A patria dos buscadores de trabes de ouro

Falava aquel humilde e sabio rianxeiro, tan douto en teatros de farsas e fantoches, de que a nosa enfermidade, o mal dos galegos, era ese sorriso encolleito de ombreiros que algúns coidavan que era o noso talento. E se preguntava aquel escritor antifeixista se atopariamos un cento de galegos para os que...

Governo feminino ou governo feminista?

Anda por aí o runrún de que se acaba de formar en España un governo feminista. A cousa anda algo trascaburrada. Alguén pensa que un libreiro é por forza un lector ou mesmo que un músico ten unha audiometría perfecta? Para amósega, Beethoven , o da Quinta do Xordo. E, porén todo o mundo é a dizer que porque o...

Letras galegas: de guímaros e suicidas

Todo empezou por un viño nunha cea dun interesante encontro herculino de psicanálise onde se falava de Sade e da esencia da perversión. O viño era tan bon que deu parola a preguntármonos que era a verba guímaro coa que se bautismara aquel gorentoso viño. Eu só lembrava que Franco Grande definía ese vocábulo como...

Há 'manadas' e 'manadas'

Disque os lobos van en manadas. Disque algúns machos da especie humana tambén. Disque as manadas conteñen entre dous e seis lobos, e anque os humanos digan da ferocidade dos lobos nouturnos, estes endexamais serían quen de fazer o que eses cinco lle fixeron a esa moza nos Sanfermíns. Porque os lobos gozan dun...

O saneamento da Ría de Ferrol, a auga como dereito básico

Foi poñer a Plataforma na Defensa dos Servizos Básicos e pola Remunicipalización no xulgado de Ferrol unha denuncia por estafa e prevaricación contra Emafesa, o alcalde e os correspondentes concelleiros cando, ás poucas horas, o governo local (tan vagariño, opaco e inactivo até ese intre) co alcalde á cabeza,...

Rosalía e o caldo das pobres

Cara Rosalía:  Escrévoche estas letras sen vírgulas, na túa-nosa lingua namentres os xornais lóuvanche na outra, sen vergoña nen vírgula. Terás que desculpar mais eu non podo celebrar teu nacemento, con esta patuleia de arrampicatore sociale...

Os cidadáns e outros neurópteros lingüicidas

Teño da miña man un raro livro que se titula Falemos Galego , unha antoloxía de textos a prol da nosa lingua dada ao prelo no ano 1973 por edicións Castrelos. É unha das miñas xoias porque, anque pobremente ilustrado, contén unha escolma sobranceira. Há nel...

A cultura da dominación

Estou nun café do meu barrio de Catabois en Ferrol, este misterioso domingo, a un tempo solloso e xélido, matinando na charla que a Rede de Decrescemento imos dar en Vigo para presentar o I Congreso Galego. A min tócame motivar a deboura sobre Educación, Cultura,  Medios...

A trazabilidade do unionista español

Cidade en estrépito é o xeito en que Méndez Ferrín deu en definir a vertixe da transformación urbana de Vigo na segunda metade do pasado século, fronte ao calificativo de cidade en bisbarra co que Otero Pedraio salientava a importancia que para esta cidade teñen...

No Día da Patria: arredismo

Ese nacionalismo de mínimos na Galiza. Ese nacionalismo de franquicia que afunde as súas raizames sob unha mesa de piñeiro e cheira aínda a un incienso de clandestina misa de Bonaval. Ese nacionalismo que só fala de independentismo pola boca pequena para non minguar poder...

Día do Medio Ambiente: celebrando o exceso

No que toca ao medio ambiente, as actuais polìticas crecentistas só poden celebrar EcoFashion Shows. Desfiles de moda para vernizar de verde a Consellaría de Medio Ambiente e a Sogama e arrecender o ar ferrolán do fedor dun saneamento da ría escurantista e...

Letras Galegas: o galo de Barcelos, a galiza azul e o galo merdeiro

Naquel curral sempre se deitavan coas galiñas. Muito antes de asomar aquela primeira estrela pola Galaxia, todas as galiñas brancas pintarraxáranse de azul, non para protexer da tralla do cacique a galiña azul, como puidera parecer, senón máis ben para lles poder vender...

Palma: de alcaides, azeites, cavaleiros e santas pascuas

Veñen de bendecir o ramo. Na Semana Santa ferrolana. Declarada Ben de Interese Turístico Internacional. Ao mellor si. Ao mellor é por iso que o cartaz vai escrito nesa lingua internacional que é o castelán ou español e non nesoutra lingua internacional que é o galego...

Cassandra e a liberdade de expresión

Anda polas rúas un autocarro dun lobie espiritoso que se fai oir acolléndose á liberdade de expresión como dereito básico constitucional. Un autocarro fletado por quen defenden unha sexualidade e identidade de xénero fundada naqueles escuros séculos dos cintos de...

Empresarios con futuro

Eu ainda non atinxo a ver por que non somos todos emprendedores ou incluso empresarios. Endexamais foi tan doado! O único problemático é superar a burocracia de papeleos e asesoramento. O de menos é o interese do produto ou servizo a ofertar. Eis, que ves que há demanda de...

Ferrol e o calote da auga

O anterior alcalde de Ferrol, o popular Rey Varela  (en cuxo governo tivo lugar a crise da auga con incumprimento da legalidade vixente no que ten a ver coa Saúde Pública), prometera que a estación depuradora de cabo Prioriño funcionaría en agosto daquel...

Proibiron os pobres, se proibisen a pobreza!

A invisibel, a innomeável. Ela non vive no inframundo, só da terra, que alí viven as fadas e mailos trasnos. Alí também a máxica tribo dos mouros a regalar, elas peites de ouro, eles todas as cobizas humanas se danzas toda a noite no seu corro. Ela, a pobreza pasa,...

Mares e patamares

Perdemos os patamares e o mar. Nos bairros os campos abertos, sen aramios, onde os nenos e mozos xuntaban a leña e os trastos vellos para queimar no sanxoán. Os campos abertos onde se artellavan xogos livres. Un sangue novo que non monitorizava ninguén. Non havía tratados de cidades...

O castrismo e as democracias de moedeiro

Repuna moito escuitar a tantos vividores e demócratas defensores, por acción ou omisión, de corruptelas e prebendas, que aplausan e xustifican recurtes nas clases baixas para favorecer á plutocracia do planeta, dar lecións de democracia co gallo da morte de Fidel Castro....

A trindade proibida: colapso, decrecimento e equidade

Todos os povos do mundo teñen un mito da Caída. Aos cristiáns aprendéronos que o noso pecado orixinal, que pagamos coa morte, causouno Eva ao lle dar de comer a Adán a mazá da árvore prohibida. A mazá do mar morto que no mito de Tántalo muda en cinza...

Galegofobia: quen son os imbéciles e escuros?

O mesmo ten que o enteiro mapa de Hespaña estea tinxido dun azul gaivota máis azul do que os mares, o mesmo ten  porque para moitos os únicos votantes da dereita do PP están na Galiza rural. Se así fora teriano doado. Darlle a independencia a Galiza e ficar eles tan...

O clúster político e a defensa da terra

Veño de ler unha entrevista do candidato de En Marea, Luis Villares, en plena campaña eleitoral onde manifesta que necesitamos unha política de clústers que permita cerrar en Galiza toda a cadea industrial. Como fala en castelán (é para un medio español) non sei se...

A campaña política dos patufos desleigados

Asisto abraiada  á campaña eleitoral e case nen me decato que é ao parlamento galego. Veñen de paseata por acó uns señores que falan estranxeiro, naceran en Pontevedra ou en Catalunya. E pretenden que lles digamos cosmopolitas e universalistas. Pretenden que falemos...

Auga roubada e cazadores de Pokemon

Ferrol é unha cidade sen fontes no máis amplo sentido. Cando eu era nena, a auga fluía por todos os recunchos. Incluso, ás veces, reverquía os sumidoiros. Un inverno daqueles espertei a soñar con que afogava e era certo. Meu leito, cal buceta noitarega, facía augas...

Patria e Matria, Galiza

Patria e Matria, Galiza. Emporio de esqueletes a repovoar camposantos. O vento, silandeiro, pasa. O vento que palpuxa aldeas esquecidas con cans que non ouvean e sachos onde o fero ferro dos labregos mudou en ferruxe botado xa a perder polos pendellos. Chegou monocultivo dos pasteiros do papel e os montes comunais...

San Fermín: a pel de touro da marca España

Cinco homes que pertence ao mesmo xénero dos que eu coñezo (anque eu négome a admitilo), cinco homo sapiens sapiens evoluídos, coma todos nós, daquel remoto simio do carballo, algúns incluso pertencentes ás forzas de seguridade do Estado, con...

26X: San Paio, o voto dos patriotas

Chegamos tan baleiros de contido á repetición da xogada eleitoral que agora só poden apelar á Patria, así en maiúscula. Agora que xa non há ideoloxías, nen pensamento político, nen orientación espacial, ninguén sabe onde está a...

A linda cooficialidade dun país diglósico

E a ledicia que nos dá vivir nun país diglósico? Iso é impagavel! Camiñando aquelas ruas encostas de Porto, onde todo a xente se dava a falar portugués, decateime eu do triste aborrecemento daquel viver monocorde. Aqueles galegos ascendidos a nazón, non...

A pirámide eleitoral do Val dos Reis

Quen escreveu aquilo de que non se deve fazer leña da árvore caída nunca pisou unha floresta. Porque calquera que non entrara por unha porta xiratoria a un consello de administración dunha pasteira do eucaliptus globulus ou do nitens está sabido de que do que non se deve fazer...

Carral: dos mártires ao pan

Ai abril, abril de lume e ferro, o mes das revolucións, a dos cravos dos irmaos de alén-miño e a de aquén, a daqueles mártires de Carral que espertaron a nazón de Breogán dun longo soño asulagado. Do 2 ao 26 de abril daquel ano de 1846, Galiza viviu vintecatro...
x