Vox, o o botón do pánico (I)

Vén de sair ao mercado unha experiencia única en España a dicir da Xunta , o botón do pánico. É unha aplicación para descargar no móbil para evitar a agresión aos médicos por parte dos seus pacientes. Disque ao premer ese botón actívase un aviso ao 112 e mobilízase a policía nacional, local e a guarda civil. Non...

Os cans gardiáns

Moitos cans levan a fidelidade alén das portas da vida e fan garda nos cemiterios ate morrer sen se arredar do seu dono soterrado. Por iso eu agardava ver algún can na exhumación de Franco no mausoleo do Valle de los Caídos . Axiña me decatei que era demasiado tempo para que sobrevivira ningún, nen sequer aquel...

Sementeira de Galos

Camiñando as fragas de Outeiro de Rei hai poucos anos, na volta dunha corredoira atopei unha alfaia de cor azul e preta en feitío de mosaico, era unha pena de galo. Non vin ao propietario por moi de vagariño que andei entre os carvallos da Terra Cha. Mais a emoción de atopar ao sementador de fragas aledoume aquel...

De falcóns, térmicas e pegadas ecolóxicas

“ A CURUXA MUDA DE CASA Un día  a curuxa atopou á rula. -A onde vas?-preguntou a rula. -Estoume mudando ao Leste -dixo a curuxa. -Por que?- demandou a rula. -Á xente de aquí non lle gusta o meu grallar -retrucou a curuxa-. Por iso quero marchar ao leste. -Se podes mudar a túa voz,...

Polo clima, decrecemento

Pouco despois do día sen coches nunha cidade como Ferrol onde aínda é tema de controversia a peonalización do casco histórico, aprobouse unha Moción polo Clima levada a pleno por FeC e BNG e presentada polo Movemento Galego polo Clima que engloba a case un cento de colectivos ecoloxistas, sociais, culturais e...

Robótica católica

Parece ser que entre as innovacións de primeiro de bacharelato da Xunta de Galiza haivos agora unha materia dous en un, algo así como robótica católica porque seica polo decreto de 2015 emanado da LOMCE, que regula as materias que se deben cursar como específicas en primeiro de Bacharelato, os alumnos que...

Nouturnio de esfameados monitores

Escribía José Bergamín: Se me fixeran obxecto sería obxectivo, mais fixéronme suxeito . E suxeitos estamos ás leis do mercado que de libres teñen só o nome. Cando eu estudaba pedagoxía social na década dos oitenta do pasado século, (anque ninguén albisque esas modernidades de teres inaugurado outro) a...

As derradeiras Fragas

Son as sete da tarde de finais doutro agosto. O silenzo do val de Muras é rachado polo son dos sinos e, deseguida, polo ladrido dun can. A torre das campás xace arredada da igrexa e do camposanto no prado alto albiscando un mesto val de veludo verde. Polo oeste chegan os fermosos nubeiros a pintar no ceo unha grade...

O lapis de memoria

Parece que en Ferrol existiron dúas fábricas de lapis, unha en Canido e outra en Ferrol Vello. Catro mil e cantas toneladas demolidas de cascallos? Ao predio da antiga Hispania, no alto do Porto, poderiamos trasladar o busto do grande debuxante Camilo Díaz Baliño pois na abraiante obra O lapis do carpinteiro de...

Autoadoutrinamento, adoutrinamento e outros amentos

Dicía o lingüista e filósofo Noam Chomsky que asistimos a un mundo onde xa non existe a verdade obxectiva. Todo é opinavel. Non há expertos, doutos. A penas fican tertulianos. Paradoxalmente, na sociedade do meirande desenvolvemento científico-técnico é onde menor valor ten a verdade obxectiva. Funesta evidencia...

Ele no carro dos conversos

Ai, o ele, esa letra estremeira, conflitiva, que esperta tanto o amor como a birra. Esa amósega de inexperiencia que se desprende da xanela traseira do carro e morre todo o ano nunha longa agonía na grella vehicular para evitar as agresións innecesarias dos doutos condutores. Esa letra que no Arde Lucus muda en...

Ferrolaneando

Ferrolaneando pola Avenida de Compostela a mocidade, chegada de todos os recunchos da Terra, vaga agardando polos escasos comboios e autobuses. Nin na semana do Festival do Mundo Celta de Ortigueira son quen de ofertar un transporte público axeitado. Os camiños de ferro, enferruxados no deleixo, esmorecen desde os...

26M: Historia dunha escaleira

Historia dunha escaleira é unha obra de teatro de Antonio Buero Vallejo estreada no Teatro Español de Madrid o 14 de outubro de 1949. Nela analízase a sociedade española, con todas as súas mentiras, a través da veciñanza dunha escaleira. É un drama en tres actos en lingua castelá e con diálogos fluídos. Porén,...

Por un Ferrol diferente

Parece que as persoas que están en política pensarán que sempre van estar na forza da vida porque sempre gobernan pensando nos fortes, para os que gozan de saúde, para os que posúen un nivel social que os fai privilexiados, para os que están no cumio das súas capacidades vitais. Parece que só pensaran e gobernaran,...

8M: o valor dun mandil

Esta ano na folga feminista do 8 M ou Día Internacional da Muller Traballadora, as fiestras e balcóns lucirán lindos mandís, ese símbolo dos Coidados como territorio reservado ás mulleres.   Hai unha ledicia histórica no feito de nos unir as mulleres para saír xuntas á rúa a reivindicar, a lle amosar...

Telescravos, máquinas e pobreza enerxética

Cando en 1920 o dramaturgo checo Karel Capek estreou a obra R.U.R. ( Robots Universals Rossum ) disque lles quixo chamar labori, do latín labora, traballo a aqueles rudimentarios robots. Mais o seu irmao Josef suxeriulle roboti , de robota que significa literalmente traballo ou labor e figuradamente, traballo duro...

Violencias de xénero

Podemos as persoas relacionármonos sen esa teima polo xénero? O xenerocentrismo , nunha sociedade que reclama os dereitos dos LGBT (lesbianas, gais, transexuais/transxéneros e bisexuais) parece un concepto caduco máis propio daqueles tempos en que a reprodución era indispensavel para a subsistencia da familia ou...

Vox Populi

Vox populi é unha expresión latina que significa coñecido por todos, eis, do dominio público . E coñecido por todos son os auxes dos fascismos na Europa. En tempos de crises inducidas polo proprio sistema capitalista botar man dos fascismos é o xogo nas democracias de moedeiro nas que nos movemos. Á subida dos...

As corvetas, o 'galán' de noite e os camelos saudís

Hoxe imos falar dunha planta perfecta para o horto sindical. Trátase do cestrum nocturnum , máis coñecido como Galán de noite , un arbustre axeitado para ter en macetas a carón dos fogares por mor do seu forte recendo nouturno que, malia o engado, ceiba un alcaloide tóxico mentres os traballadores durmimos....

En Muras, as formigas

En Muras, as formigas, o ar abafante detido na sombra da carballeira, beira dun rio sen nome nen estirpe. Un río onde ninguén bañou igual após Heráclito.   Agostando a vida, rentes da terra esquencida do norde, felizmente deitada ventando A Gañidoira, a herba, estremecida, soña. Soña aqueles lentores...

A patria dos buscadores de trabes de ouro

Falava aquel humilde e sabio rianxeiro, tan douto en teatros de farsas e fantoches, de que a nosa enfermidade, o mal dos galegos, era ese sorriso encolleito de ombreiros que algúns coidavan que era o noso talento. E se preguntava aquel escritor antifeixista se atopariamos un cento de galegos para os que...

Governo feminino ou governo feminista?

Anda por aí o runrún de que se acaba de formar en España un governo feminista. A cousa anda algo trascaburrada. Alguén pensa que un libreiro é por forza un lector ou mesmo que un músico ten unha audiometría perfecta? Para amósega, Beethoven , o da Quinta do Xordo. E, porén todo o mundo é a dizer que porque o...

Letras galegas: de guímaros e suicidas

Todo empezou por un viño nunha cea dun interesante encontro herculino de psicanálise onde se falava de Sade e da esencia da perversión. O viño era tan bon que deu parola a preguntármonos que era a verba guímaro coa que se bautismara aquel gorentoso viño. Eu só lembrava que Franco Grande definía ese vocábulo como...

Há 'manadas' e 'manadas'

Disque os lobos van en manadas. Disque algúns machos da especie humana tambén. Disque as manadas conteñen entre dous e seis lobos, e anque os humanos digan da ferocidade dos lobos nouturnos, estes endexamais serían quen de fazer o que eses cinco lle fixeron a esa moza nos Sanfermíns. Porque os lobos gozan dun...

O saneamento da Ría de Ferrol, a auga como dereito básico

Foi poñer a Plataforma na Defensa dos Servizos Básicos e pola Remunicipalización no xulgado de Ferrol unha denuncia por estafa e prevaricación contra Emafesa, o alcalde e os correspondentes concelleiros cando, ás poucas horas, o governo local (tan vagariño, opaco e inactivo até ese intre) co alcalde á cabeza,...

Rosalía e o caldo das pobres

Cara Rosalía:  Escrévoche estas letras sen vírgulas, na túa-nosa lingua namentres os xornais lóuvanche na outra, sen vergoña nen vírgula. Terás que desculpar mais eu non podo celebrar teu nacemento, con esta patuleia de arrampicatore sociale...

Os cidadáns e outros neurópteros lingüicidas

Teño da miña man un raro livro que se titula Falemos Galego , unha antoloxía de textos a prol da nosa lingua dada ao prelo no ano 1973 por edicións Castrelos. É unha das miñas xoias porque, anque pobremente ilustrado, contén unha escolma sobranceira. Há nel...

A cultura da dominación

Estou nun café do meu barrio de Catabois en Ferrol, este misterioso domingo, a un tempo solloso e xélido, matinando na charla que a Rede de Decrescemento imos dar en Vigo para presentar o I Congreso Galego. A min tócame motivar a deboura sobre Educación, Cultura,  Medios...

A trazabilidade do unionista español

Cidade en estrépito é o xeito en que Méndez Ferrín deu en definir a vertixe da transformación urbana de Vigo na segunda metade do pasado século, fronte ao calificativo de cidade en bisbarra co que Otero Pedraio salientava a importancia que para esta cidade teñen...