Opinións de
Mercedes Queixas
   

Dúas vidas de mulleres coa reforma dunha lei de fondo

Acordou cedo algo inqueda. Pechou os ollos para seducir o sono. Mais non foi posíbel convencelo.Aquela humidade incorporouna da cama violentamente. Sentada, abeirada no seu estremo límite para manter a semiverticalidade, as imaxes visionadoras comezaron a viaxar aceleradamente e sen goberno por unha mente que teimaba en botar o pulso da racionalidade ao pulso do corazón desalentado. Non pode ser, antonte estaba todo perfecto.

Por unha lingua sen límite II

Por unha lingua sen límite 1991-2011semella ser certeiramente o título máis acaído para o novo capítulo que a política lingüística galega proxectou entre o 2006-2009.O Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega, a estrela debutante logo de máis de dous anos de preparación do papel, fixera a súa entrada nos fogares galegos, iso si, moi modestamente e sen apenas ruído.

Por unha lingua sen límite I

Por unha lingua sen límite 1991-2011 é o recente título que recolle as palabras pronunciadas na xornada de celebración dos vinte anos dos equipos de normalización lingüística que, organizada pola Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística, tivo lugar en Compostela o 5 de xuño de 2011.

Outro día sen sol

Acordei cedo hoxe porque a planificación programada desde varias pólas esixía rigorosa e sincronizada temporalización.Derrotoume descubrir, outra mañá, o caprichoso sol acubillado, morriñento e sen vontade de querer cumprir cos deberes que lle corresponden na cronoloxía sucesiva de follas penduladoras que puntualmente nos ofrece na terraza a “Panadería Alpa”.Reencontreime con X.

Hai quen di que as palabras as leva o vento

O que algúns non saben é que as leva sempre dun corazón a outro a través dun bico sonoro, dunha aperta apertadiña, dun segredo que visita caladiñamente o oído, dunha chiscadela de ollo que só ti comprendes, dunha notiña emburullada que asoma por debaixo dun libro, dunha sobremesa celmosa, dun filme de animación, dun soño ridor, dun conto triste ou dunha canción falangueira.

Grazas, Agustín!

A miña patria é a lingua, afirmou Pessoa, patriarca das letras portuguesas.A patria do escritor é a súa lingua, recoñeceu novamente Francisco Ayala.

Facendo Memoria(s)

Andamos os e as docentes de ensino non universitario nestes días de peche mensual, trimestral e escolar. Unhas semanas antes ese peche mesmo chegou a ser físico e visualizado no compromiso colectivo para co ensino público en numerosas comunidades educativas galegas.Cómpre agora pecharmos documentos, arquivos, pastas e gabetas que certifiquen o visto e prace á superación do curso 2011-2012.

L anos despois

A Real Academia Galega vén de celebrar a liña temporal dunha data emblemática, gravada no noso imaxinario cronolóxico cultural como cita puntual de reencontro cos tempos literarios construídos de onte a hoxe, unha madura reconciliación amiga ou descuberta de noivado mozo con aqueles e aquelas que falaron de nós, por nós, para nós e o extenso mundo de ollada aberta.

De prima e curmá

Houbo un tempo en que as palabras semellaron precisas de certo tuning porque a estética canonizada debía ser guieiro para quebrar aquelas vellas sentenzas que anunciaban precaución; xa se sabe que as aparencias enganan.Houbo un tempo en que as palabras deixaron de ser donas de si para seren dominadas por unha imaxe, porque tamén se sabe con certeza absoluta que unha imaxe vale máis que mil palabras.

Restauración ou descastra(piza)ción

  “Se aínda somos galegos é por obra e gracia do idioma”, sentenciou Castelao. “E logo, ti de quen vés sendo?”, inquire a nosa xenteAndando este 2012 (que non acaba de deixarse saborear en absoluto doce, aínda que isto non permita confirmar que larpeiros habelos hainos...

Torre de Hércules. Patrimonio de ninguén?

Admirámonos perante as caprichosas creacións artísticas que a natureza, dona de si, é quen de moldear ao seu antollo e sen mancar. Sorprendémonos perante a forza dun mar que bate embravecido e ouleador, maré tras maré, contra a costa da Praia das Catedrais. Marabillámonos no equilibrio granítico das Penas de Rodas, a deitar imperturbábel ollada panorámica sobre a Terra Chá.

Eu son (III)

  Eu son dunha xeración que aprendeu a ler nas voces e pensamentos impresos dos nosos escritores e escritoras, que recuperaron para nós a literatura oral popular e colocaron no escaparate da denominada literatura culta un abano creativo rico e comprometido, onde a lingua de noso é irrenunciábel e, polo tanto, visíbel na diversidade lingüística e literaria do mundo.

Eu son (II)

  Eu son dunha xeración que naceu e medrou en paralelo á lingua galega, viaxando en habitáculos diferentes do mesmo comboio.

Eu son (I)

  Eu son da xeración nada nos finais dos anos 60, daquela que chegou in media res a todo, ao principio do fin dalgúns medos encarnados nos nosos superiores e ao inicio da apertura reticente a un mundo novo, ansiado e temido, ao tempo, por descoñecido. A luz da liberdade das palabras que prendía no misto do futuro inmediato apremiaba, mais, con todo, engulía rescoldos no branco e negro que necesariamente tiña que se mudar en gris.