En defensa de Álvaro Cunqueiro

A Lei 52/2007-22296, mais coñecida pola Lei de Memoria Histórica, do 26 de decembro de 2007, anticipou esperanzas para miles de familias que desexaban localizar e recuperar a seus mortos, asasinados pola barbarie represiva franquista e darlles unha sepultura digna e superar o silencio administrativo...

Breve andaina polo románico de Silleda

  As terras do Deza ofrecen un avultado volume de arte medieval, de severa e harmónica composición, que no que toca á expresión románica, quizais estéamos falando dun dos espazos  mais sorprendentes e centro de máximo interese do...

Carlos Calvo Varela, preso político

Felizmente, os medios de comunicación tráennos a nova de que o Tribunal Supremo anula a condena de sete anos de cárcere

A sociedade galega como problema?

A política na Galiza, inscrita nas directrices dos intermediarios de Madrid, perpetúa un lastre que aclara a dependencia da maioría da sociedade galega aos mandatos omnímodos do centralismo

Divagacións electorais

A un mes escaso das eleccións, non se dilucidan políticas nin programas sobre o esencial do que convén falar

As vivas presenças de outono

O tempo en mudanza, as paisaxes tamén, proclamando extraordinarias melodías nese ruxir de follas caídas

Castañazo rock

O Castañazo Rock de Chantada convoca e a mocidade de tódalas xeografías e congrega no mercado gandeiro de Chantada

A Cataluña do si e do non

A evidencia dos resultados electorais do pasado día 27 confirma o si e o non asentados na realidade política existente en Cataluña

A Cataluña non comprendida

Demasiados anos de incomprensións cara unha realidade que se foi constituíndo nun espazo onde a fariña amagada levedou e foi pan con sabor a terra muda encollida e certa.

A Cataluña intervida e ameazada

As constantes ameazas e usurpacións que Cataluña soportou, tiñan un fin: desmantelar a súa identidade.

Éxodos dramáticos e desconxunturas sociais

Todo éxodo provén de desconxunturas sociais, de dogmatismos políticos e confrontacións bélicas que provocan ese drama que nos asiste actualmente.

A desfeita programada

Os medios de información, ultimamente, inciden no descenso de poboación na Galiza, con todo detalle, argumentación e índices do mesmo.

En defensa do románico rural galego

E verdade que o románico  do noso país ten moitas carencias estructurais, producto dunha desfeita que non está como prioridade na axenda administrativa, civil e eclesiástica.

Defender Galiza en tempos escuros

Non sei se en vésperas do Día Nacional de Galiza, se boa parte dos galegos reflexionamos sobre a situación política, social e económica que vén a constatar fondas precariedades existenciais.

A obra redencional de Manuel María

Se a celebración do Día das Letras Galegas 2015 foi minimizada por moitos motivos, a de 2016 dedicada ao poeta e escritor Manuel María, augura unha enorme mobilización en tódalas áreas culturais e sociais do noso país.

A Cataluña intervida e ameazada

As constantes ameazas e usurpacións que Cataluña soportou, tiñan un fin: desmantelar a súa identidade. Desde Filipe II até hoxe houbo inxerencias directas co fin de colonizar a fala, as costumes e anular as súas constitucións, polas que se rexían os cataláns.

O municipalismo en Galiza, como enunciado

É previsíbel e desexábel, que se cuestionen as abruptas maneiras de gobernar os municipios galegos baixo unha política viciosa e chafalleira desde 1979, ano en que se constituíron os concellos democráticos, moi pouco ten cambiado a maneira de xestionar un municipalismo equitativo e igualitario, con unha alternativa de prioridades cidadáns que superen a exclusión e os privilexios dese seleccionado grupo que dispón de non poucas accións en manter ese clientelismo, co fin de usufrutuar un poder ben singular e omnímodo que se dá con frecuencia nun amplo círculo de municipios do rural galego. 

As imperativas deficiencias do libro en galego

Non hai moitos anos que un recoñecido escritor galego e en galego, afirmaba que as letras galegas estaban pasando por unha idade de ouro. Quizais se refería a unha xeración de escritores que ocuparon un restrinxido apousento, 

O idioma galego, motor da vida plena

A poucos días de celebrar o Día das Letras Galegas, convén unha reflexión para considerar o estado actual do monumento mais orixinal que ten o noso pobo, como é o seu idioma que sustenta o herdo e a tradición. Existimos como galegos grazas ao idioma que dimensiona o noso existencialismo. O 17 de maio convértese en manancial reivindicativo para frear a desfeita progresiva que tantos intereses colonialistas revela. 

Mare Mortuum

O Mare Nostrum dos romanos convértese en Mare Mortuum para os que fuxen da fame dos países subsaharianos, do Magreb e do implacábel xenocidio que impera en Oriente Medio. O éxodo masivo dos desherdados da terra, procuran un espazo de promisión en Europa que non chegan acadar.

A traxicomedia da Semana Santa

Persiste a vella atracción polos espectáculos sombrizos e sanguinarios, nesta vella Iberia de pel de touro. 

Herberto Hélder, un creador enigmático

En vida amou tódolos silencios. Herberto era así, un ser comunicante, mesmo co silencio nunca se sentiu perturbado para crear enigmáticos misterios.

A Divina Comedia en galego

Dante Alighieri toma de novo repercusión e autoridade no noso idioma, nunha elaborada edición desas que impactan ao bo lector e que aporta Edicións da Curuxa (2014)

Apoloxía da obediencia

Nas democracias occidentais había un rumor de dictadura camuflada en varios resortes e estamentos do poder; unha miudanza de tufo despótico que se foi agrandando nas administracións públicas e cohabitando nunha sociedade que noutrora foi domesticada por un totalitarismo de subordinación, que se perpetuou en ditos estamentos dunha maneira que falsificou a realidade social e política, instaurando un sistema de comportamentos nocivos que aos poucos son asumíbeis por unha sociedade que perde os seus valores colectivos, de cuxos rexistros rezouma a obediencia debida, articulada nun pensamento único que extorsiona as liberdades individuais, converténdonos en seres domesticados e esquizoides.

A Galiza universal de Rosalía de Castro

Aquel 24 de febreiro de 1837 nacía en Compostela María Rosalía Rita, “hija de padres incógnitos”. Así certificou o seu bautizo o crego, José Vicente Varela y Montero, e na marxe desta partida de nacemento, apuntaba: “No entró en la Inclusa”. Nestas circunstancias anómalas, nunha época de preconceitos e ocultismos, veu ao mundo a que sería a maior gloria e talento en concibir unha Galiza redenta e dona de si.