Impostos, "low cost" e xustiza social

Escoitamos algunha vez promesas electorais deste teor? “Cando goberne retirarei recursos das escolas públicas, recibirán un 7% menos que ao inicio da crise, hai dez anos. Haberá menos docentes, menos profesorado de apoio para atender as necesidades especiais. Aumentarei en cambio os cartos para as escolas...

Antonio Fraguas: Escribir libros fronte a queimar libros

Antonio Fraguas sabía ben que o acceso ao saber, a oportunidade de estudar é un dereito do que durante moitos séculos a meirande parte da poboación estivo excluída. Moitos, sobre todo moitas, aínda o están, como lembra o atentado á paquistaní Malala Yousafzai. O seu activismo contra a prohibición talibán da...

Por que o chaman fake news cando queren dicir mentiras (sobre a lingua)?

Non se escandalicen de que lembre as consignas de Goebbels: "unha mentira repetida mil veces convértese en verdade". Aínda que unicamente chamemos nazis aos nazis, estas estratexias goebbelianas de repetir o que se sabe falso son as empregadas polos Trump, Bolsonaro, ou máis perto Abascal e Casado. Levamos anos...

A forza das mareas

En Galicia coñécese ben a forza das mareas.

Por que somos feministas en 2015 (e sempre)

Polas mañás a avoa coida da súa propia nai –a bisavoa de Sonia – que ten Alzheimer, facendo quendas con outra irmá. O resto dos irmáns, que teñen traballo (remunerado) páganlle a cada unha 100 euros ao mes. A mediodía recolle a dous netos da escola, prepara o xantar, dálles de comer, e lévaos á escola de novo. A media tarde recolle na casa aos sete netos e coida deles durante varias horas.

Nova Escola Galega: cómpre seguir adiante

Na primavera de 1983 un mosqueiriño de mestras e mestres, arredor dun cento, xuntámonos para constituír una asociación. Os seus obxectivos eran –son– pular pola renovación pedagóxica, pola galeguización lingüística e pola galeguización curricular, nun marco de escola pública, democrática e innovadora.