Opinións de
Mercedes Queixas
   

O que a sociedade crea que non o destrúa un goberno

De entre todas as puntuais citas que cada ano convocan ao sector sociocultural vertebrado ao redor da industria que xera e promove o libro e a lectura hai unha que ten unha identidade ben definida: a entrega do Premio Biblos-Pazos de Galicia.

Día da Patria Solidaria Galega.

Hoxe é 25 de xullo, Día da Patria Galega. Os plans persoais de milleiros de galegas e galegos agardaban para hoxe o paseo compostelán polo orgullo colectivo, a festa do xantar na carballeira compostelá e o reencontro neses lugares comúns para a historia nacional.

Club de lectura: moito máis que un club!

Advirto desde xa, atento e crítico lectorado, desde o primeiro asalto visual a esta patalla, que a escrita destas miñas palabras atenden a queixa do Presidente do Goberno do Estado español e Presidente do Partido Popular (tamén) español (si, si, si, ese mesmo, non fan falta máis indicios sospeitosos nin presuntas declaracións!) ao dar mostras de desagrado nun medio xornalístico por estarmos sempre a falar de cosas que no son las mejores. Algo gravísimo por parte da maioría social que demostra que aínda non se decatou de que España va mejor.

Declárome lectora

Declárome lectora. Cada vez máis necesaria e irrenunciabelmente lectora. 

Porque cando os tempos tornan avoltos, todo un mundo de historias non vivenciadas, mais por outros para min recreadas, acórdanme a existencia dunhas raíces que alimentan ilusións á procura doutras idades posíbeis. 

Porque cando as modas sociais dominan baixo berros de ignorancia televisiva, estulticias degradantes e mercadeo cuantificado en sobres de compra-venda, outros protagonistas tamén reais e alter ego imaxinarios invocan en min autorreflexión sosegada. 

Darlle á lingua

Recoñezo publicamente que levo tempo a madurar a idea de colocar en forma de texto impreso e ordenado os pensamentos que decote teimudamente me remoen. 

Propúxenme pronunciarme, mais unha vez, neste foro, a respecto da lingua que me fornece palabras, pensamentos, dúbidas e proxectos de futuro. 

A boa educación

A fin de curso está a bater silandeira na porta e para as persoas que traballamos na docencia é case coma se fose a fin de ano. Semella estraño, ben o sei, mais a rutina do calendario escolar lévanos a medir o tempo por cursos moito máis do que por anos. Era así e non me decatara até unha estadía laboral de tres cursos alonxada da docencia directa, desempeñando labores de perfil máis técnico na Consellería de Educación como coordinadora de equipos de normalización lingüística da provincia d´A Coruña. E a aprendizaxe foi a ferro, abofé, pois non sempre a propia Administración educativa era consciente dos ritmos e tempos escolares que Ela mesma regulaba.

Literatura cargada de dignidade

Os escritores e as escritoras somos xente de paz e diálogo. Coa palabra defendémonos da intolerancia e a desigualdade, da mentira, da opresión encadeada ao medo e o non respecto aos dereitos da cidadanía. Coa palabra e co acompañamento presencial reivindicamos traballo e saúde de futuro con DIGNIDADE para o Ferrol do Naval  e o Desemprego, matria natural do Socio de Honra da AELG, Ricardo Carvalho Calero.

De credos varios

A cartografía da experiencia persoal vaise deseñando coa suma de observacións, encontros, descubertas, tactos, soños, perdas, sorpresas, desenganos, esperanzas abandonadas, palabras quebradas, diálogos enriquecedores, monólogos cuestionadores, silencios prudentes...

A memoria dunha ben cumprida corentena e a teimudez que apremia a visitar a información de cada xornada afíncannos na idea de estarmos rodeados de titulares de hipocrisía, falacia e mentira, en que os aprendices mesiánicos perden fol, ao tempo que tentan que o seu rosario de doas hipócritas nos abafe para nos chuchar o osíxeno e o alento dos principios até o cansazo, a renuncia, o abandono ou a muda. E aquí lembramos, sen renunciarmos ao sorriso, aquelas palabras do Groucho Marx: Estes son os meus principios, se non gosta deles teño outros. Será por virachaquetas ou expertos no xogo dialéctico confusionista?

Estilística da lingua galega

Estilística da lingua galega é o recente título editado que compendia, máis unha vez, o ímprobo esforzo de estudo e análise investigadora que o profesor da Facultade de Filoloxía da UDC, Xosé Ramón Freixeiro Mato, dedica á lingua galega.

 

Chámome celiaquía e cheguei para ficar

A primeira vez que escoitei a palabra celiaquía foi hai oito anos. Era o diagnóstico que, en palabras do especialista gástrico infantil, permitía identificar o porqué dun trastorno físico agudo que a pequena Mariña, de apenas vinte e dous meses, viña...

We don´t need another hero

Isto foi de converterme entre felina e feliniana de sub-realizarme outra vez e rebelarme e revelarme e descubrir que cabería ser outro fotograma As uñas crecen , Silvia Penas Estévez Ímonos afacendo ao cántico rutineiro entoado baixo a batuta da eterna...

Eu tamén son vítima dun plan para amedrentarme

Rematada a Semana Santa de Paixón, Morte e Resurrección, xa estou en disposición de confesar publicamente algo que a algunhas persoas ha sorprender: comprendo a mensaxe, letra por letra, palabra a palabra, frase por frase e mesmo desde a oración simple até a subordinada final, que o Presidente da Xunta pronunciou este 1 de abril nunha rolda de prensa para explicar a publicación dunhas fotografías súas marítimo-estivais en

De Circe a Penélope

  Remato de ler Circe ou o pracer do azul e aínda aboian na miña mente a delicadeza dunha exquisita linguaxe entrelazada por volta de emocións e sentimentos pouco explorados aínda na literatura galega.

Tanto tes, tanto vales!

Acompáñame este refrán desde sempre, como tantos outros prendidos en min desde a sabedoría popular das voces familiares que a memoria foi fixando silandeiramente como flash instantáneos que decontado renacen milagrosamente para alumaren esta realidade acosadora, como aquelas sorprendentes primeiras cámaras polaroid, que chegaron cando nena e nos amosaban en segundos os nosos retratos que até entón tardaban semanas en seren

Saúda e benvida para Forked Tongues*

É o galego a miña lingua de comunicación habitual e a lingua literaria de escrita poética que hoxe nos convoca e acolle neste marco cultural que vén confirmar que as barreiras lingüísticas per se non existen.Desde logo estas non existen nunca por principio para as linguas hexemónicas.

Rosalía, trending topic

Hai uns días un xornalista preguntábame, na miña condición de docente, se a obra de Rosalía de Castro era comprendida pola mocidade de hoxe.A miña resposta foi unha afirmación rotunda e convencida, claro que, insisto máis unha vez aquí e agora, sempre desde a miña persoal experiencia como docente.

Vaite noite, vai fuxindo

Cumpriría traer hoxe para aquí tantos temas para a reflexión e a opinión! A realidade semella túzara e non quere mudar de vez, malia os titulares adiantármonos esa decadente crónica dunha morte anunciada.

Facendo memoria das "Memorias dun neno labrego"

Unha biografía humana constrúese paseniñamente, aniñando ilusións, acordando experiencias iniciáticas, expóndonos á dor imprevisíbel, ansiando futuros e estrañando pasados en presente.

A orgullosa memoria dos avós

Considérome moi afortunada por pertencer a unha xénese familiar lonxeva. Tanto que puiden convivir con tres bisavoas, dous bisavós, dous avós e dúas avoas. Acontecemento inaudito e mesmo inexplicábel ante algunhas amizades escolares cando era cativa.

Benvido 2013

Bebidos os últimos grolos do ano que xa foi -malfadado para algúns e de empodeiramento brutal para outros- e afacéndomonos ao arrecendo destas primeiras xornadas do aninovo que aínda está a se descubrir, este 2013 será un ano que irremediabelmente pasará á nosa historia persoal con etiquetas de seu, coas que cadaquén irá cosendo con fíos de cores, en branco e negro ou escala de grises a sucesión de

De shopping polo barrio

Que queren que lles diga? Eu son de barrio, debo recoñecelo, do mesmo barrio de toda a vida, da mesma cidade de toda a vida. Só por iso detento a condición de CTV (Coruñesa de Toda a Vida, para os recén chegados).

Abecedario

Día tras día deixámonos devorar polas palabras. Unha fervenza de palabras-fel, voces-neve, atronadoras, usurpadoras, discriminadoras, intrigantes, roubadas, roucas, necias, traidoras, reguladoras, machistas, represivas, vixiantes, sancionadoras, rancias, amedrentadoras inzaron o vocabulario do acordar matutino.

En agradecemento e apoio aos gandeiros e gandeiras galegas

É só despois da quentura do leite da mañá que confirmas que definitivamente acordaches. A calor traspasada da cunca ás mans abrevia o frío que se presente fóra. O leite fervido, como sempre che sentenciaban naquela casa, naqueloutra que veu despois e nesta. Mágoa daquela tona larpeira que só aniña nas túas lembranzas da infancia.

Nós tamén amamos a vida

Abrimos os enlaces que nos entregan as novas do día, aqueles titulares, subtitulares, fotos, pés de foto e columnas que, só polo feito de estaren nas páxinas que decorren a verticalidade da pantalla, converten en verdade real e tanxíbel aquilo que aconteceu perto ou lonxe de nós.

Litera(L)tura

Pouco máis de corenta e oito horas separaron recentemente o meu encontro con escritoras e escritores representativos de escenarios tan diferentes culturalmente e distantes xeograficamente como Finlandia, Cataluña, Croacia, Euskadi, Letonia, Eslovenia e Islandia.

Mundo Matrix postelectoral

Conforme foi avanzando a pasada lexislatura non deixaron de me acometeren sucesións de interrogantes á procura de respostas racionais onde o sentido común tomase forma.

O país adormentado

Cando che pareza que xa non podes máis, cando se che faga insoportábel o cheiro da derrota, entón baixa até o fondo da Fraga Mesta a reunirte comigo”  Estas palabras que Val dirixe a Aurora no inicio d´O país adormentado, novela

A hora das letras

A literatura é a arte de todas as artes, coido eu, a risco de ser incomprendida ou considerada excesiva, estridente ou interesada, pois é certo que son arte e parte do territorio das letras. Cómpre explicarme mellor.

Memoria recente da destrución

No idioma está a árbore xenealóxica dunha nación, sentenciou o escritor inglés Samuel Johnson.A fala é a voz da terra / e máis do mar, / o vencello que nos xungue / no tempo cos que foron / e máis cos que han de ser, escribiu o poeta chairego Manuel María.