Ditaduras revividas tamén online

Nestas semanas vimos de vivir unha polémica inesperada na cidade de Ferrol ao redor da posible traída dos restos do ditador a un Panteón supostamente propiedade da familia Franco no Cemiterio Municipal. Unha polémica que comezou cunhas tímidas declaracións do alcalde dicindo “que a familia faga o que desexe cos...

Raquitismo industrial galego 4.0

Día a día chegan aos nosos ollos e ouvidos palabras e nomes que parecen vir a innovar e mudalo todo, cun alento de esperanza que semella querer sacarnos deste tempo de crise, desemprego e falta de expectativas. Unha desas palabras recentes é o termo industria 4.0, é dicir, a industria...

Acceder ao coñecemento

Levo un tempo dándolle voltas ao concepto de alfabetismo e analfabetismo no contexto deste segundo decenio do século XXI. E polo que vou vendo na Web semella que non son a única preocupada por estes temas. Porque ademais dos ríos de tinta que podemos ler sobre analfabetismo...

Caos na educación dixital

Recentemente podiamos ler esta noticia http://ir.gl/cc31d3 na que unha editorial denunciaba á Xunta de Galiza por plaxio. En concreto unha demanda por infracción da propiedade intelectual na plataforma virutal de aprendizaxe para un proxecto de educación dixital da Xunta, http://ir.gl/dda69f

Emigración, mocidade, desesperanza e rebeldía

Aínda que vivimos nun contexto no que intenta imporse a hipnose televisiva de vivirmos no mellor dos mundos posibles, moitas veces enchémonos de valor para saírmos á rúa e miramos con ollos minimamente críticos. 

Nós, oportunistas do galego

Se existise algún tipo de comercio coa lingua en sentido positivo debería ser un comercio da promoción cultural, da nosa proxección no mundo a través do idioma, do negocio da aprendizaxe de linguas internacionais entre as que podería figurar a nosa,... 

Dúas e dúas son cinco

Ultimamente lémbrome moitísimo de Orwel e de Huxley, supoño que xa intuídes que é en relación ás obras de ficción das que foron pais xa hai uns cantos anos. E é que, en realidade, o mundo no que vivimos lémbrame cada día máis a estas dúas obras 1984 e Un mundo feliz. 

Sociedade do descoñecemento

Vivir nun contexto denominado sociedade do descoñecemento nunha periferia como a galega é hoxe unha posibilidade a cada paso máis real nun territorio ameazado pola homoxeneización mundial, pola agudización das diferenzas entre territorios, entre ricos e pobres, ou mesmo, entre quen coñece ou non coñece.

Cerebros que foxen desde a periferia

Neste tempo de descanso que provoca a lectura detida de noticias e acontecementos son quen de determe en novas ás que doutro xeito non tería dedicado a mesma atención. 

Periferias dixitais

Neste tempo de conflito económico, social e político é até certo punto esperábel que as distancias en todos os sentidos se agudicen. A distancia entre os pobos e o seu acceso ao poder, a distancia de acceso ao coñecemento dependendo do lugar de orixe e do xénero, a distancia no uso e manexo da tecnoloxía... Un extenso elenco de desigualdades en relación co coñecemento envolven as nosas sociedades para prohibírmonos un dos elementos esenciais da actualidade e do futuro: o coñecemento de base tecnolóxica e a capacidade subsecuente de sermos independentes para o autodesenvolvemento. 

Un pequeno agricultor de Indiana e a privatización do coñecemento

No pasado mes sorprendinme a min mesma lendo sobre a realidade distante dun agricultor estadounidense. Un agricultor que se enfrontaba a unha multa duns 60.000 euros polo simple feito de gardar parte da súa colleita para volver plantala no ano seguinte. A verdade é que a noticia chamou a miña atención debido á relación que se establecía entre as Multinacionais agrarias e de produción de software privativo.

Aos 50 no desemprego

Nove e quince minutos da mañá. Entro nunhas oficinas para seguir coa miña rutina diaria. Aténdeme unha profesional cualificada.

Abandonar a mansedume

Inmersos na actualidade dos grandes debates e na impotencia das magnas decisións preguntámonos que podemos facer nós para mudar, aínda que sexa sutilmente, as situacións actuais que nos envolven e afogan, cada día un pouco máis, para así facérmonos sentir realmente impotentes.

Ten Galiza soberanía tecnolóxica de seu?

Ten algo que ver con nós a guerra das patentes tecnolóxicas e do coñecemento que nestes días ocupan as portadas dos xornais que lemos, aínda que procedan dunha realidade tan allea a nós como é a realidade dos tribunais estadounidenses? Pois desgraciadamente semella que si.Moitos destes xigantes da tecnoloxía gañaron hai tempo a complicidade de determinados estados con gran poder no mundo.

Teñen cartos para Bankia e non para Navantia

Isto escribiron sobre unha sede da propia Bankia as persoas traballadoras do Sector Naval de Ferrolterra para esixir carga de traballo hai ao redor dun mes nunha das numerosas mobilizacións que aínda continúan a proliferar no noso contorno.

Galiza no Ano Internacional do Cooperativismo

Neste 2012 celébrase o Ano Internacional do Cooperativismo, unha deses datas que nos move a reflexionar sobre a situación do movemento cooperativo no noso país, nun tempo no que son moitas as persoas preocupadas polas alternativas de autoorganización económica acaídas para o contexto galego.
x