Notas ao vivo: Couceiro (43)

Cando eu digo Couceiro —eu e moitas e moitos— estou a dicir, estamos a dicir, Libraria Couceiro. E agora que a “casa do libro” que inaugurou Xesús Couceiro Rivas cumpre medio século de existencia, finalmente instalada na compostelá Praza de Cervantes, a min vénme á cabeza, e non é a primeira vez, aquela teoría...

Notas ao vivo: Yolanda Castaño (42)

Coñecín a Yolanda Castaño cando a poeta tiña 15 anos ben cumpridos, e foi na cidade da Coruña nunha cafetaría con vistas á praia de Riazor. A poeta adolescente fixara cita comigo para me amosar os seus poemas, e non máis chegar e pór os seus folios escritos sobre a mesa, lendo eu os primeiros versos que alí...

Notas ao vivo: O fascismo relixioso que vén (40)

O fascismo relixioso que vén xa está aquí. Ou xa estaba. En forma de franquismo relixioso sociolóxico, en forma de nacional-catolicismo franquistizador ou disfrazado, unhas veces máis, outras veces menos, en boa parte do ámbito político e social do poder actuante. Acaso non tivo lugar nos últimos anos, na Igrexa...

Notas ao vivo: A xuíza, os Franco e as estatuas do Mestre Mateo (39)

Un bo amigo sinaloume o camiño para, de xeito informativo e obxectivo, escribir estas “notas ao vivo” que aquí ven a luz. A xuíza Adelaida Medrano Aranguren , do Xulgado número 41 de Madrid, desestimou a demanda interposta polo Concello de Santiago contra os herdeiros da familia Franco no caso das estatuas do...

Notas ao vivo: Relixión e educación (36)

Nunca está de máis lembrar que a Constitución de 1931, na Segunda República, proclamaba no artigo 3 que o Estado español non tiña relixión oficial. E, como ben sinala Carme Tolosana , nos artigos 26 e 27 “equiparaba todas as confesións relixiosas, garantindo a liberdade de conciencia e de culto (este no ámbito...

Notas ao vivo: En nome de Deus (34)

O actual Papa Francisco , tan “progresista” el, disque, ten instado con verdadeira entrega dialéctica a acadar unha unión eucarística entre católicos e protestantes (ou evanxélicos), para cumprir xuntos así un “servizo á humanidade”, pois existe unha “profunda conexión” entre católicos e protestantes a pesar das...

Notas ao vivo: Tribos e clans (33)

Para calquera observador do sistema de organización política en xeral, e de xeito moi particular no caso galego, resulta obvia e manifesta a existencia de clans e tribos que configuran o panorama político en cuestión. Ben é certo que nos clans, no xeito tradicional, existían “lazos de sangue”, sendo grupos...

Notas ao vivo: Ignorancia e fascismo (32)

Un certo dito popular español sinala que a ignorancia é moi ousada ou destemida. Mais pensando nisto venme á lembranza unha frase de Emma Goldman , froito, sen dúbida, do seu pensamento radical, que di que o elemento máis violento na sociedade é a ignorancia. Porque, dicíndoo con outras palabras, existen formas de...

Notas ao vivo: Catalunya (31)

Téñolle certa estima como lector ao xornal suízo Le Temps , con sede en Xenebra e tal vez o máis importante da Confederación Helvética. Le Temps , que entrevistou con grande interese no seu día a ex deputada exiliada da CUP Anna Gabriel e no cárcere Jordi Cuixart , acaba de titular un editorial do seguinte...

Notas ao vivo: Posfascismo (30)

Lendo a Enzo Traverso un entende que o concepto de “posfascismo” permite distinguir unha realidade nova do fascismo respecto do fascismo histórico, e lembra o historiador a un Pier Paolo Pasolini, sempre visionario, que xa en 1974 observaba a aparición dun “novo fascismo” fundado no modelo antropolóxico...

Notas ao vivo: Sobre a Galiza invadida (29)

Exprésao perfectamente Castelao no Sempre en Galiza: “Sucedeu que Galiza foi vencida e asoballada polos Reis Católicos. (...) Sucedeu que a nosa Terra foi invadida por elementos civís, eclesiásticos e militares da Corte, alleos ao país”. Por outra banda, conta o historiador Emilio González López na súa...

Notas ao vivo: Venres negro (28)

Teña a súa orixe no venres 24 de setembro de 1869 cando dous investidores de Wall Street subiron o prezo do ouro para obteren beneficios, provocando unha caída do 50% no valor das colleitas do trigo e do maínzo; teña relación cos feitos acontecidos na cidade de Filadelfia nos anos 60 asociados ao comercio e ao...

Notas ao vivo: Desprezo cultural (27)

Chegou aos meus ouvidos que nos últimos días se produciu en certos ámbitos un rebento ou renovo da utilización da palabra “poeta” como insulto ou ofensa, e tal suceso fíxome lembrar aqueles versos de Alfonso Pexegueiro que din: “Para que queredes un poeta vivo/ se non sabedes que facer con el,/ matádeo e...

Notas ao vivo: Nacionalismo humanista (26)

Conservo nidia na miña mente a imaxe dun Mario Vargas Llosa , micro en man, e pouco menos que enlouquecido na súa pose mitineira, bramando contra o “nacionalismo” como a peor de todas as paixóns, a “relixión laica” que máis sangue e cadáveres tiña producido en España e no mundo. O escritor peruano (“No queremos...

Notas ao vivo: Gustavo Pernas (25)

Fóisenos Gustavo Pernas . O amigo. O extraordinario actor, director teatral e dramaturgo. O excepcional ser humano que el era. Para min o seu pasamento, a súa perda, debo recoñecelo, é unha forma de desastre, de fracaso persoal. E isto, cando escribo estas liñas, resulta difícil explicalo. A morte é o...

Notas ao vivo: A nación mapuche (24)

  Estivo no Congreso dos Deputados o voceiro político da Coordinadora Arauco Malleco (CAM), Héctor Llaitul Carrillanca , quen denunciou recentemente en Xenebra diante da ONU a situación do pobo mapuche, pois sofre unha continua vulneración dos dereitos humanos e dos dereitos dos pobos indíxenas...

Notas ao vivo: “Que Voltem para a Casa” (23)

Estiveron no Congreso dos Deputados Cristina Rodríguez e Jessica Rodríguez , representantes da plataforma Que Voltem para a Casa , e mantiveron contactos con diversas organizacións políticas con asento na “cámara baixa”, entre elas ERC, PNV, Bildu e Compromís, ademais de En Marea, co obxectivo marcado de que os...

Notas ao vivo: Fiesta Nacional de España (22)

A denominación “Fiesta de la Raza” (“Día de la Raza” ou “Fiesta de la Raza Española”) como marbete para se referir ás celebracións do 12 de outubro comezou a ser utilizada no ano 1913, conmemorando así a data do “descubrimento” de América, e só a partir do ano 1958 se comezou a utilizar o rótulo “Fiesta de la...

Notas ao vivo: Identificar o fascismo (21)

Lembraba eu estoutro día que Thomas Mann , fuxido da Alemaña nazi, chegou a advertir no seu día —e referíase aos EE UU— que se algunha vez chegaba o fascismo ao país do tío Tom faríao en nome da liberdade. E lembrei tamén, ao fío do fascismo lingüístico que volve estar presente no Reino de España, aquela...

Notas ao vivo: Pensar dende a esquerda (20)

Leo un artigo de Amador Fernández-Savater , filósofo e editor, que cita a Gilles Deleuze para responder á relación da esquerda política coa realidade: “A esquerda precisa que a xente pense”. Que pense e actúe. Pensar e actuar “de forma serena, mais de xeito radical”, como defende Enric Dolç, porque estamos nun...

Notas ao vivo: Os nenos no mundo actual (19)

Leo nun Informe feito público este mesmo ano pola organización Save the Children que máis da metade dos nenos do mundo está en risco de pobreza, guerra ou discriminación, e en risco extremodestas tres lacras e ameazas cóntanse 153 millóns de nenos e nenas en todo o planeta. No Informe constátase que a pobreza...

Notas ao vivo: A Europa fascista que vén (18)

Non ten pelos na lingua o escritor e filósofo holandés Rob Riemen cando afirma que o fascismo está aquí e agora en forma de cultivo político ben determinado, amasando os peores sentimentos irracionais: o rancor, o odio, a xenofobia, o desexo de poder e, como non, o medo. E eu engadiría tamén, como parte...

Notas ao vivo: Silencio sobre Portugal (17)

Fálase moi pouco, practicamente nada, sobre Portugal. Que a economía portuguesa medre hoxe por riba da media da Unión Europea non é noticia moi comentada. O paro no país veciño está na actualidade en niveis anteriores á crise, a taxa de emprego medra ben animada, os déficits orzamentarios están no mínimo atendendo...

Notas ao vivo: Urbano Feijóo e os escravos galegos (16)

De Urbano Feijóo de Sotomayor sábese que, nacido en Viana do Bolo —onde posuía casa patrucial—, finou na mesma vila en 1898, o mesmo ano no que viñan ao mundo Carré Alvarellos, Valentín Paz-Andrade e Federico García Lorca . Ademais de militar, empresario e comerciante, o tal Feijóo foi tamén deputado no Congreso...

Notas ao vivo: Un conto ordinario (15)

O xornalista Reinhard Brunner tiña aquela noite problemas para prender no sono. Estivera a facer seguimento de varios programas televisivos nos que era tratada con certa naturalidade a figura do Chanceler Imperial, tantos anos despois, e percibía no ambiente un crecente espírito “revisionista” ou, mellor dito,...