San Simón e a desmemoria programada

Un ano máis, a Iniciativa Galega pola Memoria organiza o domingo 20 de xullo a Homenaxe Nacional ás Vítimas do Fascismo na Illa de San Simón. É o única continuidade que queda daquel tempo (2005-2009) no que o goberno galego convertiu San Simón na Illa da Memoria.

Figueirido

Carmen tiña 11 anos cando foi por primeira vez ao Lazareto. Leváballe comida e roupa ao seu curmán, o mestre Manuel Ruzo Boullosa, preso político na illa. Manuel era mestre en Rodís (Lalín) e no verán do 36 refuxiouse en Figueirido. 

O Souto

O Souto, en Paredes, é un lugar máxico, con deslumbrantes vistas á ría de Vigo. É unha terra fértil, asollada, vizosa, poboada de laranxeiras e de paxaros. Nun recanto deste lugar vive Dorinda, unha muller de 92 anos que rememora para min os tempos da infancia e da mocidade;  a escola de Don Luciano.

Modelo Pontevedra

As dinámicas propias de sociedades capitalistas coma a nosa tenden a producir fracturas sociais e procesos disgregadores, que levan a unha certa especialización de usos segundo as zonas e á división de clase entre o centro e a periferia. Desta maneira, en Pontevedra coma noutras cidades, o centro urbano acabou por constituirse desde finais do XIX e durante o século XX nun espazo residencial, de negocio e de ocio da clase dominante, mentres as clases traballadoras vivían e se socializaban en zonas periféricas e rurais. A segregación fíxose evidente nas actividades festivas, espazos lúdicos e recreativos (liceos, cafés, tertulias), lugares de paseo (rúas, prazas e alamedas)...

Memoria e poder

A Pontevedra de toda a vida, a que gobernou a cidade desde a Restauración borbónica até finais do século XX (con excepción do breve intervalo da II República), exerceu o monopolio da memoria colectiva impoñendo unha versión do pasado que acabou sendo a versión oficial da historia local. Mellor ca memoria "colectiva" sería chamarlle memoria "selectiva", pois responde aos intereses dunha minoría que exerceu o poder de maneira case ininterrompida ao longo de máis de 100 anos.  Trátase entón dunha memoria de clase, da clase dominante:  a Pontevedra burguesa, ultraconservadora, católica e centralista.

Política

É tempo de facer Política, no podemos deixarlle o monopolio do discurso a quen defende os intereses dos poderosos, dos especuladores que queren socializar as perdas e privatizar os beneficios. Non vale a resignación, a pasividade, o individualismo, a evasión no virtual ou no mundo real.É tempo de combate, de cavar trincheiras, de rebeldía.

Avelino Pousa Antelo, memoria e futuro

Avelino levaba Galiza no corazón, na mirada, no sorriso. Levaba na palabra a fascinación do primeiro encontro con Castelao, o entusiasmo da Mocedade Galeguista, que viaxaron con el ao longo de máis de 7 décadas. Desde a altísima dignidade dos seus anos, mantivo nas últimas décadas unha actividade incesante, sempre animoso, optimista, valente.

Alexandre Bóveda e as institucións galegas

Foron os galeguistas do exilio, co liderado de Castelao, quen lle atribuiron a Alexandre Bóveda a condición de símbolo nacional. A súa vida exemplar, o seu compromiso inquebrantábel coa patria, a xenerosidade que demostrou ao longo da vida e no momento dramático do pseudoxuízo e da condena a morte, convertérono en personaxe histórico.

2020

A UE promete, mediante a Estratexia Europa 2020, un futuro fascinante no que seremos máis competitivos, máis innovadores e sustentábeis.

Museo de Pontevedra: ignorancia ou mala fe?

O Museo de Pontevedra é por historia, fondos, coleccións e espazos unha institución cultural de primeira orde en Pontevedra e en Galiza. Esta afirmación non implica unha actitude acrítica sobre o modelo de xestión, a musealización dos fondos ou a necesidade de modernización e apertura á sociedade, reclamación que se vén facendo desde instancias diversas nas últimas décadas.

Letras Galegas 2013 para Rosalía

Aínda que nunca se repetiu o autor ou autora homenaxeada, aínda que hai escritores e escritoras con méritos abondo para seren elixidos pola Academia, tamén concorren numerosas razóns para que Rosalía de Castro sexa a autora homenaxeada no 2013:O cumprimento das primeiras 50 edicións do Día das Letras, que comezaron en 1963 con Rosalía, propicia un novo ciclo que comece en 2013 coa nosa escritora máis universal.
x