Opinións de
Mercedes Queixas
   

O noso voto conta

Este vindeiro xoves 4 de decembro o profesorado do ensino público non universitario  galego está chamado á celebración dunha nova convocatoria de eleccións sindicais enmarcada, máis unha vez, no período de implantación dunha nova reforma, que tal vez sexa máis acaído denominala reestruturación, do sistema educativo.

Rosalía de Castro, da libraría á rúa

O 28 de decembro celébrase o Día das Librarías, eses espazos ágora que nos axudan a aprender a ler en liberdade entre liñas ou versos encabalgados, desde as marxes, en branco e negro ou con iconografía ilustradora multicor.

De apelidos galegos e aparatos eléctricos

Sorprendinme estes días pasmada cara o sosegador anuncio dun valado publicitario próximo á casa que destacaba o valor dun apelido galego, Fraga.

Desculpen que non celebremos*

Ao tempo que algúns medios de comunicación informaban dos recentes resultados da evolución do coñecemento e uso do galego entre os anos 2001 e 2011 analizados polo Instituto Galego de Estatística, organización gobernamental dependente da Xunta de Galiza, recibimos a valoración positiva destes por parte da Consellaría de Cultura e Educación.

Aínda que non o pareza… temos un plan!

Lingua e sociedade camiñan de mans dadas desde a interacción e a reciprocidade de ambos termos, que permite entendermos a primeira, a lingua, como ferramenta de construción do pensamento para a interpretación da realidade, indispensábel para construírmos o mundo propio, íntimo e relacional, para alén de instrumento de cohesión social e de identificación cun territorio e unha colectividade singularizada. 

Re(Volta) a escola

Rematou agosto e con el van aló as prometedoras horas longas herdeiras do solsticio de verán da noite de San Xoan. Cadaquén ficará na memoria epidérmica con sensacións agardadas ou inesperadas. Cadaquén imprimirá na portada do seu cartafol capilar aromas e tactos procurados. 

Penúltimas tendencias ou como (non) estar á última

Confeso, aínda que comprenderán que o escenifique en modo laico, que de pequena, unha nena do barrio coruñés dos Mallos-Estación, sempre pensaba que existían dúas Coruñas, moi próximas, mais dúas Coruñas.

Comeuche a lingua (inicial) o gato?

Abrímoslle a porta a este mes de xullo participándomos no X Curso de Verán sobre dinamización lingüística organizado polo Servizo de Normalización Lingüística da UDC en colaboración coa CTNL, o Concello de Carballo e mais a SXPL.

Hora de ler. Non perdamos a perspectiva

Rematar un curso escolar é como concluír un proxecto de vida. A curto prazo, si, mais proxecto. De vida, tamén, porque ao cabo de algo máis de nove meses agardamos o resultado do camiño andado.

Cando Xabier P. Docampo peta na nosa porta

Agora mesmo chove a cachón. Víase vir. Escoitábase bruar lonxe. O calmozo anunciaba en sucesivas badaladas que a treboada nos visitaría neste sábado de benvida ao verán, esa estación que agasalla a suxerente delicadeza saborosa das cereixas.

Cen semanas para Sermos

Cada quinta feira, en chegando o remate da semana laboral ou programando xa os labores dun novo setenario que sucederá esa paréntese de fin de semana que sempre chega para fuxir, boto man do talonario de subscritora do Sermos Galiza para ir ao quiosco recoller un novo número do xornal impreso que relevará o anterior na lectura informativa espaciada ao longo dos próximos cinco ou seis días.

A oportunidade do presente continuo

Afirmar que a maioría social galega é fiel ao uso do galego, lingua propia deste país das mil primaveras resistentes, é dato contrastado, malia prexuízos intereseiros e xogos de palabras confusionistas de prestidixitadores de provincias.

O pequeno é proporcionalmente moito máis forte

Aínda resoan próximas as emocións da Gala das Letras organizada pola Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega, pórtico do encontro co afecto das palabras que voan libres, ignorando marcos, fronteiras ou valos, como xanelas abertas á luz da ría pontevedresa que no serán do 3 de maio nos acompañou. 

#EnGalegoLeo

Benquerida e sempre estrañada avoa:

Andamos neste tempo revolto de muda estacional que ti sempre clasificabas como  entretempo, acaído tanto para a primavera como para o outono, e que sempre me parecía que debía ser a nosa terceira estación galega de tránsito cíclico entre o verán e o inverno.

Cáritas, Instituto Nacional de Estadística, Consello da Cultura Galega e Resistencia Galega

Desafío? Burla? Provocación?

De difícil cualificación resultan as ofendidas declaracións públicas do máximo responsábel do Goberno galego á hora de negar á maior o recente informe de Cáritas para anular calquera cuestionamento do seu suposto plan de acción política eficaz para un presente que, ben consciente das feblezas do momento, asumiu liderar como o profeta reconquistador e salvagarda da patria.

Cuestión de pelotas

Reneguen de lle dedicar o seu ocupado tempo á lectura destes pensamentos quen procure no título unha análise reflexiva dese suposto único deporte do que estamos sobresaturadamente cercados.

Rosalía viva! Viva Rosalía!

Os seus versos falan de nós, desde o antonte e o onte aprendidos até o hoxe en permanente construción; as súas palabras son fíos que cosen a memoria das costuras, son agullas que tecen o abrigo de quen teima en destecer, son dedais escudo que protexen da mentira e da infamia.

Falará a poesía

Debruzarse na lectura diaria -literal e figurada- da información e procesala con espírito crítico está a se converter en amoado para o desasosego, adubo para a impotencia e lévedo para a rebeldía.

Emprender cara a ningures

O Goberno español vainos presentando a concreción da LOMCE a través do proxecto do Real decreto que estabelece os currículos...

Coherentes incoherencias

Amence o día frío e treboento e mentres pensamos se os refachos e trebóns levarán canda si os malos agoiros, acordamos na realidade ao escoitarmos, nas noticias da radio pública galega das oito da mañá, o Presidente do Goberno galego enarborar a bandeira do consenso para a próxima reforma da lei do aborto, que, con fervor ultracristián e vontade retrógrada, quere aprobar o seu partido nas Cortes madrileñas, invocando a necesidade do consenso conseguido pola actual lei e a ausencia de recursos xudiciais. E entón cuestioneime se realmente acordara -eu, claro está, non o Presidente!- como era debido para continuar a conducir camiño do inicio da xornada laboral -ese luxo!

Do Malo será ao Peor foi

Había unha vez un anuncio publicitario que era coreado popularmente a ritmo do confiado lema  “Malo será”. O ano transcorreu e sentenciou un “Peor foi”. Mais o conto non rematou, pois agora a mesma empresa anunciante convéncenos de que estamos a vivir o mellor nadal 2013 posíbel (porque non hai outro). E aquí si que podería rematar o conto cunha honra e outra salve ao conformismo colectivo.

Versos pintados no pupitre

Versos pintados no pupitre era o suxestivo título con que as III Xornadas de Literatura e Ensino, organizadas pola AELG, convocaron o pasado 13 e 14 de decembro un auditorio amplo, maioritariamente docente, isto é, profesionais que ofrecen o seu tempo persoal e horario non laboral para a actualización formativa individual orientada á mellora da aprendizaxe colectiva do alumnado.

De Pontevedra a Laponia con Sarmiento

Descubrín con maior profundidade a personalidade e obra literaria de Frei Martín Sarmiento en 2002, grazas á decisión do plenario da Real Academia Galega de o recoñecer naquel 17 de maio e mais ao brinde da editorial Laiovento convidándome a preparar unha biografía divulgativa sobre este erudito padre beneditino, nado no Bierzo mais asentado en Pontevedra desde os catro meses, que finalmente editamos intitulado Frei Martín Sarmiento. O inicio da recuperación da conciencia galega.

De Elena Poniatowska para todas nós

Revisándomos a prensa diaria que converte en novas de actualidade, e polo tanto con  dereito a merecido interese informativo, aquilo que se recolle en titulares, infelizmente ningunha asomaba na escena pública con perfil esperanzador, ilusionante nin por acaso restaurador da inxustiza social xa perdida ou en trance de ser arrombada na ardora do mar da memoria.

Non nos humillaredes NUNCA MÁIS!

O trece de novembro de 2002 comezaba a abrir a porta desveladora daquel gran segredo que ocultaba a gravidez desde había oito meses ben cumpridos. Ían avanzando as xornadas e estaba pronta a soñada semana corenta, aquela en que a dor derramaría cara á vida nova.

Galeusca 2013

A “boa vila” de Pontevedra, en definición do ilustrado Padre Sarmiento, acolleu entre o 25 e o 27 de outubro o Encontro da Federación Galeusca 2013 que aglutina, a piques de se cumprir o 30 aniversario da súa constitución en Poblet, aqueles escritoras e escritores cuxa lingua de creación é o galego, éuscaro e catalán e que, conxuntamente, suman a nada infravalórabel cifra de máis de 2.000 autoras e autores dentro do Estado español. 

Escribir en galego para que nos lea todo o mundo

Traducir non é tarefa inocente, pois non só se trata de reescribir un texto, senón de interpretar unha realidade concreta nun contexto transcultural.

Traducir non é unha anécdota curiosa, senón unha proposta que nace dentro dun proxecto cultural (tamén político) determinado que se orgulla de internacionalizar unha parte desa súa identidade grafada.

Día Europeo das Linguas

Saúda o outono coas primeiras pingas que arrefriarán a pel e o corazón da terra queimada e cinsenta, testemuño inerte da connivencia entre as conciencias suicidas e a planificación política confiada ou desleixada.

Fin de verán

O home das neves, habitante amnésico en El Dorado, xustifica agora o lume no que ardemos un pouco todos e cada un/unha de nós como actos de neglixencias ou ben intencionalidade cando non hai tanto tempo, sen responsabilidade de goberno, azoutaba, mangueira en man, acusando aquela consellaría por primeira vez denominada do Medio Rural de ineficaz. Semellan non ter valor nesta fin de verán aquela palabras súas ante a mesma asfixia e devastación do monte e da terra toda: en situacións coma esta é onde se mide a eficacia dos Gobernos. E entón o que antes era incompetencia da Xunta cede o paso de pleno dereito ao dedo acusador índice para contraatacar aos incendiarios que seica todos os veciños lle din á Conselleira que ben se sabe quen son (¿?) e demándase a colaboración da cidadanía.

En vías de extinción

Remato a lectura de En vías de extinción de María Reimóndez coa sensación de ter prendido nas múltiples pólas enredadas nesta fraga propia, que non en propiedade, que nos acolle na súa estrutura interna.

O convencional reparto capitular cede o paso aquí á sucesión de espazos ambientais presididos polo toxo, a abeleira, a uz, o carballo, o acivro, o pradairo e o castiñeiro, arbustos e árbores naturais de bosques mixtos que nos ubican nunha próxima rica terra natural vizosa.