Antes que ser escravos

Antes que ser escravos, irmáns, irmáns galegos! que corra o sangue a regos dende a montaña ó mar

A débeda de Grecia a Europa

Cóntannos que Grecia ten unha grande débeda con Europa e que somentes aportou á civilización desta beira occidental a crise e o iogur de Macedonia. 

As pepeletas feiticeiras

Cativo foi a derradeira verba rexistrada naquel custoso e malfadado diccionario de galego de Murguía financiado, pinga a pinga de suor emigrado, alénmar contra todos os atrancos e aldraxes da capital do reino. E cativa é esta realidade eleitoral. 

O penitente ferrolán

Hai días surrealistas nos que non atinas a enxergar cal é a limia entre a realidade e o maxín. Son días bretemosos, neboentos onde a auga enche cada poro do ar e a pel, as pucharcas da rúa espellan un ceo grisallo e semella caroso albiscar a alguén que se achegue a poucos metros sen topenexar con el. En días orballentos coma este é cando máis imposivel se fai comprender a política municipal de augas do concello de tan alto custe coma na zona máis seca das Españas, Almería. 

Os Biosbardos homenaxean a Blanco Amor

Decembrando, entre as luces acesas do nadal ferrolán vexo entre a bategada da choiva o único autobús que debe circular este santo día constitucional polas rúas ermas. Ian fechando as portas tras de si e guindando as chaves. Certeira sentenza  arestora para un escritor que hai trinta e cinco anos que morreu.

Nacionalismos de lentes do diaño

Wenceslao Fernández Flórez fai neste libro unha distinción maxistral entre o ser galego e o ser castelán. Distinción chea dun humorismo requintado, dunha intelixencia aguilloante coma poucas. Os lentes que o diaño lle empresta a un home candoroso fanlle ver a realidade tal e coma é, fóra as apariencias. 

O Pazo do Hórreo

Os galegos temos o Parlamento no Pazo do Hórreo e quizais por iso pasa o que pasa. Ter os representantes do pobo nun Pazo non é a mellor maneira de democratizar un país. Se lle deramos as tornas e o tiveramos feito no Hórreo do Pazo, canto mellor partillada non andaría a nosa riqueza!.