Notas ao vivo: De presos políticos a parlamentares presos (52)

Lembro un manifesto asinado non hai moito tempo por 68 personalidades da sociedade vasca, entre elas o filósofo Daniel Innerarity , no que se dicía expresamente que en democracia non se poden criminalizar as mobilizacións democráticas e pacíficas, nin tampouco a disidencia política. “En democracia, votar non pode...

Notas ao vivo: Realidade e información (51)

Dende unha perspectiva xenética, permítanme certo desprazamento metonímico partindo das ideas do xenetista francés Antoine Danchin , os seres vivos serían “sistemas complexos” movidos pola información, e esta última sería o motor da vida. ¿E que sería a información no sentido propiamente xornalístico, diario,...

Notas ao vivo: Defende a Galega (50)

O colectivo de profesionais da comunicación Venres Negros (traballadoras e traballadores da CRTVG) que se define polo lema mobilizador Defende a Galega acaba de ser distinguido co Premio José Couso de Liberdade de Prensa na súa XV edición, un galardón creado polo Colexio Profesional de Xornalistas e o Club de...

Notas ao vivo: Banalidade política (49)

O termo “banal”, que procede do francés, utilízase para cualificar todo aquilo que carece de substancia ou que resulta insignificante, aínda que a voz francesa orixinal nos remita ao concepto do común ou, en interpretación máis negativa, do que non posúe interese. Hannah Arendt, como é ben coñecido, falounos da...

Notas ao vivo: Campos de concentración na Galiza (48)

En días nos que estamos, confusos e escuros, volve brillar o dito unha e outra vez por Eduardo Galeano , que ben sabía que a única maneira existente para que a historia non se repita é manténdoa viva. Mais corenta anos despois da morte do ditador Francisco Franco semella existir, como se está a ver en diferentes...

Notas ao vivo: Matemáticas en galego (47)

Ano 2019. Século XXI. A literatura escrita en galego, pola súa propia calidade e polo esforzo dos seus autores e autoras, é recoñecida en boa parte do mundo. O idioma galego, que é un idioma internacional, pai e nai do portugués, sofre, no seu propio territorio nativo ou nacional un Decreto de Plurilingüísmo...

Notas ao vivo: As cloacas do Estado (46)

Con este título, “Las cloacas de Interior” (2017), Jaume Roure s dirixiu un documental, con guión de Jaume Grau , sobre as supostas “cloacas” existentes nos “baixos fondos” do Ministerio de Interior do Reino de España cando era titular do mesmo Jorge Fernández Díaz . E tamén temos á nosa man a serie de...

Notas ao vivo: Poesía galega medieval (45)

Lembro que nunha conferencia pronunciada na Universidade La Sapienza de Roma sobre poesía galega —disto hai xa ben anos, e coido que a Lectora de Galego en dita universidade era a profesora Inmaculada Otero Varela —, tiven a fortuna inesperada de contar entre o público co profesor Giuseppe Tavani , que era...

Notas ao vivo: Couceiro (43)

Cando eu digo Couceiro —eu e moitas e moitos— estou a dicir, estamos a dicir, Libraria Couceiro. E agora que a “casa do libro” que inaugurou Xesús Couceiro Rivas cumpre medio século de existencia, finalmente instalada na compostelá Praza de Cervantes, a min vénme á cabeza, e non é a primeira vez, aquela teoría...

Notas ao vivo: Yolanda Castaño (42)

Coñecín a Yolanda Castaño cando a poeta tiña 15 anos ben cumpridos, e foi na cidade da Coruña nunha cafetaría con vistas á praia de Riazor. A poeta adolescente fixara cita comigo para me amosar os seus poemas, e non máis chegar e pór os seus folios escritos sobre a mesa, lendo eu os primeiros versos que alí...

Notas ao vivo: O fascismo relixioso que vén (40)

O fascismo relixioso que vén xa está aquí. Ou xa estaba. En forma de franquismo relixioso sociolóxico, en forma de nacional-catolicismo franquistizador ou disfrazado, unhas veces máis, outras veces menos, en boa parte do ámbito político e social do poder actuante. Acaso non tivo lugar nos últimos anos, na Igrexa...

Notas ao vivo: A xuíza, os Franco e as estatuas do Mestre Mateo (39)

Un bo amigo sinaloume o camiño para, de xeito informativo e obxectivo, escribir estas “notas ao vivo” que aquí ven a luz. A xuíza Adelaida Medrano Aranguren , do Xulgado número 41 de Madrid, desestimou a demanda interposta polo Concello de Santiago contra os herdeiros da familia Franco no caso das estatuas do...

Notas ao vivo: Relixión e educación (36)

Nunca está de máis lembrar que a Constitución de 1931, na Segunda República, proclamaba no artigo 3 que o Estado español non tiña relixión oficial. E, como ben sinala Carme Tolosana , nos artigos 26 e 27 “equiparaba todas as confesións relixiosas, garantindo a liberdade de conciencia e de culto (este no ámbito...

Notas ao vivo: En nome de Deus (34)

O actual Papa Francisco , tan “progresista” el, disque, ten instado con verdadeira entrega dialéctica a acadar unha unión eucarística entre católicos e protestantes (ou evanxélicos), para cumprir xuntos así un “servizo á humanidade”, pois existe unha “profunda conexión” entre católicos e protestantes a pesar das...

Notas ao vivo: Tribos e clans (33)

Para calquera observador do sistema de organización política en xeral, e de xeito moi particular no caso galego, resulta obvia e manifesta a existencia de clans e tribos que configuran o panorama político en cuestión. Ben é certo que nos clans, no xeito tradicional, existían “lazos de sangue”, sendo grupos...

Notas ao vivo: Ignorancia e fascismo (32)

Un certo dito popular español sinala que a ignorancia é moi ousada ou destemida. Mais pensando nisto venme á lembranza unha frase de Emma Goldman , froito, sen dúbida, do seu pensamento radical, que di que o elemento máis violento na sociedade é a ignorancia. Porque, dicíndoo con outras palabras, existen formas de...

Notas ao vivo: Catalunya (31)

Téñolle certa estima como lector ao xornal suízo Le Temps , con sede en Xenebra e tal vez o máis importante da Confederación Helvética. Le Temps , que entrevistou con grande interese no seu día a ex deputada exiliada da CUP Anna Gabriel e no cárcere Jordi Cuixart , acaba de titular un editorial do seguinte...

Notas ao vivo: Posfascismo (30)

Lendo a Enzo Traverso un entende que o concepto de “posfascismo” permite distinguir unha realidade nova do fascismo respecto do fascismo histórico, e lembra o historiador a un Pier Paolo Pasolini, sempre visionario, que xa en 1974 observaba a aparición dun “novo fascismo” fundado no modelo antropolóxico...

Notas ao vivo: Sobre a Galiza invadida (29)

Exprésao perfectamente Castelao no Sempre en Galiza: “Sucedeu que Galiza foi vencida e asoballada polos Reis Católicos. (...) Sucedeu que a nosa Terra foi invadida por elementos civís, eclesiásticos e militares da Corte, alleos ao país”. Por outra banda, conta o historiador Emilio González López na súa...

Notas ao vivo: Venres negro (28)

Teña a súa orixe no venres 24 de setembro de 1869 cando dous investidores de Wall Street subiron o prezo do ouro para obteren beneficios, provocando unha caída do 50% no valor das colleitas do trigo e do maínzo; teña relación cos feitos acontecidos na cidade de Filadelfia nos anos 60 asociados ao comercio e ao...

Notas ao vivo: Desprezo cultural (27)

Chegou aos meus ouvidos que nos últimos días se produciu en certos ámbitos un rebento ou renovo da utilización da palabra “poeta” como insulto ou ofensa, e tal suceso fíxome lembrar aqueles versos de Alfonso Pexegueiro que din: “Para que queredes un poeta vivo/ se non sabedes que facer con el,/ matádeo e...

Notas ao vivo: Nacionalismo humanista (26)

Conservo nidia na miña mente a imaxe dun Mario Vargas Llosa , micro en man, e pouco menos que enlouquecido na súa pose mitineira, bramando contra o “nacionalismo” como a peor de todas as paixóns, a “relixión laica” que máis sangue e cadáveres tiña producido en España e no mundo. O escritor peruano (“No queremos...

Notas ao vivo: Gustavo Pernas (25)

Fóisenos Gustavo Pernas . O amigo. O extraordinario actor, director teatral e dramaturgo. O excepcional ser humano que el era. Para min o seu pasamento, a súa perda, debo recoñecelo, é unha forma de desastre, de fracaso persoal. E isto, cando escribo estas liñas, resulta difícil explicalo. A morte é o...

Notas ao vivo: A nación mapuche (24)

  Estivo no Congreso dos Deputados o voceiro político da Coordinadora Arauco Malleco (CAM), Héctor Llaitul Carrillanca , quen denunciou recentemente en Xenebra diante da ONU a situación do pobo mapuche, pois sofre unha continua vulneración dos dereitos humanos e dos dereitos dos pobos indíxenas...

Notas ao vivo: “Que Voltem para a Casa” (23)

Estiveron no Congreso dos Deputados Cristina Rodríguez e Jessica Rodríguez , representantes da plataforma Que Voltem para a Casa , e mantiveron contactos con diversas organizacións políticas con asento na “cámara baixa”, entre elas ERC, PNV, Bildu e Compromís, ademais de En Marea, co obxectivo marcado de que os...