25 anos da CIG: unificación acertada e tarefas pendentes

Este 19 de marzo cúmprense 25 anos do Congreso constituínte da Confederación Intersindical Galega (CIG), na que se integraron a Confederación Xeral de Traballadores Galegos (CXTG) e a Intersindical Nacional de Traballadores Galegos (INTG). Unha unificación que viña precedida no ano 1990 pola formación dunha...

Eleccións xerais: suicidio ou conxuntura axeitada?

A convocatoria e eleccións xerais para o vindeiro 28 de abril foi anunciada por Pedro Sánchez como (seica) unha resposta necesaria, para poder seguir avanzando no aspecto social. Sen dúbida faino porque espera obter mellores resultados que os actuais, aínda que Casado e compañía pensen que non lle quedaba máis...

A dereita non controla a rúa (aínda)

Coido que é positivo que os partidos da dereita se mobilicen, que midan forzas, se cadra isto axude a que a esquerda faga o propio, e coloque o parlamentarismo no lugar que lle corresponde. Cheira tanta foto de lideres sumándose a loitas laborais, sociais e veciñais, ou facendo reivindicacións locais, sectoriais e...

A UE é unha grande mentira

A Unión Europea, que a socialdemocracia sempre quixo ver como un proxecto alternativo, dun capitalismo con rostro humano, malia que naceu sometida á OTAN e hipotecada ás políticas de Washington, ten un papel cada vez máis subalterno respecto desta potencia norteamericana. Trump non está disposto da lle dar tanto...

Golpe de Estado e pensións

Neste artigo quero realizar dous comentarios sobre outros tantas problemáticas no ámbito político e social, tanto no eido internacional como en relación coa nosa nación. Estes temas son: o golpe de estado en Venezuela, auspiciado polos Estados Unidos; e a manifestación nacional da CIG a prol dunhas pensións...

A esquerda perdeu engado

Se cadra non sexa exacto a esta altura chamar esquerda ao que non pasa de ser progresismo, xa que as propostas que realiza non mudan a tendencia da acumulación e centralización da riqueza e do poder, só relantizan o proceso perante un tempo. Exemplos moi claros témolos nas políticas desenvolvidas por Correa en...

Nacionalismo, rupturas e reconstrución

Sigo con interese o debate que se está dar En Marea, xa que coido que seus resultados son de suma importancia para as clases populares galegas, ou sexa para Galiza, e moi especialmente para o nacionalismo. O esencial, neste intre, non é tanto reunir todo o nacionalismo nunha soa forza política, como que a esquerda...

Cuba, 60 anos de revolución 

O un de Xaneiro de 1959, hai seis décadas, os guerrilleiros da Serra Maestra, como popularmente se lles coñecía, fan a súa entrada en La Habana. Núñez Giménez, cronista de “En marcha con Fidel” relata deste xeito ese intre: “Xunto a Che Guevara, xefe da columna da Cabaña, os nosos ollos están cravados na Avenida do...

A UPG nas xornadas patrióticas e xogos florais de 1968

Despois da morte de Castelao a colectividade galega en Bos Aires perdeu folgos. Este feito coincidiu cunha nova vaga emigratoria, que comezou en 1948 e na Arxentina duraría até a caída de Perón en 1955. Ademais, non había substituto para quen uniu na Irmandade Galega as diferentes sensibilidades existentes na...

O que dan de si as alianzas oportunistas e contra natura

A saída de Siria das forzas militares de Estados Unidos anunciada por Trump, co argumento de que o ISIS foi totalmente derrotado, semella máis unha escusa que o motivo real, xa que o Estado Islámico aínda controla áreas do Eufrates no límite con Iraq. Esta decisión sen dúbida está ligada a ameaza de Erdogan de que...

Francia, cando o povo marca liña

Todos e todas preguntámonos cales van ser as consecuencias das mobilizacións do último mes en Francia. Un conflito que nacendo en sectores afectados polo aumento do gasóleo estendeuse axiña a outras franxas da povoación empobrecidas polas políticas regresivas de Macron , que son un paso máis nas que practicou a...

Voto exterior, dereitos e deberes

Nun programa encol de Cuba, feito pola televisión pública do Estado español, no marco da visita do presidente Pedro Sánchez a este país, aparecían centos de persoas fronte ao consulado na illa procurando a cidadanía. Seica este ano chegarían a cen mil os que terían este dereito. Unha imaxe que pretendía de xeito...

Arxentina, os retos da esquerda

O triunfo de Bolsonaro vese por algúns como un suicidio das clases populares, que seica tiñan que votar á socialdemocracia para se salvar, e por outros como a consecuencia lóxica dunha esquerda inconsecuente, que desfixo en boa medida as organizacións de masas e esnaquizou a súa mensaxe de cambio. Ao que cómpre...

O sistema funciona... para quen?

Segundo dados da Inspección de Traballo comprobouse na Galiza, no ano 2017, que 3.446 persoas non estaban dadas de alta (deles 153 estranxeiros irregulares), así como 4.859 eventuais en situación de fraude, xa que realizaban labores indefinidos. Ademais, atopáronse 658 contratados a tempo parcial que en realidade...

Ao fío de dous comentarios: Portugal e portavocía

Primeiro comentario. O subdirector xeral do banco Sabadell e director do Sabadell-Gallego di nunha entrevista do Faro de Vigo , do 28 de outubro, que “Galiza é o tractor do eixo noroeste; se se unise ao norte de Portugal sería invencíbel”. En poucas palabras, alguén que viu de fóra e olla a situación da nosa...

Público ou privado. Cal será determinante?

Nos meus artigos dende hai unha década teimo na idea de que ficamos nunha conxuntura, ou sexa nun momento histórico no que se abren varios escenarios posíbeis, dos que non está decidido cal vai ser o hexemónico na vindeira etapa. E isto acontece tanto no eido do sistema económico e social, como de cal será a...

Eleccións xerais anticipadas?

Xa teño opinado sobre este tema o pasado mes de xuño neste xornal e, aínda que nunca se pode desbotar a posibilidade de que o independentismo catalán termine votando a prol dos orzamentos de PSOE-Podemos, a esta altura esta semella unha opción remota. Ante todo, porque as reivindicacións sociais non se poden...

Asustar coa extrema-dereita. Acordos PSOE-Podemos.

En moi poucos días, de ser unha forza residual, tanto en intención de voto, como nos medios de información, VOX converteuse nun fenómeno político, a partir do acto de masas que fixeron en Madrid, no palacio de Vistalegre, no que axuntaron seica dez mil persoas. Sen dúbida foi un acto concorrido, porén non se pode...

Castelao e Bóveda, e o cinismo de Feijóo

Pode chocar a algunhas persoas que os partidos da oposición non participasen da presentación, na exposición “Castelao Maxistral” na Cidade da Cultura, da pintura de Alfonso R. Castelao “A derradeira lección do mestre”. Mais é lóxico que fose así, despois da intervención do presidente da Xunta de Galiza no acto de...

Portugal e Galiza, tan lonxe na política

Resulta preocupante o pouco que se fala na Galiza da situación económica e social en Portugal. Tería que ser o contrario, tanto polas relacións históricas, culturais e lingüísticas entre ambos povos, como pola importancia das transaccións comerciais, dos investimentos de capital e da incidencia na actividade...

Siria como parte do conflito global

O derribo dun avión ruso, pouco antes de aterrar, cando se estaba aproximando ao territorio sirio, marca un antes e un despois neste conflito. O suceso debeuse a que as baterías do exército de Assad contestaron o ataque de catro cazas israelís que disparaban mísiles contra Latakia, utilizando ao avión ruso como...

Cantos somos realmente os galegos e galegas?

Chama a atención como os medios de comunicación e, o máis grave, ás veces a propia Xunta de Galiza e os partidos políticos, xogan coa cifra do número de galegos e galegas residentes no País ou que viven na emigración, dando datos e facendo interpretacións que pouco teñen que ver coa realidade. Semella que a...

Brasil, a opción menos mala

Se cadra o máis preocupante da situación electoral de moitos países sexa que a única opción posíbel para frear o avance da dereita ou da extrema dereita, é o triunfo do reformismo, incapaz de ofrecer un proxecto de distribución do traballo e da riqueza xusto, e que garanta a soberanía nacional e popular. Daquela...