A reforma electoral

Malia que os partidos sistémicos gabaron durante décadas o modelo electoral, agora xa non lles vale. Así o expresaba o PP cando pedía que governase o partido máis votado (sen ter en consideración que pode ter unha maioría en contra), e agora o PSOE cando esixe o mesmo respecto da investidura da presidencia do...

Recuar demográfico, opresión e explotación na Galiza

Mais unha vez, como todos os anos cando se coñecen os datos sobre povoación do INE, a Xunta de Galiza volve a tomar medidas para “fomentar” a natalidade, adicándolle algúns millóns de euros. Pura demagoxia, porque de pouco vale unha pinga de auga, cando o país ten buratos estruturais por todos lados. Un dos...

Novas eleccións e correlación de forzas

Reflexionaba nun anterior artigo, neste mesmo medio, sobre o feito de que o PSOE buscaba o apoio ou a abstención doutras forzas para garantir súa investidura. Deste xeito, pretendía evitar compromisos programáticos e de coalición, polo que podería aplicar políticas propias ou que senten como súas, malia que...

En Marea nunha disxuntiva estratéxica

Paréceme correcto que o BNG non entre no debate entre Podemos+EU+Anova+En Marea (Cerna), malia que nas declaracións haxa quen fai criticas preventivas contra a fronte. Resulta evidente que non son casuais, e que teñen como obxectivo construír muros contra unha posíbel desbandada da militancia e que o Bloque se vexa...

Unha segunda oportunidade

Os resultados da elección de alcaldes e alcaldesas, asi como das equipas de governo, debuxan un mapa político previo ás eleccións autonómicas que anuncia un cambio de ciclo. O poder municipal repártese deste xeito: un 55% de persoas governadas polo PSOE, un 21% polo PP, e rente dun 10% polo BNG, e o resto a...

Mudou o PSOE a súa folla de ruta?

O triunfo do PSOE nas últimas eleccións, malia ficar lonxe da maioría absoluta, colócao nunha situación de privilexio respecto dos grandes partidos de ámbito estatal, máxime cando o bloque da dereita está dividido en tres opcións, que se disputan duramente ese espazo. Asemade, á súa esquerda, Podemos non deixa de...

O “cordobazo”, unidade obreiro-estudantil contra a ditadura

Hai medio século realizouse na Arxentina o 30 de maio de 1969 unha folga xeral que marcaría todo o período posterior de loita contra a ditadura militar, como consecuencia do acontecido os días 29-30 dese mes, durante o paro na cidade de Córdoba. O “cordobazo” “ foi unha das rebelións populares arxentinas que non...

26-M: tendencia positiva, chea de incógnitas

Os resultados electorais en concellos, autonomías e no Euro-parlamento manteñen a tendencia anunciada nas xerais, tanto a nivel do Estado español como na nación galega. No ámbito estatal, a lectura respecto dos bloques en disputa evidencia o crecemento da esquerda e as opcións progresistas, en...

A Gallaecia e Galiza nos escritos árabes

Hai unha década publiquei nun xornal galego un artigo sobre a presenza de Galiza como unha entidade cun carácter propio durante a Idade Media, aproveitando a aparición de “Galicia y los gallegos en las fuentes árabes medievales”, de Ana María Carballeira Debasa , (editado polo Consejo Superior de Investigaciones...

A transcendencia do contexto

Afirmase con razón nos medios hexemónicos que as eleccións municipais, autonómicas e europeas son unha segunda volta. Unha convocatoria na que o PSOE quere ampliar os bos resultados obtidos nas xerais, e a dereita procura manter as porcentaxes como bloque, por certo algo moi complexo e en medio dunha guerra civil...

As leccións dos chalecos amarelos

O pasado sábado os chalecos amarelos mobilizáronse de novo polas rúas das cidades francesas, foi a súa manifestación número vinte cinco, o que evidencia que non se trata dun movemento conxuntural. Aínda que na súa orixe, hai seis meses, tivese moitas das características propias da espontaneidade, e malia que o...

Unha primeira leitura do 28-A

En varios artigos (neste xornal), antes e despois da convocatoria electoral, daba por feito que esta se ía realizar antes do final do mandato, e que o PSOE tomaría medidas cun carácter simbólico e aproveitaría o temor á estrema dereita para gañar as eleccións, mais a incerteza sempre se mantén até que se coñecen os...

Folga xeral na Arxentina con unidade pola base

O vindeiro 30 de maio vaise realizar unha nova folga xeral na Arxentina, convocada polas tres ramas da CTA e un amplo número de sindicatos de base da CGT, aínda que a dirección desta central negouse a convocar explicitamente o paro. Tamén se sumaron unha morea de organizacións sociais. Para Pablo Micheli, un dos...

O enfoque

Na actividade política ademais do programa, da folla de ruta e da política de alianzas, son fundamentais os métodos de traballo e o debate das ideas. E, respecto destes últimos dous aspectos é fundamental o enfoque. Ou sexa, saber a que clases sociais se dirixe prioritariamente o proxecto, ou sectores dentro delas,...

Triunfo comunista en Turquía

Que o Partido Comunista de Turquía (TPK) conquistase o concello de Tunceli (en curdo Dersim), nas eleccións locais, acadando o 32,41% dos votos, reflicte a complexidade do momento actual en Turquía. Teñamos en consideración que ficou por riba do Partido Democrático e Popular (HDP) pro curdo, nacionalista de...

Trump xoga no límite,... dálle resultado

Estados Unidos acaba de dar seu apoio para que Israel se apropie definitivamente dos Altos do Golán, que invadiu na Guerra dos Seis Días (1967) e do Yom Kipur (1973), malia que o Consello de Seguridade das Nacións Unidas, segundo súa resolución 242, considera este territorio como ocupado. Esta área ten un carácter...

Conquistar a hexemonía

Para que unha opción política alternativa ao sistema poda cambiar positivamente a correlación de forzas, máxime se a súa loita procura a liberación nacional e a social, debe ademais de ser hexemónica na rúa, nas institucións e na loita das ideas, contar con miles de persoas organizadas e activas na loita laboral,...

25 anos da CIG: unificación acertada e tarefas pendentes

Este 19 de marzo cúmprense 25 anos do Congreso constituínte da Confederación Intersindical Galega (CIG), na que se integraron a Confederación Xeral de Traballadores Galegos (CXTG) e a Intersindical Nacional de Traballadores Galegos (INTG). Unha unificación que viña precedida no ano 1990 pola formación dunha...

Eleccións xerais: suicidio ou conxuntura axeitada?

A convocatoria e eleccións xerais para o vindeiro 28 de abril foi anunciada por Pedro Sánchez como (seica) unha resposta necesaria, para poder seguir avanzando no aspecto social. Sen dúbida faino porque espera obter mellores resultados que os actuais, aínda que Casado e compañía pensen que non lle quedaba máis...

A dereita non controla a rúa (aínda)

Coido que é positivo que os partidos da dereita se mobilicen, que midan forzas, se cadra isto axude a que a esquerda faga o propio, e coloque o parlamentarismo no lugar que lle corresponde. Cheira tanta foto de lideres sumándose a loitas laborais, sociais e veciñais, ou facendo reivindicacións locais, sectoriais e...

A UE é unha grande mentira

A Unión Europea, que a socialdemocracia sempre quixo ver como un proxecto alternativo, dun capitalismo con rostro humano, malia que naceu sometida á OTAN e hipotecada ás políticas de Washington, ten un papel cada vez máis subalterno respecto desta potencia norteamericana. Trump non está disposto da lle dar tanto...

Golpe de Estado e pensións

Neste artigo quero realizar dous comentarios sobre outros tantas problemáticas no ámbito político e social, tanto no eido internacional como en relación coa nosa nación. Estes temas son: o golpe de estado en Venezuela, auspiciado polos Estados Unidos; e a manifestación nacional da CIG a prol dunhas pensións...

A esquerda perdeu engado

Se cadra non sexa exacto a esta altura chamar esquerda ao que non pasa de ser progresismo, xa que as propostas que realiza non mudan a tendencia da acumulación e centralización da riqueza e do poder, só relantizan o proceso perante un tempo. Exemplos moi claros témolos nas políticas desenvolvidas por Correa en...

Nacionalismo, rupturas e reconstrución

Sigo con interese o debate que se está dar En Marea, xa que coido que seus resultados son de suma importancia para as clases populares galegas, ou sexa para Galiza, e moi especialmente para o nacionalismo. O esencial, neste intre, non é tanto reunir todo o nacionalismo nunha soa forza política, como que a esquerda...

Cuba, 60 anos de revolución 

O un de Xaneiro de 1959, hai seis décadas, os guerrilleiros da Serra Maestra, como popularmente se lles coñecía, fan a súa entrada en La Habana. Núñez Giménez, cronista de “En marcha con Fidel” relata deste xeito ese intre: “Xunto a Che Guevara, xefe da columna da Cabaña, os nosos ollos están cravados na Avenida do...

A UPG nas xornadas patrióticas e xogos florais de 1968

Despois da morte de Castelao a colectividade galega en Bos Aires perdeu folgos. Este feito coincidiu cunha nova vaga emigratoria, que comezou en 1948 e na Arxentina duraría até a caída de Perón en 1955. Ademais, non había substituto para quen uniu na Irmandade Galega as diferentes sensibilidades existentes na...

O que dan de si as alianzas oportunistas e contra natura

A saída de Siria das forzas militares de Estados Unidos anunciada por Trump, co argumento de que o ISIS foi totalmente derrotado, semella máis unha escusa que o motivo real, xa que o Estado Islámico aínda controla áreas do Eufrates no límite con Iraq. Esta decisión sen dúbida está ligada a ameaza de Erdogan de que...