Fillas de nais de pano branco, nais de fillas de pano verde

A historia das loitas das mulleres polo control do seu propio corpo vén de antigo. En todas partes. Malia iso, a cartografía visíbel é aquela que denota que moito máis da metade do mundo aínda está ben lonxe de acadar os seus dereitos . Aquí aínda temos a resaca das movidas contra o intento de Gallardón de...

A saúde das mulleres

Hai tempo que tiña ganas de falar sobre o efecto devastador do patriarcado na saúde das mulleres. Coñezo, desgrazadamente, as consecuencias de padecelo coma doente ou velo noutras mulleres, mais como non son especialista nin moito menos, pescudei algo partindo de quen sabe do tema. Lin bastante, nunca é...

Mulleres e exilio galego republicano no Río da Prata

Eu nacín e medrei no seo dunha familia galega e republicana. Meu pai e miña nai embarcaran no 51 no Alcántara, da Royal Male Line (a Mala Real Inglesa), os buques de percorrido circular con pasaxeiros duns portos a outros en distintos continentes, que publicaban avisos nos xornais da época convidando á «aventura»...

Marielle das favelas

“Meu nome é Marielle Franco. Sou mulher, negra, mãe e cria da favela da Maré. Sou socióloga com mestrado em Administração Pública. Fui eleita Vereadora da Câmara do Rio de Janeiro pelo PSOL, com 46.502 votos.  Hoje, sou também Presidente da Comissão da Mulher da Câmara. Iniciei minha militância em direitos...

O fío das palabras

Coidado coas palabras (dixo), teñen fío, cortaranche a lingua, coidado. Así empeza un poema de Alejandra Pizarnik , unha muller que coñecía o fío e o valor das palabras, ela usábaas coma estiletes ou coma plumas que agarimaban os sentidos. Esta lembranza...

Entre atasco e atasco

O 2017, que xa é historia e recordos, deixou en xeral, e máis nas mulleres, un sabor acedado nos beizos. Por mor dunha serie de acontecementos lutuosos e, especialmente, polo xeito en que as institucións, os medios, a sociedade en xeral, deu en resolvelos ou máis ben en asimilalos. Un...

Heroínas

Vivimos días de furia e espanto. Días de patetismo e de vergonza. Días nos que, ás veces, unha se vai preguntando dende a noitiña se pagará a pena afrontar a xornada seguinte. Seino, estou moi pesimista. Pode que porque hoxe que escribo estas liñas lembro como me...

Naiciña terra

Querería falar doutra cousa, de algo bonito que nos sucedeu, porque, ás veces, tamén nos ocorren cousas bonitas. Pero estás chorando, chorando muda e escura, despoxada. Estás pedindo a berros que che quiten de enriba aos desgraciados que te feren, que te esnaquizan sen...

O cerebro estoupado

É moi difícil subtraerse a todo canto ocorreu os pasados días en Catalunya, ou sexa, un covarde atentado terrorista e unha resposta social que vai dende a compresión e a tolerancia dos “pos e os lodos” subxacentes até o fascismo máis estúpido e rastreiro...

O uso e o abuso das mulleres

O presidente Raxoi, sinto, coido que debería ser así o seu apelido, terá que declarar perante a Audiencia Nacional do Estado coma testemuña polo caso Gürtel. Esta circunstancia -que non vai servir de ren porque a sociedade parece inmune á corruptela do goberno, estendida coma...

Sinais do retroceso

Hai doce anos, o 8 de marzo de 2006, Micaela Fernández e mais eu deseñamos uns sinais igualitarios, coas que intervimos 76 semáforos de Lugo. O que non se nomea non existe , base da Revista Foeminas, pioneira nas redes en xénero, que por entón facíamos con dificultades e...

Que esperamos para reaccionar?

Tres mulleres asasinadas nun fin de semana encarnizado. Mulleres novas, con fillos, cunha vida por diante que tres malnacidos decidiron rematar. O pai dunha delas, nesta época na que todo o que sae das tripas chega a ser voz en Twitter ou en Facebook, escribiu na rede: “Mi hija, 30 años y un...

Les chiens ne font pas des chats

O dito vén de ser escoitado en campaña, da boca do candidato da Francia Insubmisa, Jean–Luc Mélenchon, para se referir ao orgullo que sente de que a súa filla e a súa neta sexan, coma el di que son, feministas intransixentes. Era, ao meu parecer, luces e sombras mediante, o...

As nenas sen medo

O último 8 de marzo, mentres as mulleres de todo o mundo se moveron polos dereitos que faltan, polos dereitos que retroceden, ocorrían dúas cousas significativas a ben pouca distancia –física- unha da outra. No Fogar Seguro Virxe da Asunción en Guatemala , que supostamente...

Violencia institucional, violencia simbólica

Os feminicidios semellan medrar nos últimos tempos. Coma se dunha praga bíblica se tratase, o patriarcado púxose tacitamente de acordo para asasinarnos de mil maneiras. E do mesmo xeito medran, por sorte, as loitas das mulleres para deter esta barbarie.  Estariamos en...

Mulleres marchando

  Hai uns días, a resistíbel ascensión de Arturo Ui, e obviamente falo de Donald Trump , conmoveu os cimentos dun mundo que está tardando en decatarse que xa non volverá, por un bo tempo, a ser o mesmo. Este home, por chamarlle dalgún modo, representa todo o...

A era está parindo un corazón

Hoxe, permitídeme que cambie un pouco o rumbo da navegación. Pasaron varios días, mais a cabeza segue a pensar e a sentir, que pode facer as dúas cousas ao mesmo tempo. E o corpo, que tamén ten voz, pídeme hoxe falar dun home. Un home moi difícil de enmarcar pola...

Ser muller dá medo

Que dúbida cabe de que o mundo, hoxe, conforma un escenario triste, de retroceso, de perda de dereitos que nos foron arrebatados até desarmarnos. Até sentir que era tanto o que tiñamos que facer para regresar ao estadio anterior, que isto viría a ser unha misión...

Cando os contos se deixan de contos ou cando os contos veñen a conto

A literatura infantil e todas as expresións artísticas das que as crianzas abeberan de valores é absolutamente inabarcábel nun artigo. Mais como me dá voltas á cabeza dende hai tempo (ser avoa inflúe o seu), vai sendo hora de comezar a abordala. O máis obvio...

Brasil, o xigante misóxino

Tiña outro artigo preparado para hoxe, mais penso que cumpría falar un pouco dunha muller que vai quedar gravada para sempre no corazón e na loita das mulleres. E non soamente no Brasil.  Dilma Rousseff , a primeira muller en presidir o goberno do país máis grande e...

On connaît la chanson

A música popular, dende o comezo dos tempos, transmitiu os valores e o dublé (como di o tango de Discépolo, Cambalache) da sociedade. Que falar dos tangos nos que a percanta que amurou ao tipo, lle deixou a alma ferida e as espiñas no corazón!, onde as mulleres, agás...

Por todas as Lauras que precisamos no país, no mundo, na vida

Hai uns días rematou o proceso xudicial contra Laura Bugalho en Santiago de Compostela, e amosamos satisfacción porque, para ela, ten fin este calvario. Mais non se pode dicir que se teña feito xustiza porque xustiza non é ter que  soportar seis anos coa espada de Damocles sobre a...

Mulleres que constrúen mundos con palabras

A historia das Letras Galegas en feminino -a que aínda, malia a calidade e cantidade de autoras, segue a ser se non marxinal cando menos subsidiaria da outra, da grande, da importante, da dos homes- tivo, porén, dende o comezo o selo dunha muller. E non unha calquera pegada, un aceno de...

Tecendo redes

Cando as mulleres tecen, tecemos, imos creando algo máis que cousas, obxectos, prendas de roupa, mantas ou redes de pesca. As mulleres tecemos soños indestrutíbeis coma arañeiras e redes xigantes cando facemos o tecido xuntas, potenciando o valor de cada punto até facelo...

Ser muller: a desgraza engadida

A sociedade global está a tomar un rumbo de tolemia absoluta, coma se todos os lindes éticos e morais fosen derrubados de vez para que nada interfira sobre a deusa economía, a nai de todos os desastres. Supoño que ninguén dubida que, dentro desa masa de follas, a capa...

O síndrome de indefensión aprendida

O síndrome de indefensión aprendida semella unha arañeira da que é moi difícil saír e moito menos sen axuda, polo que penso que non viría mal lembrar algunhas das características que fan del unha especie de calella sen saída, un túnel sen luz ao...

Eu son Rosalía

Eu son Rosalía é a consigna para este ano da asociación de escritoras e escritores en lingua galega, nos actos de festexo polo aniversario de Rosalía de Castro. Unha consigna que non podería ser máis axeitada e, tristemente, menos fóra do tempo.

O voo das bolboretas

A violencia de xénero é a primeira causa de morte de mulleres no mundo. Milleiros  delas perden a vida por ser mulleres, cada día, en todos os recantos deste planeta malferido.

x