Matemáticas para comprender o que pasa en Catalunya

Acaba o xuízo do procés e con este artigo remato a serie de artigos sobre Cataluña. É moi difícil explicar o que sucede en Cataluña, sobre todo se hai unha información, perfectamente orquestrada e difundida masivamente, que repite a diario este tipo de mensaxes: a maioría non está pola independencia; os nenos e...

Testemuñas de vítimas da represión policial o 1–O

No xuízo da causa sobre o proceso soberanista catalán as declaracións testificais de membros das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado corroboraron que as supostas condutas agresivas “fueron excepcionales, reducidas más a supuestos de resistencia pasiva, pudiendo recordarse anecdóticamente a un hombre...

O xuízo do procés é unha farsa

Falemos claro da raíz deste xuízo: a xustiza española invéntase un delito de rebelión que non existe en Europa. Os presos políticos cataláns son xulgados e “secuestrados” en prisión durante case dous anos en aplicación do artigo 384 bis introducido pola Lei Orgánica 4/1988, de 25 de maio («B.O.E.» 26 maio), de...

Revolución na Cámara de Comercio de Barcelona

Comezo unha serie de artigos para difundir unha información sobre Cataluña, moitas veces silenciada, que rematará cun artigo con referencias matemáticas para entender o que sucede en Cataluña porque, ás veces, os números poden explicar unha realidade moito mellor que mil palabras.   Lembrades aquel...

Que facer na Coruña coas distincións a alcaldes da ditadura?

Estamos ante un problema que era difícil de resolver antes da aprobación da Lei da Memoria Histórica de 2007. Hoxe é bastante máis fácil porque nos últimos anos numerosos concellos, con alcaldías de diversa significación política  aprobaron a retirada de rúas e distincións honoríficas a alcaldes e alcaldesas...

A "provocación" dos lazos amarelos

Estamos nos anos sesenta. En 1962 o “camarada Fraga” –así era tratado entre os fascistas e así aparecía no BOE– era nomeado ministro de Información e Turismo do goberno de Franco. En 1963 a ditadura crea o Tribunal de Orden Público (TOP), ferramenta fundamental para a represión das persoas demócratas; ese mesmo ano...

Calvo Sotelo e a simboloxía franquista na Coruña

O 27 de decembro vanse facer once anos da aprobación da Lei 52/2007, coñecida como Lei de Memoria Histórica . O artigo 15 desa lei sinala: “As Administracións públicas, no exercicio das súas competencias, tomarán as medidas oportunas para a retirada de escudos, insignias, placas e outros obxectos ou...

Temos unha monarquía corrupta, protexida por PP, PSOE e Cs

O 11 de xullo de 2018 produciuse un auténtico terremoto político, que tivo varías réplicas nos días seguintes. O hipocentro deste terremoto estaba situado nunha conversa gravada en Londres na primavera de 2015 polo comisario José Manuel Villarejo  —que está, de momento, no cárcere acusado de...

Hai outros “okupas” máis importantes na Coruña e ninguén fala deles

Fálase moito estes días en todos os medios de comunicación do desaloxo da Insumisa (o nome vén do movemento insubmiso contra o servizo militar obrigatorio, a chamada “mili”), unhas instalacións que eran propiedade do ministerio de Defensa, transferidas despois ao concello da Coruña, que foron okupadas...

Falemos claro, Méndez de Vigo é un "facha"

Sabemos que no PP hai moito nostálxico do franquismo, pero o caso de Méndez de Vigo é distinto porque é un “facha”, deformación coloquial do termo fascista (seguidor do fascismo). Podería definir a unha persoa cunha mentalidade moi tradicional, ideas conservadoras, talante pouco democrático e seguidor do...

Información complementaria sobre “Fariña”

A serie “Fariña” ten unha audiencia de 3,5 millóns de persoas, pero existe o perigo de que a xente quede ao final con historias menores: a mestría de Sito Miñanco conducindo as planeadoras; a denuncia de Laureano Oubiña contra a produtora por aparecer en escenas de sexo comprometidas; o cambio do día da procesión...

En España si hai torturas

Acabouse a polémica sobre se en España había ou non torturas. Desde a morte de Arregi por torturas o 13 de febreiro de 1981 até a sentenza do Tribunal Europeo de Dereitos Humanos (TEDH) por trato inhumano e degradante, que se facía pública o 13 de febreiro de 2018, pasaron...

Non podemos silenciar a obra de Domingos Merino

Deixounos Domingos Merino, compañeiro e amigo, primeiro alcalde democrático e nacionalista despois da ditadura criminal de Franco. O sentimento unánime de todas as forzas políticas polo seu falecemento non pode silenciar a súa obra, nin pode silenciar as verdadeiras razóns...

Fracasou o golpe de Estado en Cataluña, mais continúa a represión 

Na súa comparecencia ante os medios de comunicación na noite electoral do pasado 21 de decembro o presidente Puigdemont presentaba unha valoración dos resultados con este titular: República Catalá 78, Monarquía do 155, 57. Efectivamente, as forzas políticas que se...

O artigo 2º da Constitución foi imposto polo Exército

O 6 de decembro a Constitución Española está de aniversario. Como todos os anos, escoitaremos que foi o resultado dun consenso entre todas as forzas políticas. Unha Constitución que se elabora nunha Transición da ditadura á democracia, cualificada como...

España como paraíso das fundacións fascistas

O BNG denunciaba na Fiscalía a Fundación Francisco Franco por “delito de odio” despois das declaracións de Jaime Alonso , portavoz desa fundación: “Franco non fusilaba por capricho”; “Foron represaliados por algo”. Por outra parte, o BNG...

Mobilización cívica para defender as urnas no referendo

O pobo de Catalunya está a dar un extraordinario exemplo de civismo e de mobilización pacífica en defensa do dereito a decidir, a través do referendo de autodeterminación convocado para o 1 de outubro.   En realidade, hai dúas campañas, perfectamente...

Fraga e Paco Vázquez tiñan a solución

O tema da ocupación de Cataluña e o posíbel uso do exército non é nada novo. Falo destes temas no meu libro O poder na Coruña. De Vázquez a Negreira  (Laiovento, 2015). Recupero ese texto porque os discípulos do “Camarada” Manuel Fraga non...

Elección do novo goberno: a vía do IBEX 35

A elección do novo goberno cada día está máis lonxe porque aínda non deron coa boa vía. Andan despistados en mil negociacións como se isto fose cousa dos partidos políticos e por aí van a unha vía morta. Nos medios de comunicación...

Grupo Parlamentar Galego: falemos claro

Un mes despois das eleccións xerais, xa sabemos a configuración dos distintos grupos no Congreso: non haberá Grupo Parlamentar Galego.

“Anda fuera, criminales!”

Escribo este artigo o 20N en homenaxe a miña nai, cando se cumpre o 40ª aniversario da morte do criminal Franco

Eu si son político e de esquerdas

Nunca pensei que, despois de 40 anos de democracia, fose necesario facer esta confesión: eu si son político e de esquerdas. Confeso que milito desde hai case 50 anos, que ocupei responsabilidades institucionais e políticas, e que nunca ingresei un euro por esa actividade.

Cidadáns como complemento do PP

En política as cousas non pasan por casualidade, senón que teñen unha explicación. Situémonos en 1982 cun goberno de maioría absoluta do PSOE. Os poderes fácticos consideraban que, despois da descomposición da UCD e para frear a consolidación no goberno do PSOE, era necesario impulsar unha alternativa de centro para todo o Estado. 

A xustiza non é inocente

No PP están eufóricos despois das dúas últimas sentenzas relacionadas con concelleiras e concelleiros de Santiago, mais cómpre explicar que a xustiza non é inocente porque está moi condicionada. Para centrar o tema, comezamos cunha frase de Pepe Mújica, ex-presidente de Uruguai: “Quiero saber la verdad, pero en la justicia no creo un carajo”.

Goberno do PP da Coruña: unha “axencia de colocación”

Diciamos nestas mesmas páxinas en febreiro de 2014 que “Dios” tamén debe demitir. Despois de moitos meses de investigación da Pikachu, derivación coruñesa da operación Pokémon, a xuíza Pilar de Lara chega á conclusión de que o goberno do PP da Coruña converteuse nunha axencia de colocación.