mantindrem fidels per sempre més al servei d'aquest poble Salvador Espriu   O horizonte por onde cabalga a monstruosidade do goberno de Rajoy en Catalunya, en dúas únicas direccións, constata a gadoupa do poder xudicial e da represión que manifestan unha das maiores...

A imprescindíbel loita feminista

  O importante é ante todo aprender a estar de acordo. Moitos din que si, e sen embargo non están de acordo. A moitos non se lles pregunta, e moitos Están de acordo co erro. Por iso: O importante é ante todo aprender a estar de acordo.  Bertolt Brecht  (O...

Compromiso e fidelidade de Rosalía coa Galiza oprimida

A dous días de celebrarse o 181 aniversario do nacemento de Rosalía de Castro (24 de febreiro de 1837), vén a ser unha data importante para celebrar a unha persoa de moi distintos significados e proxeccións en defensa dunha Galiza maltreita e asoballada, erguendo a súa voz...
x