Opinións de
Goretti Sanmartín
   

Ánxela Franco, autenticidade e bravura

Coñezo Ánxela Franco hai moitos anos. Coincidimos en asembleas, en xuntanzas, en manifestacións, en organismos de dirección do BNG. A súa foi toda unha vida entregada á causa nacionalista, a súa gran paixón, xunto coa súa outra familia. Sei da pegada que deixou nunha ampla comarca do noso país, desde Muros-Noia até...

De Xohana Torres a Begoña Caamaño

O 7 de setembro de 2015 o BNG de Santiago de Compostela defendeu no pleno da Corporación municipal unha moción para recuperar o Premio de ensaio Xohana Torres , un premio que comezou a súa andaina en 1993 e que se viu interrompido entre o 2012 e o 2016. A moción aprobouse por...

Pola memoria democrática nos concellos

Na lembranza dos membros das corporacións locais represaliados despois do golpe militar de 1936   Porque como aquelas vítimas  Queremos liberdade para sempre.  Porque por aquelas vítimas Para sempre queremos xustiza   ...

Outro presente é posíbel

  O nacionalismo é unha ferramenta ao servizo do noso pobo, do dereito a existirmos e a vivirmos con dignidade no noso propio país. Os problemas profundos da sociedade galega están directamente ligados a unha carencia: a de non podermos decidir sobre os nosos recursos...

A necesaria actualización do proxecto nacionalista

Ao longo dos debates xerados durante a redacción dos relatorios que se someterán á aprobación na asemblea nacional do BNG o próximo domingo, houbo moitos puntos de acordo. Entre eles estivo o da necesidade de actualizar o proxecto nacionalista. Do que se trata é de repensar...

Colectivizar, socializar, tecer, refundar. O BNG en febreiro de 2016

  Temos entre as mans a responsabilidade de construír colectivamente o proxecto nacionalista que a Galiza precisa para as vindeiras décadas. Falamos, por tanto, dun proceso de longo  alcance,  fóra de curtopracismos que dificultan a visión.  E este longo...

"O galego resúltalles un moribundo demasiado lento e molesto", Begoña dixit

Hai cinco anos asistiamos a unha reacción social sen precedentes após decidiren os gobernantes do PP comezar unha cruzada contra o noso idioma. Non é unha casualidade que o inicio de todo este proceso se situase no ensino, por máis que porfíen en afirmar que hoxe crianzas e mocidade reciben moito máis estímulos lingüísticos de fóra do sistema educativo, neses espazos de lecer onde "din dirixir" as súas medidas de política lingüística.

Violencia de xénero e silencios

Onte asistía eu á presentación de Cronoloxía da urxencia, de Dores Tembrás, mentres nos medios transcendía a declaración do empresario de Atás (Cualedro), afincado en Abadiño (Biscaia), quen confesaba ser o asasino da súa muller e da nai desta. Benito Quintairos, tras matar as súas vítimas, escenifica un suposto intento de atraco para non parecer el o autor.

Porque as beiras son río

Coñezo C. e M. e O. e H. e P. hai máis de 20 anos. Partillamos espazos educativos e transformadores na comarca da Barbanza. Transmitimos compromiso pola nosa lingua e abrimos portas para unha cultura oculta e silenciada. 

Begoña Caamaño. Palabras como esporas

Cheguei á casa devagar, case sen saber onde ir pousando os pés. Había algo que facía forza desde o interior e non me permitía abrir a porta facilmente. As xanelas estaban abertas e tiña aos meus pés ducias de folletos. Festas no barrio de San Pedro, teatro na cidade, anuncios de concertos, romaría no Parque de Belvís... 

As mans anónimas

A desafección política que nos afecta parece querer nutrirse da idea de só as organizacións políticas conformaren proxectos que unen vontades para mudar o estado das cousas ..., e das persoas.

A dupla violencia após lermos os relatos sobre asasinatos machistas

Relatábame hoxe un amigo indignado como ao ler a nova do asasinato machista de Pazos de Borbén, a camareira do bar en que estaba comenta que ela sentiu tenrura porque o agresor a matara por ciumes. Podemos/debemos escandalizarnos desta resposta, moito máis nun caso en que a vítima morre polas marteladas que lle dá aquel que supostamente tanto a quería (tanta paixón ten que dar en crime, claro). 

Fraca memoria humana

O 24 de abril de 2012 tivo lugar un suceso que conmocionou a sociedade e provocou unha masiva resposta social de que agora somos debedoras. É certo que non se solucionou totalmente un problema complexo e con fondas raíces, un problema estrutural que leva séculos a habitar entre nós, mais que só fomos capaces de nomear recentemente, aínda que non todo o mundo saiba exactamente de que estamos a falar.

Debatendo sobre emigrar ou resistir. Unha proposta para a primeira sesion dos cursos CELGA

Hoxe, 1 de abril, comezan os cursos CELGA en distintas localidades do país. Estes cursos, moitas veces obxecto de polémica, están nestes momentos no centro da crítica: Consellaría de Educación e a Secretaría Xeral de Política Lingüística deciden prescindir do profesorado colaborador habitual e ofrecer a posibilidade de os impartiren a docentes co seu posto de traballo consolidado. O reclamo para o funcionariado o pagamento como horas extras.  

Após gozaren dunha vida idílica, el decidiu matala

Tras enterrarmos Adela e Mª José, as dúas mulleres asasinadas en Cervo e coñecermos hoxe o intento dunha nova agresión no Concello de Malpica, debemos volver sobre o importante papel que poden xogar os medios de comunicación no combate contra a violencia machista, quer para crearen conciencia social e afondaren nas súas raíces, quer para reproduciren preconceptos e ofrecer explicacións individuais que xustifican as agresións e nos afastan do problema. 

 

O invento do café con leite morno ao fío de vellos preconceptos

Extracto  de monólogos  nunha  cafetaría  de  calquera  cidade  galega  (mesmo  tamén  de  diferentes vilas):

 -Un café con leite morno, por favor.
- Un café con leche que?
- Morno, un café con leite morno.
- Como?
- Nin quente nin frío, morno.
- Ah, inventades cada palabra! Nunca tal oín.

2014, un ano de reivindicación feminista

Comeza un novo ano e o debate sobre a reforma da lei do aborto será un dos temas centrais do debate social e político despois de o goberno...

A vontade de procura de estilo, alicerce dunha lingua normalizada

Estilística da lingua galega ofrece un abano moi amplo de lecturas. Entre todas elas, a de maior interese é a de apostar polo goce estético, pola procura da creatividade.  Velaquí un aspecto que lle falta a nosa lingua por explotar, aínda que hai algunha xente traballando nel, en clubs de lectura, en programas de dinamización, en obradoiros de escrita.... Gozar, procurar a túa maneira de expresarte, sentirte ben con ela, saber que é iso e desa maneira o que querías dicir e como, ter unha seguranza lingüística creadora.

Partillarmos os relatos para nos liberar

Para Tinucha, a miña madriña,  un ano despois Denunciamos estes días a hipocrisía de deputadas e deputados da dereita, por afirmaren demagoxicamente estar coas persoas afectadas polo engano das participacións preferentes e subordinadas mentres votan a favor da...

Non se fixo todo o que se tiña que facer

Se existir algo paralizante nas nosas vidas, é o catastrofismo que nos invade. Desta maneira, parece non como noutrora cando afirmabamos que viviamos no mellor dos mundos posíbeis, senón que estamos no único mundo posíbel, conde[email protected] a partillar un modelo pésimo nunha sociedade que non está en condicións de realizar cambios estruturais profundos.