Empresarios con futuro

Eu ainda non atinxo a ver por que non somos todos emprendedores ou incluso empresarios. Endexamais foi tan doado! O único problemático é superar a burocracia de papeleos e asesoramento. O de menos é o interese do produto ou servizo a ofertar. Eis, que ves que há demanda de...

Ferrol e o calote da auga

O anterior alcalde de Ferrol, o popular Rey Varela  (en cuxo governo tivo lugar a crise da auga con incumprimento da legalidade vixente no que ten a ver coa Saúde Pública), prometera que a estación depuradora de cabo Prioriño funcionaría en agosto daquel...

Proibiron os pobres, se proibisen a pobreza!

A invisibel, a innomeável. Ela non vive no inframundo, só da terra, que alí viven as fadas e mailos trasnos. Alí também a máxica tribo dos mouros a regalar, elas peites de ouro, eles todas as cobizas humanas se danzas toda a noite no seu corro. Ela, a pobreza pasa,...

Mares e patamares

Perdemos os patamares e o mar. Nos bairros os campos abertos, sen aramios, onde os nenos e mozos xuntaban a leña e os trastos vellos para queimar no sanxoán. Os campos abertos onde se artellavan xogos livres. Un sangue novo que non monitorizava ninguén. Non havía tratados de cidades...

O castrismo e as democracias de moedeiro

Repuna moito escuitar a tantos vividores e demócratas defensores, por acción ou omisión, de corruptelas e prebendas, que aplausan e xustifican recurtes nas clases baixas para favorecer á plutocracia do planeta, dar lecións de democracia co gallo da morte de Fidel Castro....

A trindade proibida: colapso, decrecimento e equidade

Todos os povos do mundo teñen un mito da Caída. Aos cristiáns aprendéronos que o noso pecado orixinal, que pagamos coa morte, causouno Eva ao lle dar de comer a Adán a mazá da árvore prohibida. A mazá do mar morto que no mito de Tántalo muda en cinza...

Galegofobia: quen son os imbéciles e escuros?

O mesmo ten que o enteiro mapa de Hespaña estea tinxido dun azul gaivota máis azul do que os mares, o mesmo ten  porque para moitos os únicos votantes da dereita do PP están na Galiza rural. Se así fora teriano doado. Darlle a independencia a Galiza e ficar eles tan...

O clúster político e a defensa da terra

Veño de ler unha entrevista do candidato de En Marea, Luis Villares, en plena campaña eleitoral onde manifesta que necesitamos unha política de clústers que permita cerrar en Galiza toda a cadea industrial. Como fala en castelán (é para un medio español) non sei se...

A campaña política dos patufos desleigados

Asisto abraiada  á campaña eleitoral e case nen me decato que é ao parlamento galego. Veñen de paseata por acó uns señores que falan estranxeiro, naceran en Pontevedra ou en Catalunya. E pretenden que lles digamos cosmopolitas e universalistas. Pretenden que falemos...

Auga roubada e cazadores de Pokemon

Ferrol é unha cidade sen fontes no máis amplo sentido. Cando eu era nena, a auga fluía por todos os recunchos. Incluso, ás veces, reverquía os sumidoiros. Un inverno daqueles espertei a soñar con que afogava e era certo. Meu leito, cal buceta noitarega, facía augas...

Patria e Matria, Galiza

Patria e Matria, Galiza. Emporio de esqueletes a repovoar camposantos. O vento, silandeiro, pasa. O vento que palpuxa aldeas esquecidas con cans que non ouvean e sachos onde o fero ferro dos labregos mudou en ferruxe botado xa a perder polos pendellos. Chegou monocultivo dos pasteiros do papel e os montes comunais...

San Fermín: a pel de touro da marca España

Cinco homes que pertence ao mesmo xénero dos que eu coñezo (anque eu négome a admitilo), cinco homo sapiens sapiens evoluídos, coma todos nós, daquel remoto simio do carballo, algúns incluso pertencentes ás forzas de seguridade do Estado, con...

26X: San Paio, o voto dos patriotas

Chegamos tan baleiros de contido á repetición da xogada eleitoral que agora só poden apelar á Patria, así en maiúscula. Agora que xa non há ideoloxías, nen pensamento político, nen orientación espacial, ninguén sabe onde está a...

A linda cooficialidade dun país diglósico

E a ledicia que nos dá vivir nun país diglósico? Iso é impagavel! Camiñando aquelas ruas encostas de Porto, onde todo a xente se dava a falar portugués, decateime eu do triste aborrecemento daquel viver monocorde. Aqueles galegos ascendidos a nazón, non...

A pirámide eleitoral do Val dos Reis

Quen escreveu aquilo de que non se deve fazer leña da árvore caída nunca pisou unha floresta. Porque calquera que non entrara por unha porta xiratoria a un consello de administración dunha pasteira do eucaliptus globulus ou do nitens está sabido de que do que non se deve fazer...

Carral: dos mártires ao pan

Ai abril, abril de lume e ferro, o mes das revolucións, a dos cravos dos irmaos de alén-miño e a de aquén, a daqueles mártires de Carral que espertaron a nazón de Breogán dun longo soño asulagado. Do 2 ao 26 de abril daquel ano de 1846, Galiza viviu vintecatro...

En Portugal está o noso condado

Viaxar a Portugal é vérmonos, a un tempo, espellados no onte e no mañá. É pagar as taxas de extranxeiro sen nos sentir tal. É ollecer por tudo o que fomos e rabear polo non ser. É poder ler e viver sen mudar tua lingua. É ceivar da aldraxante tutela do...

Feijoes verdes planos cortados

Feijoes verdes planos cortados,  Sliced flat green beans  para os galegos progres ou Judías verdes planas troceadas para os galegos que portan unha harmoniosa lingua bífida ou escolmadora de segundo a quen se dirixen. Cun acento no o, un que non vén nos teclados a menos que...

Moción e emoción: a inmovilidade dun governo inmovilisa

Esperto cunha nova engaiolante: a Xunta quere que o 75% da xente faga exercicio para aforrar en Sanidade. O presuposto do Sergas dispararase no 2020 até luir os catro mil millóns. O governo máis inmovilista da historia anímanos a nos mover. E xa que non houvo moción de censura,...

Contra vento e marea

Sofremos un outono de seca ainda que a algúns, a aqueles que gostan das murchas chairas e morren por unha cadeira escaneada

Espellando Galiza

Disque onde hoxe alumea o facho de Breogán, na torre de Hércules houvo un grande espello dende o que Ith albisco a verde Erín

Terrorífico Samaín

Así como as floristerías énchense de exóticas froles a prezo de marfín e as grandes superficies supuran cabazas de plástico

A farsa da hispanidade

Como galega cústame barro e fariña albiscar que é iso que chaman hispanidade.