Opinións de
Raúl Río
 

A praga da “avespiña” do castiñeiro

O castiñeiro é unha das arbores mais importantes da nosa nación. Uns din que o introduciron os romanos alá polo ano 200 da nosa era, aínda que un estudo da Universidade de Oviedo afirma que leva aquí desde fai 21.000 anos, nada menos que desde o período glaciar. Fose dun ou doutro xeito forneceunos de castañas, que...

Liberdades e vulneración de dereitos, aquí ou en Venezuela?

A prensa occidental, xa sexa pública ou privada, fala da falta de liberdade de expresión nese país caribeño, castigado polo imperio do mal desde que alí triunfou democraticamente a Revolución Bolivariana. Ese imperio terrorista non se priva de invadir, masacrar e destruír países ricos en recursos, creando Estados...

Mandádeme máis Alfonsos!

Moitas veces teño pensado no cambio que aconteceu na miña bisbarra natal de Guitiriz e en toda a chaira desde que chegou a ela o noso bergantiñán amigo Alfonso. Despois de baixarse na estación do tren, onde o recibiu o malogrado Vito Felpeto, empezou a transformar as raíces e cañotos que tiñamos daquela en xermolos de amencer que sementou e frutificaron por toda Galiza.

Xil da Ponte, o latoeiro dos Vilares

A Casa da Ponte atópase a man esquerda baixando da igrexa dos Vilares cara o Merendero, antes de pasar a ponte sobre o río Lavadoiro e de chegar a aldea da Pena.

 

A nosa riqueza emigra polos fíos da luz

Cando vou pasar uns días de vacacións a miña parroquia natal dos Vilares de Díaz Castro, no axuntamento de Guitiriz, vexo que todo o horizonte que me arrodea está inzado de “ecolóxicos e modernos” muíños de vento que producen un montón de quilovolts-hora que van encher de euros os petos de empresarios sen escrúpulos que seguiron ao “dediño” o consello de Zapatero de que deixaran o negocio da construción, porque xa non era rendíbel e investiran, ou (mellor dito), especularan no negocio enerxético, dado que o goberno ía permitir a subida dos recibos da luz para facelo mais acorde coas súas apetencias económicas.