Lost in Paradise. Galifornia está aí…(I)

Oxalá estivese a evocar os acordes e a voz de Amy Lee no coñecido tema da súa banda Evanescence . Ou as imaxes do duro film vietnamita. Non. Hoxe, a noticia é que no medio do caos institucional e social, unha cidade de 27.000 habitantes do estado de California chamada Paradise foi literalmente devorada...

Madrid lévanos os quilowatts

En 1974, apenas cinco anos despois da descuberta do campo petrolífero de Montrose, a 135 millas ao leste de Aberdeen, o profesor Gavin McCrone redactou un informe para o goberno británico no que lle advertía sobre as inmellorábeis condicións económicas que os ingresos pola explotación do petróleo do Mar do Norte...

A cativa renda do eucalipto

Non é unha alternativa que precise promoción, no imaxinário colectivo concébese como alternativa real de desenvolvimento e o seu avance é imparábel, como unha maré verde que invade os prados do interior do país. A eucaliptización das terras de vocación agro-gandeira, onde até hai pouco pastaban vacas, é...

Escarnio da Cacharula

Escrebo estas liñas cos ecos da folga histórica protagonizada polas nosas mulleres. E por iso quero lembrar un par de anécdotas de hai non tantos anos. Non por botar un ollo ao pasado para comprobar os avances, senón para nos decatar que a realidade que hoxe bloquea e impide alcanzar os obxectivos desta folga...

O país aos pés de Ence

Estas liñas, modestamente, pretenden aportar unha visión contraposta á exhibida por Ence na súa recente nota de prensa, na que afirmaba que a mellor alternativa aos incendios é un monte capitalizado a base de eucaliptos.  Tres conceitos simples e doados de comprender,...

De Carballosa para Eucaliptosa (e V)

Nesta entrega final descreveremos a que denominaríamos segunda vaga da eucaliptización, caracterizada pola materialización da máis perversa alianza do poder político e o lobby celulósico e na que está aínda por investigar a función que...

De Carballosa para Eucaliptosa (e IV)

Antes de reparar nos acontecimentos que delimitan a pior vaga eucaliptizadora da nosa história, vamos ollar o que acontece neses anos nos que Celulosas de Pontevedra transita do “piñeiro do país” cara ao Eucaliptus globulus , unha parte da história de ENCE pouco divulgada....

De Carballosa para Eucaliptosa (IV)

Antes de reparar nos acontecimentos que delimitan a pior vaga eucaliptizadora da nosa história, vamos ollar o que acontece neses anos nos que Celulosas de Pontevedra transita do “piñeiro do país” cara o Eucaliptus globulus , unha parte da história de ENCE pouco divulgada....

De Carballosa para Eucaliptosa (III)

Desde o fin da Guerra Civil á actualidade podemos dividir a crónica da eucaliptización en tres fases. Unha primeira que vai desde 1941, data da reconstrución do Patrimonio Forestal do Estado, até 1981, ano no que ENCE abandona o piñeiro. Nesta fase van coexistir as...

De Carballosa para Eucaliptosa (II)

“Portugal é um conjunto de história, língua, terra, paisagem, natureza, património, etc., que lhe confere a sua identidade própria e o torna único. É esse conjunto que constitui e caracteriza a Pátria, sendo por isso a sua salvaguarda um direito e um...

De Carballosa para Eucaliptosa (I)

Hai ben pouco tempo falar de Galiza era evocar a terra das dez mil fontes onde a mitoloxía sublimaba nas florestas envoltas na névoa. Unha imaxe misteriosa que foi históricamente a verdadeira “marca galega”. Nela, brañas, gándaras e poulos asomaban ás veigas...

Cousas como Ence

Escrebo estas liñas a escasos metros dun pedregal onde nace un río. Cabo dunha aldea chamada Irímia Alta, ao pé da Cruz de Meira e do pico do Forno, a case 800m de altitude. Aquí nace o noso Miño. Graña Nova, Seixos Mil e Salgueiro Vello.  Pena Furada, O...

Vacas, eucaliptos e PDR

Se NÓS non o impedimos, en apenas dez anos asistiremos á metamorfose das vacas.

Orgullo da choiva

No inverno de 1995 a 1996 andaba á procura de lobos na Sierra Morena, a cabalo de Castilla-La Mancha e Andalucía. Por ese entón, esas terras padecían unha seca que duraba case 5 anos. 

Cásting de patriotas

Os espectros de Castelao e Rosalía concidiron unha tarde na beiramar de Arousa para presenciar a regata de dornas que por enésima edición celebraba a asociación local para a recuperación da cultura marítima. No peirao da illa, coincidiron tamén nas súas visións pesimistas acerca da situación do país e das organizacións criadas para o defender.

Flor, Verónica e Miguel

Nunha aldeíña da montaña que se ergue sobre A Mariña, un galpón de bloques sobrancea nun outeiro baixo un par de loureiros reais. A parede lateral domina unha valgadiña case desde a nacente dun regato e mira para os lousados das casas. 

Unha flecha ao ceo

“Pequeno can que fode”, neto dun grande chefe da tribo, aspiraba a converterse no líder que precisaba a sua nación para saír da inércia fatalista na que a colocara a expansión bantú e a subseguinte etapa colonizadora.

A rá e o escorpión

Hai quen sobre un concho ergue mastros inmensos para izar velames poderosos, capaces, dín, de nos conducir dun confín a outro confín. Ignoran que, se queremos viaxar confiándonos aos ventos, debemos construir barcos seguros, nas suas dimensións, na sua fasquía.

Irlanda en Galiza

“Galiza, 17 de Maio de 2026. Irmandade News. Un comando formado por uns 120 insurxentes acaba de asaltar o antigo Pazo de Lourizán, na actualidade escola de capacitación forestal, situado a escasos metros da vella fábrica de celulosas. 

A danza das árbores

Habitualmente podo pasar unhas 80 ou 100 noites ao ano a durmir tendo como único teito as estrelas, cando non intermedian as nubes pangalaicas. Mais non con tanta frecuéncia teño sido testemuña da danza das árvores.

Salvemos Galiza?

No libro de Antón Baamonde A derrota de Galicia fálase, entre outras cousas, de asédio centralizador de difícil resisténcia, de fortísimo proceso de dilución da identidade nacional e de morte do feito diferencial galego. Noutro libro, este de Xavier Vence, Crise e fracaso da Unión Europea neoliberal. Unha alternativa soberanista e democrática, analisando o contexto da crise poliédrica que padecemos e atendendo ás intencións do capitalismo europeo, fálase de “desertificación económica da periféria”, “incrementos dos fluxos migratórios”, etc.

Por unha minaría galega

“O sector mineiro galego caracteriza-se pola escasa transformación do produto e os reducidos valores engadidos da sua indústria”. Esta podería ser a frase común aos múltiples textos descritivos dun sector que podería ser estratéxico na nosa...

O peso do fume

Quen lle ía dicir en 1990 ao ecoloxismo galego, cando facía campaña contra a aprobación do Plan Forestal do PP de Fraga, que 23 anos despois, o mesmo partido político lograría aprobar no parlamento galego, co apoio de parlamentarios nacionalistas, unha proposta que...

Sexta extinción

Na envolvente da Serra de Queixa pastoreaban-se hai 30 anos máis de 20.000 cabezas de gando, grandes rabaños de ovellas e cabras mormente. Daquela habitaban na mesma área 22.767 persoas segundo censo de 1981. Na actualidade, restan apenas dez ou doce rabaños, con menos de 2.

As Encrobas-Corcoesto. Un retroceso de 30 anos?

Parece existir unha teima en equiparar reivindicación soberanista con reducionismo político e empobrecimento de ideas no debate social. Percebe-se un intento de transmitir a idea dunha equivaléncia inexorábel, de que a primeira vai acompañada inevitábelmente dos últimos. Esta teima ou prexuizo manifesta-se incluso chegando a calificar sen rubor como anacrónica a suposta volta a posicionamentos de hai 30 anos.

O soberanismo como electroforese política

A electroforese é un curioso fenómeno que permite identificar sustáncias ou mesmo separar compostos. Produce-se ao aplicar unha carga eléctrica sobre, por exemplo, unha disolución de lípidos, proteínas ou ácidos nucleicos. Os componentes desas sustáncias migran cara un dos polos eléctricos en función da sua carga iónica.

A última pieira (conto para o Senlheiro)

O que vou relatar aconteceu nunha comarca montesía do noroeste galego, onde o bafo do mar deita un manto de nevoeiro sobre as lombas cubertas de toxos. Aló, onde pastan ceibes as greas dos cabalos bravos. Parece-me que é o momento de conta-lo, agora, cando asistimos, como dicía un manifesto hai tempo, ao cambalache funesto do festín dos poderosos.

A demolición de ENCE. Proposta de Manual de Instrucións (e IV)

A pretensión inicial era publicar este artigo de remate noutro contexto político. Cun goberno alternativo ao do PP e con expectativas reais de transformación para ben do país. Desgrazadamente, deberemos manter, alimentar e afortalar a resistencia ao vagaroso esmorecer que supón a acción política dun novo goberno de Feijóo.

A demolición de ENCE. Proposta de Manual de Instrucións (III)

ENCE é un dos motores principais da economía forestal galega, ademáis do principal obstáculo para que esta deixe de mostrar un claro carácter colonial e se convirta nun potente axente de dinamización do medio rural galego. Lembremos a segunda premisa coa que comezamos esta série de artigos.
x