Don´t feed the troll

É raro que nestos días de verán poña a televisión, mais nesta vaga de calor foi plausible quedar diante da pantalla cun ventilador na cara e a casa pechada para evitar o aire amarelo do bochorno. O outro día admito que non puiden mover os ollos dela, da televisión. Na miña pantalla estábanse a emitir sen reparo...

Elas erguen conciencia

O pasado xoves 21 de xuño as mulleres ergueron a conciencia nas rúas de todo o estado. Na nosa contorna social e laboral espallouse unha reacción que non foi a primeira do seu tipo, senón o froito de moitas outras indignacións dunha xustiza que, ás veces, emite sentenzas indignantes. A liberdade provisional...

Buf!

Hai un xesto de pasividade universal que contén sen necesidade de palabra algunha unha sinceira desafección: o bufido.    Non me refiro ao bufido simpático dun ourizo nocturno senón ao bufido humano, a bafarada de aire exprimida polos dous beizos acompañada do xesto da cabeza virada e a mirada...

Así implosiona o Marianismo

O fin de Mariano Rajoy non se materializa no Congreso dos Deputados, dáse nun restaurante. Mentres no Parlamento español cada verba das señorías partícipes do sí á moción de censura apuntalaban o presidente do goberno no fin da súa carreira política, o xefe do executivo asistía á súa caída no reservado dun...

Confetti na embaixada

A carraxe invade a quen escribe isto. Unha mestura de vergoña e carraxe.    Só a carraxe pode explicar a sensación de impotencia ante as imaxes que chegan dende Palestina, dende unha fronteira inexistente que dende 1948 empequenece o estado palestino e agranda Israel cunha liña de cadáveres no...

Fodédevos!

Cando se di que o humor debe proceder de abaixo a arriba arguméntase, e sen falta de razón, que toda a crítica debe levar na punta da lingua a faísca da retranca fronte ao palco, o estourido do riso contra os reservados da primeira planta do teatro. Isto ocorre de abaixo a arriba, de arriba a abaixo adóitase...

Os adeuses

Existe unha deslocalización intencionada dos espazos do común. Dous dos elementos esenciais para entender a economía galega, o campo e o mar, son os novos terreos edificables onde o negocio lucrativo acaba en mans duns poucos. Galicia é nos últimos anos o relato da despoboación.   ...

Seducir Catalunya

A sedución é un xogo de impulsos nados na desconfianza. Desconfiamos da persoa amada e precisamos seducila porque nela cobizamos a necesidade de unión, o principio que xungue a compaña afectiva e nos empurra a escapar do abandono. Desconfiamos, en certo modo, para tentar confiar. Seducir é tirar de nós para...

Desertización

Asistimos a unha desertización corrosiva da confianza, a unha perda diaria de esperanza na acción pública, no goberno, no estado, que é propagada a través dos mass media e dos órganos institucionais. Enténdese por desertización, segundo o dicionario da RAG, o feito de “transformar unha zona en deserto”. Os xestos...

Os síntomas

Sabían que os vagalumes son indicadores naturais do que contece? Indican o humor da terra, se está saudosa pola instalación dunha fábrica de fumaredas celulosas, de augas corrosivas ou residuos tóxicos, ou se pola contra o ar é limpo e (case) puro e alí poden aniñar todas as formas de vida, incluídas estas tan...

Lesbiana!

As palabras contribúen non só a darnos significados, senón tamén a crear realidades, a facer dos devezos algo tanxible, da teoría á práctica.  As palabras son en si microcosmos, microorganismos de trascendencia vital e global. Canto mide unha palabra? os segundos nos que tarda en ampliarse e dar lugar...

Oposicións a garrote vil.

O estado, segundo as últimas opinións vertidas nos medios de gran tirada, debería crear oposicións a garrote. “Oposicións para manexar o garrote vil” Un temario sinxelo, onde se defenda a eliminación de todas as defensas constitucionais do dereito a vivir, o dereito a un xuízo xusto e o dereito á...

"Que entre María Santísima!"

“Hai xente que considera as prazas das cidades un lugar privado, un sitio onde hai alguén que decide quen entra e quen non, na FM dáse o mesmo caso”. Isto foi dito pola xornalista María Nieto na presentación, xunto con Manuel Rivas, Estíbaliz Espinosa e Antón Luaces , do Manifesto Cuac Resiste polo Dereito a...

Contrabando silencioso

Ti antes preguntabas se aquela mercancía era o acordado: os gramos, a cor, a calidade do produto. “Isto” -dicía o comercial ensinando a mercancía- ”isto é material de primeira. Temos de todo, nacional e produto importado, nada de mesturas”. Rulaba a...

 Malpensantes

Hai xente que pensa ben e xente que pensa mal. Como quen non sabe escoller a boa froita, a que non está golpeada, entre a oferta de mazás golden ou peras conferencia do súper. Tamén hai xente que pensa ben e xente que pensa mal. Non "pensar mal" no sentido de faladoría...

A Coruña e o decreto de inercia

Aló polo baby boom de finais dos 50 e dos 60, a afición do cidadán medio na Coruña era levar os seus fillos ao porto, o primeiro gume do mar. Isto ten a súa lóxica xa que o espazo do que estamos a falar é unha cidade insertada nas ondas, unha península...
x