As miñas aulas de galego serán ás 7.45 horas

O Bierzo acaba de recibir un novo golpe antigalego, xa están aprobados os novos horarios que se implantarán en Bacharelato no próximo ano. Eu sei ben como se aprobaron, pois diso encárgase o consello escolar e teño representación no do IES Padre Sarmiento en Vilafranca do Bierzo.

Carta dun alumno que quere estudar galego

É obvio que o galego non é totalmente inmune aos cambios propios dunha lingua, pero cando falamos dunha rexión que está fóra de Galiza onde tamén se fala galego a situación aínda se volve máis precaria.